A Asociación de Guías de Galicia promove a contratación destes profesionais en excursións e circuítos pola comunidade

RECURSOS

A Asociación de Guías de Galicia promove a contratación destes profesionais en excursións e circuítos pola comunidade

A iniciativa, denominada Descobre Galicia, busca establecer unha colaboración a longo prazo con outros colectivos turísticos

No marco do convenio asinado entre APITgalicia e a anterior Consellería de Cultura e Turismo dentro das iniciativas para a reactivación dos sectores turístico e cultural, a Asociación de Guías promove a contratación de guías oficiais en excursións e circuítos por Galicia a través do programa denominado Descobre Galicia.

A iniciativa busca fomentar a reactivación no sector dos guías oficiais de turismo, crear sinerxías con outros subsectores do turismo e establecer cooperacións que vaian mais alá da crise actual sentando unhas bases de cooperación para o futuro.

Cabe destacar que o programa ten carácter retroactivo o que significa que todas as axencias de viaxes que apostaron por Galicia durante este verán e durante este outono poderán solicitar 1 dos 200 bonos dos que consta a promoción para custear parcialmente a contratación dun guía oficial de turismo de Galicia, independentemente do seu membresía a Apitgalicia ou non. A iniciativa, que foi presentada oficialmente con motivo do Día Mundial do Turismo conta coa colaboración da Axencia de Turismo de Galicia no marco do seu traballo para seguir construíndo Galicia como un destino seguro e un destino respectuoso cos habitantes das cidades e vilas de Galicia.

Máis información e formularios de solicitude en www.guiasdegalicia.org

ACTUALIDADE
14-5-2021

Prego de condicións que rexerán a contratación dun servizo de " PROMOCIÓN E COMERCIALIZACIÓN DE PRODUTOS BASEADOS EN GOLF E REALIZACIÓN DUNHA VIAXE DE FAMILIARIZACIÓN- WORKSHOP CON OPERADORES PORTUGUESES", coa colaboración da Xunta de Galicia-Axencia de Turismo de Galicia

13-5-2021

Prego de condicións que rexerán a contratación dun servizo de "CREACIÓN E CONSOLIDACIÓN DE PRODUTO TURÍSTICO ORIENTADO A TURISMO FAMILIAR NO MARCO DO SELO GALICIA DESTINO FAMILIAR", coa colaboración da Xunta de Galicia-Axencia de Turismo de Galicia

10-5-2021

O Clúster Turismo de Galicia presenta unha ferramenta para o desenvolvemento de feiras e eventos virtuais, que estará dispoñible para todo o sector

9-5-2021

O presidente do Clúster Turismo de Galicia destaca que Fitur supón o inicio da recuperación da actividade turística