O 2023 é un ano positivo para as axencias de viaxe. Segundo o balance anual presentado pola Confederación Española de Axencias de Viaxe (CEAV), o 60% das axencias de viaxe espera mellorar a súa facturación con respecto a 2019, un ano récord para o sector. Esta porcentaxe destaca sobre o rexistrado en 2023 sobre a mesma pregunta, onde tan só o 37,3% das axencias afirmaban mellorar as súas vendas en comparación a antes da pandemia.
Entre as axencias cuxa facturación mellorou, o 52,8% afirma que esta mellora foi menor a un 25%; mentres que o 34,8% considera que a subida se situou entre o 25 e o 50%; e tan só o 12,4% declara mellorar a súa facturación máis do 50%. Ademais, de cara a 2024, as axencias teñen previsións moderadamente optimistas. O 30,5% cree que mellorarán en facturación, e o 51,4% cree que permanecerá estable.
Con respecto á facturación obtida este ano fronte ao 2022, 75,7% das axencias de viaxes mellorou, e un 17,5% mantívose estable. Entre as entidades cuxa facturación mellorou, o 51,7% afirma que esta mellora foi menor a un 25%; mentres que o 37,8% considera que a subida se situou entre o 25 e o 50%; e o 10,5% declara mellorar a súa facturación máis do 50%.
En definitiva, o informe destaca a mellora na facturación das axencias de viaxes, tanto respecto a 2019 como a 2022.
Destinos máis demandados
Pola banda dos destinos máis demandados, nos internacionais destacan Exipto, Estados Unidos e Europa, con Francia e Italia á cabeza. Tamén tiveron moita demanda o Caribe, os cruceiros, Xapón e Tailandia.
No ámbito nacional, resaltan as Baleares, Canarias, Andalucía e Madrid como os máis solicitados, destacando un incremento notable na costa cantábrica e galega.