[:gl]Novas[:es]Noticias[:en]News[:]

O municipio de Sober acolleu a firma do protocolo de creación da Rede de Cruceiros Costeiros e Fluviais dos Destinos Náuticos Sostibles de España.

 

A Asociación Galega de Actividades Náuticas lidera este proxecto no que participan nove comunidades autónomas e Ceuta.

 

A sustentabilidade embárcase para navegar polos ríos e o litoral grazas a unha nova iniciativa de ámbito estatal que acaba de comezar a súa singradura en Galicia. O municipio lucense de Sober, situado no corazón da Ribeira Sacra, foi o escenario no que se desenvolveu o pasado venres a firma do protocolo de creación da Rede de Cruceiros Costeiros e Fluviais dos Destinos Náuticos Sostibles de España, un proxecto financiado con 2 millóns de euros polo Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia.

 

O proxecto, o cuarto mellor valorado dos 237 aspirantes aos fondos europeos Next Generation, está liderado pola Asociación Galega de Actividades Náuticas (AGAN+) e nace coa intención de desenvolver cruceiros fluviais e costeiros que se complementen con ofertas de actividades terrestres para ofrecer ao público unha panorámica máis completa e sostible do territorio e que combine o desfrute e a natureza con outros aspectos como o patrimonio, a cultura ou a etnografía. Galicia e outras oito comunidades autónomas (Estremadura, Castela e León, Aragón, País Vasco, Cataluña, Andalucía, Canarias e Baleares), ademais da cidade autónoma de Ceuta, son os dez territorios que participan nesta nova rede.

 

A firma do protocolo de creación reuniu en Sober a representantes da Administración do Estado e da Xunta, como o delegado do Goberno en Galicia, José Miñones, e a directora da Axencia Turismo de Galicia, Nava Castro. Tamén interviñeron no acto o alcalde de Bóveda e presidente do Grupo de Desenvolvemento Local Ribeira Sacra-Courel, José Manuel Arias, e o alcalde de Sober e presidente do Consorcio de Turismo da Ribeira Sacra, Luis Fernández Guitián, ademais de representantes do resto dos socios do proxecto procedentes doutras comunidades.

19 de Novembro de 2022

Navegación e sustentabilidade danse a man nunha nova iniciativa que comezou a súa singradura en Galicia

O municipio de Sober acolleu a firma do protocolo de creación da Rede de Cruceiros Costeiros e Fluviais dos Destinos Náuticos Sostibles de España.   A […]
18 de Novembro de 2022

O Bono Turístico #QuedamosenGalicia supuxo xa un gasto no sector de 1,1 millóns de euros

Máis da metade dos beneficiarios das case 7.000 tarxetas empregaron parte do importe e unha cuarta parte deles xa o consumiron na súa totalidade.   O […]
16 de Novembro de 2022

Cesáreo Pardal pon en valor a calidade e a sustentabilidade do turismo rural galego

O presidente do Clúster participou nun foro sobre o sector celebrado na Facultade de Ciencias Empresarias e Turismo de Ourense.   A directora de Turismo de […]
14 de Novembro de 2022

A segunda edición de Turislab prepara a súa recta final

As startups finalistas da Aceleradora de Proxectos Turísticos da Xunta ensaiaron nas instalacións de Galicia Turistic a posta de longo dos seus proxectos.   Empresas como […]
Página anterior
123456789101112131415161718192021222324252627282930313233343536373839404142434445464748495051525354555657585960616263646566676869707172737475767778798081828384858687888990919293949596979899100101102103104105106107108109110111112113114115116117118119120121122123124125126127128129130131132133134135136137138139140141142143144145146147148149150151152153154155156157158159160161162163164165166167168169170171172173174175176177178179180181182183184185186187188189190191192193194195196197198199200201202203204205206207208209210211212213214215216217218219220221222223224225226227228229230231232233234235236237238239240241242243244245246247248249250251252253254255256257258259260261262263264265266267268269270271272273274275276277278279280281282283284285286287288289290291292293294295296297298299300301302303304305306307308309310311312313314315316317318319320321322323324325326327328329330331332333334335336337338339340341342343344345346347348349350351352353354355356357358359360361362363364365366367368369370371372373374375376377378379380381382383384385386387388389390391392393394395396397398399400401402403404405406407408409410411412413414415416417418419420421422423424425426427428429430431432433434435436437438439440441442443444445446447448449450451452453454455456457458459460461462463464465466467468469470471472473474475476477478479480481482483484485486487488489490491492493494495496497498499500501502503504505506507508509510511512513514515516517518519520521522523524525526527528529530531532533534535536537538539540541542543544545546547548549550551552553554555556557558559560561562563564565566567568569570571572573574575576577578579580581582583584585586
Página siguiente