Tras a súa publicación no Diario Oficial de Galicia como Lei 8/2019 de 23 de decembro, de regulación do aproveitamento lúdico das augas termais de Galicia, que entrará en vigor o próximo 2 de febreiro, a Xunta busca comezar a dar resposta a unha demanda social e empresarial que permitirá contar cun mapa termal no que todos e cada un dos usos das augas termais estará ordenado e regulado. Trátase dunha norma pioneira en España que permitirá a Galicia contar cun completo marco normativo ao redor das augas termais grazas ao que se impulsará un crecemento ordenado e seguro do sector.

A lei ofrece novas oportunidades ao sector turístico, ao tecido empresarial e para a dinamización da actividade económica dos concellos do interior, á vez que se protexe este recurso natural, establecendo un novo uso que marcará unha fronteira clara entre os establecementos balnearios, con usos terapéuticos e que están regulados por unha lei do ano 1995; e os espazos e piscinas termais, con usos lúdicos, nos que se centra a nova norma. Deste xeito, Galicia dá resposta a unha realidade empresarial e a unha demanda real da sociedade actual, ofrecendo seguridade xurídica e garantías a proxectos turísticos que, até a data, non tiñan unha regulamentación específica.

Os obxectivos da lei son velar pola salubridade e hixiene dos aproveitamentos lúdicos das augas termais; garantir a sustentabilidade ambiental das augas termais para evitar a degradación da súa calidade e a redución do seu caudal; protexer a súa integridade como recurso natural, patrimonial, cultural, turístico e lúdico; e promover o desenvolvemento económico e social das poboacións onde xorden estas augas.

Entre os aspectos máis relevantes da normativa -na que se fixa como condición previa que as augas conten coa declaración de termais- están:
– A regulación dos casos de compatibilidade dos novos aproveitamentos lúdicos cos establecementos balnearios e os seus perímetros de protección.
– O establecemento do procedemento para obter autorizacións administrativas renovables cada 10 anos para as persoas ou entidades privadas e concesións de 30 anos prorrogables até 75 no caso de entidades públicas
– Esixencia da garantía financeira, seguro de responsabilidade civil, un plan de aproveitamento de carácter cuadrienal e a restitución da situación ao estado orixinal tras a finalización do aproveitamento. Ademais, márcase as condicións de accesibilidade, seguridade e hixiénico sanitarias das instalacións; ademais dun réxime de inspección e sancións con multas de entre 300 e 90.000 euros. En canto aos espazos que se atopen actualmente en funcionamento contarán cun prazo máximo de 12 meses para regularizar a súa situación. Preténdese protexer este recurso e garantir a salubridade e seguridade das instalacións aos usuarios.

Con esta lei, Galicia contará cun novo mapa termal no que todos e cada un dos usos destas augas estará ordenado e regulado; con garantías para os propietarios; os interesados en impulsar novas instalacións; os usuarios e para o propio recurso que seguirá contando coa máxima protección.

Galicia, con 300 captacións mineiro-medicinais, 21 balnearios e 3 talasos, conta cun gran potencial neste ámbito polo que esta lei é unha nova oportunidade para o sector turístico, para o tecido empresarial e para dinamizar a actividade económica do interior de Galicia -onde se localiza boa parte deste recurso-.

08 de Xaneiro de 2020

A pioneira Lei de aproveitamento lúdico das augas termais de Galicia entrará en vigor no mes de febreiro

Tras a súa publicación no Diario Oficial de Galicia como Lei 8/2019 de 23 de decembro, de regulación do aproveitamento lúdico das augas termais de Galicia, […]
07 de Xaneiro de 2020

Balance da actividade inspectora de Turismo de Galicia nos pisos turísticos

A directora de Axencia de Turismo de Galicia, Nava Castro, repasou os datos que mostran a presenza das vivendas de uso turístico na nosa Comunidade e […]
07 de Xaneiro de 2020

A Xunta intensificará os controis sobre as vivendas de uso turístico tras a entrada en vigor dos cambios na súa regulación

Os propietarios deberán incorporar o seu número de rexistro nas plataformas online nas que se oferten e remitir trimestralmente os seus datos de ocupación Tras a […]
02 de Xaneiro de 2020

Prego de condicións que rexerán a contración dun servizo de “Impulso na consecución de novas certificacións e o seguimento-renovación das certificacións Q de Calidade Turística existentes”, coa colaboración da Xunta de Galicia-Axencia de Turismo de Galicia

Prazo aberto para a presentación de solicitudes até o 18 de xaneiro de 2020 Descarga o prego de condicións
Página anterior
123456789101112131415161718192021222324252627282930313233343536373839404142434445464748495051525354555657585960616263646566676869707172737475767778798081828384858687888990919293949596979899100101102103104105106107108109110111112113114115116117118119120121122123124125126127128129130131132133134135136137138139140141142143144145146147148149150151152153154155156157158159160161162163164165166167168169170171172173174175176177178179180181182183184185186187188189190191192193194195196197198199200201202203204205206207208209210211212213214215216217218219220221222223224225226227228229230231232233234235236237238239240241242243244245246247248249250251252253254255256257258259260261262263264265266267268269270271272273274275276277278279280281282283284285286287288289290291292293294295296297298299300301302303304305306307308309310311312313314315316317318319320321322323324325326327328329330331332333334335336337338339340341342343344345346347348349350351352353354355356357358359360361362363364365366367368369370371372373374375376377378379380381382383384385386387388389390391392393394395396397398399400401402403404405406407408409410411412413414415416417418419420421422423424425426427428429430431432433434435436437438439440441442443444445446447448449450451452453454455456457458459460461462463464465466467468469470471472473474475476477478479480481482483484485486487488489490491492493494495496497498499500501502503504505506507508509510511512513514515516517518519520521522523524525526527528529530531532533534535536537538539540541542543544545546547548549550551552553554555556557558559560561562563564565566567568569
Página siguiente