[:gl]Novas[:es]Noticias[:en]News[:]

Os establecementos extrahoteleros creceron un 7,6% en número de viaxeiros, tres puntos máis que os hoteis

O mes de maio tamén arroxou datos positivos para o aloxamento extrahotelero en Galicia, especialmente para o turismo rural, que volveu marcar a maior subida en número de viaxeiros aloxados no quinto mes do ano cun crecemento do 11,6% de visitantes e un 8% máis de pasas a noite respecto ao mesmo mes do ano pasado.

En conxunto, os establecementos extrahoteleros tiveron no mes de maio unha alza do 7,6%, ao que tamén contribuíron os apartamentos turísticos, cun 5,5% máis de viaxeiros. Esta tendencia esténdese, así mesmo, aos hoteis, cun 4% máis de turistas e un 3% de noites.
O turismo nacional no quinto mes do ano representou o 65,7% da demanda, mentres que os estranxeiros supuxeron o 34,3%, por encima da marca do 33% contemplada na Estratexia do turismo de Galicia 2020, o documento consensuado hai máis dun ano pola Xunta e o sector privado e que define a Galicia como un destino tranquilo que busca diferenciarse a través da posta en valor dos seus recursos propios coa excelencia e a sustentabilidade como guías.
Con estes datos, difundidos  polo Instituto Nacional de Estatística (INE), Galicia supera no cinco primeiros meses do ano os 1,3 millóns de viaxeiros e os 2,5 millóns de pernoctaciones.
Tempada estival
Os datos de maio permiten realizar un balance positivo despois dunha primavera cun 80% máis de precipitacións que a converteu na máis chuviosa desde 1961. Galicia encara así a tempada estival co obxectivo de profundar os diferentes parámetros de calidade, diversificando ademais os fluxos e ampliando os beneficios da actividade turística a todo o territorio.

03 de Xullo de 2018

O turismo rural volve liderar o crecemento de viaxeiros en Galicia cun 11% máis de aloxados no mes de maio

Os establecementos extrahoteleros creceron un 7,6% en número de viaxeiros, tres puntos máis que os hoteis O mes de maio tamén arroxou datos positivos para o […]
28 de Xuño de 2018

A Xunta financiará un produto audiovisual para impulsar os valores dos camiños de Santiago

Convocarase un concurso de ideas para cinco proxectos, dos cales se seleccionará un A Xunta de Galicia subvencionará o desenvolvemento dun proxecto audiovisual en formato longametraxe […]
27 de Xuño de 2018

Os Destinos Turísticos Intelixentes, claves na construción dun turismo de futuro

Unha representación do sector turístico galego estivo presente no Congreso onde aproveitou para establecer contacto con outros clústeres turísticos A necesidade de utilizar a información para […]
26 de Xuño de 2018

O primeiro estudo do Observatorio Nacional do Turismo Emisor analiza os hábitos dos viaxeiros españois

O 94% ten xa decidido o destino da súa viaxe de verán e seis de cada dez pasarán uns días de vacacións moi similares aos de […]
Página anterior
123456789101112131415161718192021222324252627282930313233343536373839404142434445464748495051525354555657585960616263646566676869707172737475767778798081828384858687888990919293949596979899100101102103104105106107108109110111112113114115116117118119120121122123124125126127128129130131132133134135136137138139140141142143144145146147148149150151152153154155156157158159160161162163164165166167168169170171172173174175176177178179180181182183184185186187188189190191192193194195196197198199200201202203204205206207208209210211212213214215216217218219220221222223224225226227228229230231232233234235236237238239240241242243244245246247248249250251252253254255256257258259260261262263264265266267268269270271272273274275276277278279280281282283284285286287288289290291292293294295296297298299300301302303304305306307308309310311312313314315316317318319320321322323324325326327328329330331332333334335336337338339340341342343344345346347348349350351352353354355356357358359360361362363364365366367368369370371372373374375376377378379380381382383384385386387388389390391392393394395396397398399400401402403404405406407408409410411412413414415416417418419420421422423424425426427428429430431432433434435436437438439440441442443444445446447448449450451452453454455456457458459460461462463464465466467468469470471472473474475476477478479480481482483484485486487488489490491492493494495496497498499500501502503504505506507508509510511512513514515516517518519520521522523524525526527528529530531532533534535536537538539540541542543544545546547548549550551552553554555556557558559560561562563564565566567568569570571572573574575576577578579580581582583584585586
Página siguiente