• As subvencións, concedidas por concorrencia competitiva, serán dun máximo de 8.000 euros, podendo cubrir o 100% do investimento subvencionable.
  • O prazo de presentación de solicitudes está aberto ata o 9 de xuño ás 23:59 horas.

 

A Xunta de Galicia convoca unha liña de axudas para proxectos na área de influencia socioeconómica do Parque Nacional Marítimo-Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia para o 2023. Dita área correspóndese coa superficie dos concellos de Bueu, Ribeira, Vilagarcía de Arousa e Vigo.

 

As subvencións, cun investimento total de preto de 150.000 euros e en réxime de concorrencia competitiva, serán dun máximo de 8.000 euros, podendo cubrir o 100% do investimento subvencionable.

 

Son beneficiarias destas axudas as pequenas e medianas empresas cuxa sede social estea radicada na área de influencia socioeconómico do Parque Nacional; persoas empresarias autónomas ou comunidades de bens; persoas empadroadas titulares dunha concesión na área de influencia deste espazo protexido; institucións sen fin de lucro; e entidades de dereito público cuxa actividade estea relacionada co aproveitamento de recursos naturais renovables na área.

 

As actividades subvencionables poden ser iniciativas destinadas á conservación ou restauración do patrimonio natural cun valor ecolóxico; á eliminación de calquera tipo de impacto sobre os valores naturais ou culturais que xustificaron a creación do Parque Nacional; a garantir a compatibilidade das actividades e dos usos tradicionais coa finalidade e cos obxectivos dos parques nacionais; á conservación ou restauración do patrimonio arquitectónico; á posta en marcha de actividades económicas relacionadas co Parque Nacional; ao mantemento ou á recuperación da tipoloxía construtiva tradicional; á divulgación e formación entre a poboación local; e á posta en valor ou á recuperación e divulgación do patrimonio arqueolóxico, etnográfico e cultural.

 

O prazo de presentación de solicitudes está aberto ata o venres, 9 de xuño, ás 23:59 horas, a través da sede electrónica oficial da Xunta de Galicia, co código de procedemento MT821A.

16 de Maio de 2023

A Xunta convoca axudas para proxectos na área de influencia do Parque Nacional das Illas Atlánticas

As subvencións, concedidas por concorrencia competitiva, serán dun máximo de 8.000 euros, podendo cubrir o 100% do investimento subvencionable. O prazo de presentación de solicitudes está […]
04 de Maio de 2023

A Xunta modifica as bases e amplía o prazo da convocatoria de axudas para actuacións de embelecemento do litoral galego

O Diario Oficial de Galicia publicou a semana pasada a resolución que modifica as bases reguladoras para a concesión. O prazo de solicitudes permanecerá aberto ata […]
04 de Maio de 2023

A Xunta amplía ata finais de maio o prazo para solicitar axudas destinadas á mellora da eficiencia enerxética nos aloxamentos turísticos

O prazo de presentación, que finalizaba a principios deste mes de maio, ampliarase ata o día 29. As axudas están dirixidas a pequenas e medianas empresas […]
18 de Febreiro de 2023

Aberto o prazo de inscrición no terceiro Xuventude Mentoring

O Clúster colabora nesta iniciativa promovida pola Xunta, o Cixug e as tres universidades galegas.   Un total de 250 mozos de entre 18 e 30 […]