[:gl]Novas[:es]Noticias[:en]News[:]

A entidade presidida por Cesáreo Pardal aposta pola sustentabilidade para atraer a un turismo de alto valor engadido.

 

Unha edición máis, o Clúster xestiona un espazo de traballo para profesionais no marco de FITUR, que contou este ano coa visita de Reyes Maroto, ministra de Industria, Comercio e Turismo.

 

“Galicia, camiño da sustentabilidade”. Baixo este título, o presidente do Cluster Turismo de Galicia, Cesáreo Pardal, fixo balance en FITUR do último curso turístico e analizou os principais retos aos que se enfronta o sector nos próximos anos. No regreso da prestixiosa feira internacional ao seu lugar habitual no calendario, o Clúster protagonizou unha das presentacións que se desenvolveron no espazo de Galicia ao longo da xornada inaugural.

 

Pardal felicitou a todo o ecosistema turístico galego polos 3,5 millóns de turistas e 8 millóns de noites pasadas rexistrados ao longo de 2021 nos aloxamentos galegos, cifras que “superaron con fartura as mellores previsións que manexabamos no sector”. Así mesmo, destacou o compromiso das empresas coas medidas sanitarias e coas diferentes restricións que foi preciso aplicar, “priorizando sempre a saúde das persoas”.

 

Durante a súa intervención, na cal o presidente pasou revista aos principais fitos afrontados en 2021, lembrou que a insistencia na colaboración público–privada segue sendo unha dos sinais de identidade do Clúster e destacou ter traballado “de xeito conxunto coa Administración para articular mecanismos de apoio ao sector, non só para manter o tecido empresarial e o emprego nos peores momentos, senón tamén para competir con garantías chegada a tan ansiada reactivación”. Neste sentido, valorou moi positivamente o esforzo realizado pola Administración á hora de mobilizar fondos que garantisen a supervivencia das pemes e autónomos que viven do turismo.

 

En clave futura, Pardal puxo o foco na posta en marcha do club de produto sostible que está a desenvolver o Clúster, xa que o “destino debe ser coherente coa demanda social dun turismo sostible, que compaxine a creación de valor e o desenvolvemento económico do sector cun uso responsable dos recursos que permita preservar o medio ambiente e a calidade de vida das persoas que viven en Galicia”. Esta iniciativa busca xerar un turismo de alto valor engadido baseado na innovación, a calidade e a sustentabilidade, “o que permitirá atraer a Galicia a persoas cun maior poder adquisitivo, con capacidade de desestacionalización e con predisposición a estancias máis longas no noso territorio”.

 

Alberto Núñez Feijóo destacou a calidade “inigualable” de Galicia

 

O presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, liderou na xornada inaugural a expedición galega en FITUR, onde afirmou que Galicia está enfocada neste 2022 a ser un destino internacional de referencia. Feijóo destacou que “camiñar a Galicia é facelo cara a un destino de calidade inigualable, marcado por escenarios excepcionais, pola cultura, a gastronomía e a hospitalidade”. Pola súa banda, o vicepresidente primeiro e conselleiro de Presidencia, Xustiza e Turismo, Alfonso Rueda, agradeceu o esforzo realizado polo sector en momentos tan difíciles e vaticinou un 2022 “excepcional, se a pandemia o permite”.

 

Espazo de reunións

 

Unha edición máis, o Clúster Turismo de Galicia mantén unha presenza moi activa en FITUR a través da xestión do espazo de traballo co que conta o sector galego para manter os seus encontros profesionais dentro do stand de Galicia. No devandito espazo, que contou este ano coa visita da ministra de Industria, Comercio e Turismo, Reyes Maroto, os profesionais do sector contan cunha área xestionada polo Clúster na que poden establecer contactos comerciais entre o mércores e o venres.

20 de Xaneiro de 2022

O Clúster de Turismo fai un balance positivo do 2021 e agradece o esforzo das administracións na mobilización de axudas

A entidade presidida por Cesáreo Pardal aposta pola sustentabilidade para atraer a un turismo de alto valor engadido.   Unha edición máis, o Clúster xestiona un […]
17 de Xaneiro de 2022

O Clúster Turismo de Galicia abrirá as presentacións no espazo de Galicia en Fitur

A posta de longo da campaña “Galicia, camiño da sustentabilidade” é a primeira actividade prevista no stand da Xunta tras o acto inaugural “Xacobeo 21-22. Camiña […]
16 de Xaneiro de 2022

Galicia liderará este ano a recuperación da facturación do sector turístico nacional

A enquisa de perspectivas turísticas de Exceltur prevé que o turismo galego volva durante o 2022 ás cifras de negocio previas á pandemia.   A boa […]
15 de Xaneiro de 2022

Novas axudas por importe de 60 millóns de euros para a dixitalización de destinos e empresas turísticas e para a promoción internacional

Os fondos Next Generation financiarán as catro liñas de subvencións que acaba de lanzar o Ministerio de Turismo e que inclúen partidas específicas para os municipios […]
Página anterior
123456789101112131415161718192021222324252627282930313233343536373839404142434445464748495051525354555657585960616263646566676869707172737475767778798081828384858687888990919293949596979899100101102103104105106107108109110111112113114115116117118119120121122123124125126127128129130131132133134135136137138139140141142143144145146147148149150151152153154155156157158159160161162163164165166167168169170171172173174175176177178179180181182183184185186187188189190191192193194195196197198199200201202203204205206207208209210211212213214215216217218219220221222223224225226227228229230231232233234235236237238239240241242243244245246247248249250251252253254255256257258259260261262263264265266267268269270271272273274275276277278279280281282283284285286287288289290291292293294295296297298299300301302303304305306307308309310311312313314315316317318319320321322323324325326327328329330331332333334335336337338339340341342343344345346347348349350351352353354355356357358359360361362363364365366367368369370371372373374375376377378379380381382383384385386387388389390391392393394395396397398399400401402403404405406407408409410411412413414415416417418419420421422423424425426427428429430431432433434435436437438439440441442443444445446447448449450451452453454455456457458459460461462463464465466467468469470471472473474475476477478479480481482483484485486487488489490491492493494495496497498499500501502503504505506507508509510511512513514515516517518519520521522523524525526527528529530531532533534535536537538539540541542543544545546547548549550551552553554555556557558559560561562563564565566567568569570571572573574575576577578579580581582583584585586
Página siguiente