[:gl]Novas[:es]Noticias[:en]News[:]

  • A III Convención Turespaña integrará relatorios, mesas redondas, presentacións de mercado e encontros entre actores públicos e privados.

 

A convención Turespaña é un espazo de encontro, colaboración e planificación entre Turespaña e a súa rede de consellerías de turismo no exterior, destinos e empresas turísticas españolas. Trátase dun evento que busca favorecer o intercambio de información e a reflexión conxunta en torno aos retos e estratexias máis relevantes da principal industria da economía española.

 

Este 2023 a III edición desenvolverase no Centro Kursaal de San Sebastián, do 23 ao 25 de outubro. Estará dedicada á transformación sostible do turismo, abríndose ao sector privado co obxectivo de reforzar mecanismos de colaboración, cooperación, coordinación público-privada e favorecer estratexias e tomas de decisións conxuntas.

 

A temática centrarase na sustentabilidade turística na tripla dimensión: medioambiental, económica e social. A cita integrará relatorios, mesas redondas, presentacións de mercado e encontros bilaterais entre os distintos actores públicos e privados, e os conselleiros de Turismo de España no Exterior.

 

A derradeira edición levouse a cabo no CCIB de Barcelona, nun evento ao que asistiron máis de 500 representantes de Comunidades Autónomas, Entidades Locais, Deputacións provinciais, clubs de produto e, por primeira vez, entidades privadas.

 

As inscricións para acudir ao evento xa están pechadas, pero poderás seguir o evento en liña rexistrándote na páxina oficial da convención.

16 de Outubro de 2023

San Sebastián acollerá a III Convención Turespaña do 23 ao 25 de outubro nunha edición dedicada á transformación sostible do turismo

A III Convención Turespaña integrará relatorios, mesas redondas, presentacións de mercado e encontros entre actores públicos e privados.   A convención Turespaña é un espazo de […]
11 de Outubro de 2023

O sector turístico representará o 12,6% do PIB español, segundo Exceltur

O turismo supoñerá case o 22% do crecemento da economía nacional.   O turismo volverá a marcar a diferencia un ano máis. Segundo un novo informe […]
09 de Outubro de 2023

Galicia rexistra este verán as cifras de demanda turística máis altas da historia

Os datos do INE cifran en preto de 5 millóns as noites inscritas nos establecementos entre xullo e agosto, un incremento do 1,5%.   Os datos […]
09 de Outubro de 2023

O integrante da directiva do Clúster Turismo de Galicia, Juan A. Rivadulla, vén de ser nomeado novo secretario xeral da Confederación Española de Axencias de Viaxe

Rivadulla é presidente da Asociación Galega de Axencias de Viaxes (AGAVI) desde 2016.   O Consello Directivo da Confederación Española de Axencias de Viaxes (CEAV) nomeou […]
Página anterior
123456789101112131415161718192021222324252627282930313233343536373839404142434445464748495051525354555657585960616263646566676869707172737475767778798081828384858687888990919293949596979899100101102103104105106107108109110111112113114115116117118119120121122123124125126127128129130131132133134135136137138139140141142143144145146147148149150151152153154155156157158159160161162163164165166167168169170171172173174175176177178179180181182183184185186187188189190191192193194195196197198199200201202203204205206207208209210211212213214215216217218219220221222223224225226227228229230231232233234235236237238239240241242243244245246247248249250251252253254255256257258259260261262263264265266267268269270271272273274275276277278279280281282283284285286287288289290291292293294295296297298299300301302303304305306307308309310311312313314315316317318319320321322323324325326327328329330331332333334335336337338339340341342343344345346347348349350351352353354355356357358359360361362363364365366367368369370371372373374375376377378379380381382383384385386387388389390391392393394395396397398399400401402403404405406407408409410411412413414415416417418419420421422423424425426427428429430431432433434435436437438439440441442443444445446447448449450451452453454455456457458459460461462463464465466467468469470471472473474475476477478479480481482483484485486487488489490491492493494495496497498499500501502503504505506507508509510511512513514515516517518519520521522523524525526527528529530531532533534535536537538539540541542543544545546547548549550551552553554555556557558559560561562563564565566567568569570571572573574575576577578579580581582583584585586587588589590591592593594595596597598599600601602603604605606607608609610611612613614615616617618619
Página siguiente