O vicepresidente primeiro da Xunta, Alfonso Rueda, mantivo esta mañá no Real Club Náutico de Sanxenxo un primeiro encontro co Consello Executivo do Clúster Turismo de Galicia

O vicepresidente primeiro da Xunta, Alfonso Rueda e novo responsable da carteira de Turismo na Xunta de Galicia mantivo esta mañá un primeiro encontro co órgano directivo do Clúster Turismo de Galicia, o Consello Executivo, cos que se fixo unha primeira toma de contacto coa entidade representante do sector turístico galego. Ambos, Clúster Turismo de Galicia e Xunta coincidiron en destacar un obxectivo común que é potenciar a marca Galicia como destino seguro e facelo aínda mais competitivo. O titular da Vicepresidencia primeira tras manter a reunión co Cluster, indicou que son os mellores interlocutores a ter nestes momentos xa que engloban os diferentes sectores que compoñen a gran industria que ten o turismo en Galicia.

O presidente do Clúster, Cesáreo Pardal, pola súa banda, tamén destacou tanto a boa sintonía que se estableceu entre a administración autonómica e o sector durante este tempo e a importancia de seguir apostando por Galicia como destino seguro. Neste sentido, o presidente puxo de manifesto a preocupación do sector ante a situación que afronta nos próximos meses, tras unha difícil campaña deste ano, e a relevancia do próximo Ano Santo.

Neste sentido, Alfonso Rueda, nesta primeira reunión coa directiva do Clúster indicou que nestes momentos aúnar forzas é o camiño a seguir xa que Galicia ten que seguir ofrecendo un turismo de calidade, un turismo seguro para seguir sendo referentes no turismo a nivel nacional e internacional.

Rueda detallou que “nun verán no que Galicia se situou no conxunto de España como un destino seguro, nun verán no que ofreceu un turismo que sen perder calidade asegurou tranquilidade, agora temos que seguir adaptándonos para que isto non se perda e afrontar unha segunda parte”.

A folla de ruta a seguir ten un claro obxectivo que é a reactivación e dinamización deste sector con medidas como as postas xa en marcha polo Goberno galego, como o Plan de Reactivación, onde uno os alicerces é o programa “Galicia Destino Seguro”, que potencia os valores que distinguen á nosa comunidade e que neste contexto actual, aínda cobran mais relevancia, como son a nosa natureza, a nosa paisaxe, as nosas praias, o noso interior, os litorais, a enogastronomía ou o Camiño de Santiago.

Finalmente, Alfonso Rueda fixo especial fincapé en “que en xaneiro comeza o Xacobeo 2021, que mesmo nestas circunstancias ten que ser unha oportunidade historia para Galicia e para o seu turismo, polo que debemos seguir traballando para aproveitar todo o seu potencial”.

21 de Setembro de 2020

A Xunta e o Clúster de Turismo de Galicia coinciden na importancia de potenciar a marca Galicia como destino seguro

O vicepresidente primeiro da Xunta, Alfonso Rueda, mantivo esta mañá no Real Club Náutico de Sanxenxo un primeiro encontro co Consello Executivo do Clúster Turismo de […]
21 de Setembro de 2020

Un descanso nos Camiños busca consolidar a proposta a través da súa difusión a través de congresos e showcookings

Co obxectivo de conseguir a consolidación, posicionamento, difusión e impulso á comercialización do produto turístico denominado “Un descanso nos Camiños”, programa que organiza estancias en Balnearios […]
17 de Setembro de 2020

Hostalaría Compostela reclama diálogo coa Xunta e unha folla de ruta clara para a recuperación do sector

Solicitan a supresión de taxas municipais até o verán do ano que vén e que se lle dean facilidades aos establecementos para seguir explotando as terrazas […]
16 de Setembro de 2020

A Xunta e empresarios do lecer nocturno crean unha mesa de traballo que analizará semanalmente os datos sanitarios de cara a reactivar o sector

O vicepresidente primeiro da Xunta, Alfonso Rueda, e o conselleiro de Sanidade, Xullo García Comesaña, mantiveron unha reunión por videoconferencia con representantes do sector A Xunta […]
Página anterior
123456789101112131415161718192021222324252627282930313233343536373839404142434445464748495051525354555657585960616263646566676869707172737475767778798081828384858687888990919293949596979899100101102103104105106107108109110111112113114115116117118119120121122123124125126127128129130131132133134135136137138139140141142143144145146147148149150151152153154155156157158159160161162163164165166167168169170171172173174175176177178179180181182183184185186187188189190191192193194195196197198199200201202203204205206207208209210211212213214215216217218219220221222223224225226227228229230231232233234235236237238239240241242243244245246247248249250251252253254255256257258259260261262263264265266267268269270271272273274275276277278279280281282283284285286287288289290291292293294295296297298299300301302303304305306307308309310311312313314315316317318319320321322323324325326327328329330331332333334335336337338339340341342343344345346347348349350351352353354355356357358359360361362363364365366367368369370371372373374375376377378379380381382383384385386387388389390391392393394395396397398399400401402403404405406407408409410411412413414415416417418419420421422423424425426427428429430431432433434435436437438439440441442443444445446447448449450451452453454455456457458459460461462463464465466467468469470471472473474475476477478479480481482483484485486487488489490491492493494495496497498499500501502503504505506507508509510511512513514515516517518519520521522523524525526527528529530531532533534535536537538539540541542543544545546547548549550551552553554555556557558559560561562563
Página siguiente