[:gl]Novas[:es]Noticias[:en]News[:]

O 4 % do orzamento de produción de cada longametraxe en España está destinado a viaxes e aloxamento.

 

Galicia é un lugar de película. Non só figuradamente, senón tamén na práctica. O sector audiovisual está en auxe e esta terra non quere permanecer á marxe dunha dinámica que ademais de xerar unha importante actividade económica no propio sector, pode repercutir no ámbito do turismo tanto de forma inmediata e directa como indirecta e a medio prazo. Así ocorre coas necesidades de desprazamento, aloxamento e restauración que requiren os amplos elencos técnicos e artísticos dos equipos de rodaxe dunha serie ou dunha película, pero tamén co impacto promocional que eses traballos audiovisuais supoñen para os recursos e atractivos dun territorio (patrimoniais, paisaxísticos, gastronómicos, etcétera) repercutindo así nun aumento do número de visitantes.

 

As catro primeiras rodaxes impulsadas pola Xunta a través do seu Hub Audiovisual da Industria Culturalxeraron un impacto total na economía galega de forma directa e indirecta de 15 millóns de euros, segundo os cálculos da Administración autonómica. E, aínda que resulta difícil cuantificala con precisión, é indubidable que unha parte desa cantidade acabou no sector do aloxamento e a restauración.

 

Segundo o Informe sobre as Oportunidades dos Contidos Audiovisuais en España elaborado pola consultora PwC e a asociación de produtores PATE, o gasto medio en viaxes e hoteis da rodaxe dunha longametraxe supón un 4 % do total do investimento, o que segundo os datos do 2019, representa por cada película 136.400 euros sobre o custo total medio de 3,41 millóns de euros. Tendo en conta que durante ese ano o número total de producións, rodaxes e estreas de longametraxes en España ascendeu a 265, o impacto sobre o sector das viaxes e o aloxamento podería roldar os 36 millóns de euros. E a esa cifra habería que sumarlle a xerada por outros produtos audiovisuais como series, curtametraxes e, mesmo, contidos como programas de entretemento ou transmisión de eventos deportivos ou musicais.

 

Para tratar de aumentar a porcentaxe deses investimentos que chega a Galicia puxéronse en marcha a nivel local e provincial entidades dirixidas a facilitar o desenvolvemento destes proxectos. É o caso das oficinas específicas creadas polos concellos de Santiago de Compostela, Vigo, e Pontevedra, pola Deputación de Lugo, ou a recentemente anunciada pola Deputación de Ourense. Ademais, a Xunta traballa tamén na posta en marcha dunha entidade similar de ámbito autonómico, proxecto que está tamén na axenda de traballo do Clúster Audiovisual Galego, e o concello da Coruña e a Academia  Galega do Audiovisual impulsaron unha Oficina de Cooperación Audiovisual (ACO).

21 de Xullo de 2022

Galicia pon baixo os focos ao audiovisual como motor económico e impulso para o sector turístico

O 4 % do orzamento de produción de cada longametraxe en España está destinado a viaxes e aloxamento.   Galicia é un lugar de película. Non […]
20 de Xullo de 2022

O Clúster Turismo de Galicia traslada o seu apoio e  solidariedade a todos os afectados pola vaga de incendios que está a sufrir a comunidade

A entidade amosa o seu recoñecemento apio a todos os profesionais que loitan contra o lume      O Clúster Turismo de Galicia amosa a súa […]
18 de Xullo de 2022

O Clúster de Turismo de Galicia destaca a aposta pola internacionalización, a creación de novos produtos sostibles e a calidade para impulsar a recuperación do fluxo turístico

A Cidade da Cultura, en Santiago de Compostela, acolleu esta mañá a Asemblea anual do Clúster   As actividades de internacionalización do destino Galicia, os workshops […]
17 de Xullo de 2022

O turista galego decántase polas axencias de viaxes presenciais para contratar os seus paquetes turísticos

As canles tradicionais seguen sendo as máis demandadas entre a poboación maior de 45 anos e en xeral á hora de planificar as viaxes ao estranxeiro. […]
Página anterior
123456789101112131415161718192021222324252627282930313233343536373839404142434445464748495051525354555657585960616263646566676869707172737475767778798081828384858687888990919293949596979899100101102103104105106107108109110111112113114115116117118119120121122123124125126127128129130131132133134135136137138139140141142143144145146147148149150151152153154155156157158159160161162163164165166167168169170171172173174175176177178179180181182183184185186187188189190191192193194195196197198199200201202203204205206207208209210211212213214215216217218219220221222223224225226227228229230231232233234235236237238239240241242243244245246247248249250251252253254255256257258259260261262263264265266267268269270271272273274275276277278279280281282283284285286287288289290291292293294295296297298299300301302303304305306307308309310311312313314315316317318319320321322323324325326327328329330331332333334335336337338339340341342343344345346347348349350351352353354355356357358359360361362363364365366367368369370371372373374375376377378379380381382383384385386387388389390391392393394395396397398399400401402403404405406407408409410411412413414415416417418419420421422423424425426427428429430431432433434435436437438439440441442443444445446447448449450451452453454455456457458459460461462463464465466467468469470471472473474475476477478479480481482483484485486487488489490491492493494495496497498499500501502503504505506507508509510511512513514515516517518519520521522523524525526527528529530531532533534535536537538539540541542543544545546547548549550551552553554555556557558559560561562563564565566567568569570571572573574575576577578579580581582583584585586587588589590591592593594595596597598599600601602603604605606607608609610611612613614615616617618619
Página siguiente