• Galicia creceu por enriba da media, rexistrando un aumento do 4% nas pernoitas.

O turismo en Galicia pechou un mes de setembro de éxitos, cun incremento do 5,9% no número de viaxeiros e do 4,2% en pernoitas en comparación con 2023. Este crecemento sitúa a Galicia en niveis históricos, acadando un máximo na serie histórica de pernoitas, segundo os datos publicados polo Instituto Nacional de Estatística (INE).

 

O bo desempeño dos hoteis galegos non só se limitou á ocupación, reflectiuse nunha notable subida da rendibilidade, que rexistrou unha alza do 8,6%. Os ingresos no sector alcanzaron os 51,6 millóns de euros, o que supón un aumento do 7,8% respecto ao ano pasado.

 

No contexto nacional, Galicia destaca ao superar a media de crecemento estatal en ocupación e noites de hotel, situándose como a segunda comunidade con maior taxa de aumento de turistas en setembro. Este impulso responde, en gran medida, ao crecente interese internacional, que acumula catro anos consecutivos de crecemento en setembro.

 

No que vai de ano, de xaneiro a setembro, estímase que o sector hostaleiro obtivo uns ingresos totais próximos aos 350M€, superando os rexistros de 2023 nun 7,2%, e os previos á pandemia.

28 de Outubro de 2024

O sector turístico galego aumentou a súa rendibilidade nun 8,6% durante o mes de setembro

Galicia creceu por enriba da media, rexistrando un aumento do 4% nas pernoitas. O turismo en Galicia pechou un mes de setembro de éxitos, cun incremento […]
28 de Outubro de 2024

O novo microsite de Turespaña enxalza o Camiño de Santiago como exemplo de viaxe eco-friendly

A ruta de peregrinación máis antiga de Europa é unha das alternativas que o portal web destaca co obxectivo de posicionar a España como destino turístico […]
28 de Outubro de 2024

‘Galicia Destino Sostible’ suma oito novas empresas

Espazo Nature, Finca O Bizarro, Cabanas da Barcela, Hotel Casa Franco, Hotel Herbeira, Os tres Teixos, Finca Galea e Casal de Pelaio son as novas empresas […]
22 de Outubro de 2024

O Clúster incentiva a participación das empresas galegas na Feira Internacional do Turismo de Interior (INTUR)

O Clúster cubrirá os gastos de 10 inscricións para que as empresas galegas participen no workshop como vendedor. Valladolid acollerá do 14 ao 17 de novembro […]
Página anterior
123456789101112131415161718192021222324252627282930313233343536373839404142434445464748495051525354555657585960616263646566676869707172737475767778798081828384858687888990919293949596979899100101102103104105106107108109110111112113114115116117118119120121122123124125126127128129130131132133134135136137138139140141142143144145146147148149150151152153154155156157158159160161162163164165166167168169170171172173174175176177178179180181182183184185186187188189190191192193194195196197198199200201202203204205206207208209210211212213214215216217218219220221222223224225226227228229230231232233234235236237238239240241242243244245246247248249250251252253254255256257258259260261262263264265266267268269270271272273274275276277278279280281282283284285286287288289290291292293294295296297298299300301302303304305306307308309310311312313314315316317318319320321322323324325326327328329330331332333334335336337338339340341342343344345346347348349350351352353354355356357358359360361362363364365366367368369370371372373374375376377378379380381382383384385386387388389390391392393394395396397398399400401402403404405406407408409410411412413414415416417418419420421422423424425426427428429430431432433434435436437438439440441442443444445446447448449450451452453454455456457458459460461462463464465466467468469470471472473474475476477478479480481482483484485486487488489490491492493494495496497498499500501502503504505506507508509510511512513514515516517518519520521522523524525526527528529530531532533534535536537538539540541542543544545546547548549550551552553554555556557558559560561562563564565566567568569570571572573574575576577578579580581582583584585586587588589590591592593594595596597598599600601602603604605606607608609610611612613614615
Página siguiente