[:gl]Novas[:es]Noticias[:en]News[:]

A institución, a Reserva da Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo e a Deputación da Coruña impulsan a súa posta en marcha, prevista para o 2023.

 

O turismo dos municipios da contorna da Coruña dispoñerá proximamente dunha nova ferramenta para examinar o seu funcionamento, detectar as súas debilidades e fortalezas e trazar plans e estratexias para aproveitar as súas oportunidades de desenvolvemento. Eses son algúns dos obxectivos da Cátedra de Turismo Sostible, que a Reserva da Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo, a Universidade da Coruña (UDC) e a Deputación provincial decidiron poñer en marcha.

 

O obxectivo das tres institucións é que esta nova Cátedra estea en funcionamento o próximo ano e que vaia incorporando outras entidades para contribuír así á súa función como “motor para a planificación e a atracción de novos investimentos no territorio”. Así o expresou o presidente da reserva da biosfera, José Santiso Miramontes, no acto celebrado en días pasados para dar a coñecer a iniciativa. Xunto a el estiveron o vicepresidente da Deputación da Coruña, Xosé Regueira; o secretario da UDC, Carlos Aymerich; a decana da Facultade de Turismo coruñesa, Rosa María Mariz, e o profesor dese centro, Carlos Rodríguez, entre outros.

 

A súa intención é que a Cátedra funcione como un “observatorio de turismo en tempo real” que permita impulsar “a idea turística da reserva en base a un traballo de investigación e de transferencia de coñecementos”.

 

A Reserva da Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo está integrada polos municipios de Abegondo, Aranga, Arteixo, Bergondo, Betanzos, Cambre, Carral, Coirós, Culleredo, Curtis, Irixoa, Miño, Oleiros, Oza-Cesuras, Paderne, Sada e Sobrado, o que supón algo máis do 14 % do territorio da provincia da Coruña.

13 de Xuño de 2022

O turismo sostible, eixo dunha nova cátedra da Universidade da Coruña

A institución, a Reserva da Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo e a Deputación da Coruña impulsan a súa posta en marcha, prevista para o […]
11 de Xuño de 2022

A Organización Mundial de Turismo constata o impulso que está a experimentar o sector

O sur de Europa lidera a recuperación do turismo internacional, aínda que a previsión dos expertos é que non se alcancen os niveis prepandemia ata o […]
09 de Xuño de 2022

O Clúster e Ageinco suman forzas para impulsar a innovación, a competitividade e a rendibilidade do sector turístico

As dúas entidades asinan un protocolo para fomentar a colaboración entre os sectores do turismo e da enxeñería, a consultoría e o desenvolvemento tecnolóxico.   A […]
07 de Xuño de 2022

Convocadas as axudas estatais de dixitalización de “última milla” para o sector turístico

O Ministerio de Turismo destina 20 millóns de euros a proxectos de desenvolvemento tecnolóxico que incorporen tecnoloxías emerxentes e outros 5 millóns para a implantación de […]
Página anterior
123456789101112131415161718192021222324252627282930313233343536373839404142434445464748495051525354555657585960616263646566676869707172737475767778798081828384858687888990919293949596979899100101102103104105106107108109110111112113114115116117118119120121122123124125126127128129130131132133134135136137138139140141142143144145146147148149150151152153154155156157158159160161162163164165166167168169170171172173174175176177178179180181182183184185186187188189190191192193194195196197198199200201202203204205206207208209210211212213214215216217218219220221222223224225226227228229230231232233234235236237238239240241242243244245246247248249250251252253254255256257258259260261262263264265266267268269270271272273274275276277278279280281282283284285286287288289290291292293294295296297298299300301302303304305306307308309310311312313314315316317318319320321322323324325326327328329330331332333334335336337338339340341342343344345346347348349350351352353354355356357358359360361362363364365366367368369370371372373374375376377378379380381382383384385386387388389390391392393394395396397398399400401402403404405406407408409410411412413414415416417418419420421422423424425426427428429430431432433434435436437438439440441442443444445446447448449450451452453454455456457458459460461462463464465466467468469470471472473474475476477478479480481482483484485486487488489490491492493494495496497498499500501502503504505506507508509510511512513514515516517518519520521522523524525526527528529530531532533534535536537538539540541542543544545546547548549550551552553554555556557558559560561562563564565566567568569570571572573574575576577578579580581582583584585586587588589590591592593594595596597598599600601602603604605606607608609610611612613614615616617618619620621622623
Página siguiente