[:gl]Novas[:es]Noticias[:en]News[:]

A Asemblea Xeral votou hoxe a única lista presentada ás eleccións, que renova catro dos doce vogais que integran o Consello Executivo.

 

Vilagarcía de Arousa, 20 de decembro de 2022.- A Asemblea Xeral do Clúster de Turismo de Galicia deu hoxe continuidade o actual equipo directivo tras votar á única lista presentada ás eleccións que a entidade celebra cada catro anos. A Asemblea Xeral votou a única lista presentada ás eleccións, que renova a catro dos doce vogais que integran o máximo órgano directivo. O Auditorio Municipal de Vilagarcía  acolleu hoxe a Asemblea Xeral Extraordinaria do Clúster Turismo de Galicia cun único punto na orde do día,  a elección dos integrantes  do seu órgano de dirección, o Consello Executivo.

 

Tras a votación dos asociados e aprobación da única lista presentada, o novo Consello Executivo quedou composto por Cesáreo Pardal, que continúa como como presidente da entidade; Jesús Picallo, que permanece como vicepresidente ao igual que César Sánchez-Ballesteros, como secretario, e Alfonso Martínez, como tesoureiro.

 

Na votación os asociados elixiron, tamén, aos doce vogais do Consello Executivo, catro deles novas incorporacións como é o caso de Sara M. Santos Ferreiro (Asociación de Empresarios de Hostalería de Santiago); Luisa Lorenzo da Unión Hotelera de Compostela; Agustín Collazos Martín, da Asociación Empresarial de Hospedaxe de A Coruña (HOSPECO); e Juan Manuel Casares, da Ruta do Viño Ribeiro. Todos os vogais son representantes dalgunha entidade adherida ao CTG e tras a votación deste ano increméntase a presenza feminina que pasa de catro a cinco vogais dos 12 que integran o equipo directivo.

 

Integrantes do Consello Executivo

Así, a composición do Consello Executivo queda da seguinte forma (entre paréntese as entidades ás que representan):

 

  • Presidente: Cesáreo González Pardal (Federación Galega de Turismo Rural, FEGATUR, e Asociación Profesional de Turismo Rural Campoemar )
  • Vicepresidente: Jesús Ángel Picallo Santos (Asociación Profesional de Empresarios do Camiño de Santiago a Fisterra e Muxía, SOLPOR)
  • Secretario: César Sánchez-Ballesteros Fernández (Federación de Hostelaría de Pontevedra FEPROHOS)
  • Tesoureiro: Alfonso Martínez Cacheda (Consorcio Turístico de Empresarios de Sanxenxo, CETS)

 

Vogais:

 

 

Retos do sector

O equipo directivo trasladou o seu agradecemento aos asociados por depositar de novo a súa confianza nos actuais integrantes para abordar os retos do sector, tras a crise sanitaria e actual situación económica derivada da inflación, o aumento dos prezos da electricidade e os carburantes e a situación xeopolítica.

 

Neste sentido recoñeceron a resiliencia das empresas do sector, especialmente afectadas pola crise sanitaria, e amosaron o seu compromiso por seguir traballando por un sector máis competitivo, buscando a colaboración público-privada para impulsar a dixitalización, a sostibilidade e a internacionalización, consolidando a Galicia como un destino de referencia a nivel nacional e internacional.

 

O Clúster Turismo de Galicia, a piques de cumprir o seu décimo aniversario, integra 72 entidades que se distribúen polo catro provincias galegas. Estas entidades, entre federacións, consorcios e asociacións provinciais e galegas representan o 95% do sector turístico de Galicia, agrupando a máis de 7.000 empresas.

20 de Decembro de 2022

O Clúster Turismo de Galicia dá continuidade á directiva actual baixo a presidencia de Cesáreo Pardal

A Asemblea Xeral votou hoxe a única lista presentada ás eleccións, que renova catro dos doce vogais que integran o Consello Executivo.   Vilagarcía de Arousa, […]
19 de Decembro de 2022

O Clúster convida o sector a debater este martes en Vilagarcía sobre as boas prácticas na xestión turística

A xornada, na que participarán destacados expertos, foi organizada coa colaboración da Deputación de Pontevedra e a Axencia Turismo de Galicia.   O prazo para anotarse […]
17 de Decembro de 2022

A segunda edición de Turislab xa ten gañadores

O vicepresidente do Clúster, Jesús Picallo, participou na entrega de premios da Aceleradora Galega de Proxectos Turísticos da Xunta.   A segunda edición da Turislab, a […]
16 de Decembro de 2022

A Mesa do Turismo de España solicita un PERTE para o sector

Así o reivindicou o seu presidente, Juan Molas, en presenza da ministra de Turismo, durante a pasada asemblea xeral da asociación.   A Asemblea Xeral da […]
Página anterior
123456789101112131415161718192021222324252627282930313233343536373839404142434445464748495051525354555657585960616263646566676869707172737475767778798081828384858687888990919293949596979899100101102103104105106107108109110111112113114115116117118119120121122123124125126127128129130131132133134135136137138139140141142143144145146147148149150151152153154155156157158159160161162163164165166167168169170171172173174175176177178179180181182183184185186187188189190191192193194195196197198199200201202203204205206207208209210211212213214215216217218219220221222223224225226227228229230231232233234235236237238239240241242243244245246247248249250251252253254255256257258259260261262263264265266267268269270271272273274275276277278279280281282283284285286287288289290291292293294295296297298299300301302303304305306307308309310311312313314315316317318319320321322323324325326327328329330331332333334335336337338339340341342343344345346347348349350351352353354355356357358359360361362363364365366367368369370371372373374375376377378379380381382383384385386387388389390391392393394395396397398399400401402403404405406407408409410411412413414415416417418419420421422423424425426427428429430431432433434435436437438439440441442443444445446447448449450451452453454455456457458459460461462463464465466467468469470471472473474475476477478479480481482483484485486487488489490491492493494495496497498499500501502503504505506507508509510511512513514515516517518519520521522523524525526527528529530531532533534535536537538539540541542543544545546547548549550551552553554555556557558559560561562563564565566567568569570571572573574575576577578579580581582583584585586
Página siguiente