• A convocatoria continúa aberta ata o 14 de novembro de 2024.
  • Trátase dunha axuda dirixida a establecementos de aloxamento e restauración.

 

As empresas do sector turístico en Galicia poden solicitar as axudas de eficiencia enerxética que puxo en marcha Turismo de Galicia ata o 14 de novembro de 2024 ás 23:59 horas. Esta convocatoria, financiada con 10 millóns de euros provenientes de fondos europeos, está dirixida tanto a aloxamentos como a establecementos de restauración.

 

As subvencións cubren ata o 70% do custo dos proxectos de mellora, podendo alcanzar o 80% ou mesmo o 90% se se demostra un aforro significativo de enerxía primaria non renovable. As actuacións subvencionables inclúen a mellora da envolvente térmica, a instalación de sistemas fotovoltaicos e a renovación de electrodomésticos, entre outras iniciativas.

 

Unha das principais novidades desta edición é que xa non se require unha antigüidade mínima dos edificios, permitindo ademais a rehabilitación parcial dos mesmos, en lugar de requirir a renovación completa.

 

Os traballos financiados deberán finalizar antes de abril de 2025, brindando unha oportunidade chave para que os negocios turísticos galegos actualicen as súas infraestruturas cun enfoque máis sostible. As solicitudes poden tramitarse a través da sede electrónica da Xunta de Galicia utilizando o código de procedemento TU986B.

 

Xornada informativa

 

Turismo de Galicia organiza unha xornada informativa co obxectivo de resolver as dúbidas que poidan xurdir na solicitude desta convocatoria. Terá lugar o luns, 21 de outubro, de 10 a 12 horas, en Santiago de Compostela no Auditorio 2, edificio Cinc, da Cidade da Cultura.

 

Para asistir hai que enviar a inscrición ao correo electrónico turismo@xunta.gal antes do 18 de outubro, proporcionando nome e apelidos, correo electrónico, teléfono de contacto e nome do establecemento, se procede.

 

A xornada tamén será retransmitida vía streaming a través da seguinte ligazón (dispoñible o propio día da xornada).

15 de Outubro de 2024

Permanece aberto o prazo para solicitar as axudas de eficiencia enerxética da Xunta de Galicia

A convocatoria continúa aberta ata o 14 de novembro de 2024. Trátase dunha axuda dirixida a establecementos de aloxamento e restauración.   As empresas do sector […]
15 de Outubro de 2024

Os establecementos de aloxamento e axencias de viaxe aínda poden adherirse ao bono turístico da Xunta ata o 2 de decembro de 2024

Polo momento xa hai ata máis de 450 establecementos adheridos. Os usuarios beneficiarios poderán empregar o seu bono ata o 25 de decembro de 2024. Con […]
15 de Outubro de 2024

O Clúster de Turismo e ‘Galicia Destino Sostible’ participan nas Xornadas Directas en Benelux, organizadas por Turespaña

As xornadas celebráronse o 8 e 9 de outubro en Países Baixos, e o 10 de outubro en Bélxica. O Clúster participou con “Galicia Travel Axencies”, […]
08 de Outubro de 2024

Costa da Morte impulsa o astroturismo como actividade sostible e transformadora

O VII Encontro Starlight reuniu a máis de cen expertos para debater sobre o astroturismo, o seu impacto no desenvolvemento rural e a preservación do ceo […]
Página anterior
123456789101112131415161718192021222324252627282930313233343536373839404142434445464748495051525354555657585960616263646566676869707172737475767778798081828384858687888990919293949596979899100101102103104105106107108109110111112113114115116117118119120121122123124125126127128129130131132133134135136137138139140141142143144145146147148149150151152153154155156157158159160161162163164165166167168169170171172173174175176177178179180181182183184185186187188189190191192193194195196197198199200201202203204205206207208209210211212213214215216217218219220221222223224225226227228229230231232233234235236237238239240241242243244245246247248249250251252253254255256257258259260261262263264265266267268269270271272273274275276277278279280281282283284285286287288289290291292293294295296297298299300301302303304305306307308309310311312313314315316317318319320321322323324325326327328329330331332333334335336337338339340341342343344345346347348349350351352353354355356357358359360361362363364365366367368369370371372373374375376377378379380381382383384385386387388389390391392393394395396397398399400401402403404405406407408409410411412413414415416417418419420421422423424425426427428429430431432433434435436437438439440441442443444445446447448449450451452453454455456457458459460461462463464465466467468469470471472473474475476477478479480481482483484485486487488489490491492493494495496497498499500501502503504505506507508509510511512513514515516517518519520521522523524525526527528529530531532533534535536537538539540541542543544545546547548549550551552553554555556557558559560561562563564565566567568569570571572573574575576577578579580581582583584585586587588589590591592593594595596597598599600601602603604605606607608609610611612613614615
Página siguiente