Faros reutilizados, excursións educativas pola ría e deseños abertos ao mar son as suxestións sostibles destes hoteis costeiros.

 

O mar en Galicia representa o 50% da frota pesqueira en toda España, e máis aló do nivel económico supón un estilo de vida para a comunidade galega, unha esencia, e á súa vez un atractivo turístico nas súas costas. Por iso é un dos principais recursos a protexer e coidar, estes aloxamentos teñen especial vinculación co mar cun enfoque sostible.

 

En Bluscus, operador turístico especializado en turismo mariñeiro, mostran experiencias por toda a costa galega: rutas en barco, xornadas de pesca e excursións sobre o marisqueo e o cultivo. Todo isto orientado a poñer en valor o mar e a xente que traballa nel, xerando conciencia ambiental. A través das súas rutas guiadas forxan unha idea de turismo respectuoso, educando aos seus participantes no respecto pola contorna marítima, para preservalo e velar polo seu coidado.

 

Dar unha nova vida a edificacións é unha gran forma de reutilizar e conservar en termos arquitectónicos. En O Semáforo de Fisterra transformou o antigo faro de Fisterra nun hotel con encanto e cunha gran localización, integrado na costa e a primeira liña de mar. Esta forma de adecuar un edifico que xa cumpriu o seu uso inicial nun novo complexo, o que se denomina reciclaxe de edificios, supón un gran beneficio para o medio ambiente ademais dunha divertida forma de hospedarse.

 

O hotel ecosostible Bela Fisterra, toda unha homenaxe ao mar a través da literatura e a arte, ten un deseño aberto á costa e á natureza. A súa relación co mar vincúlase a través do uso das súas augas: reutilizan as augas pluviais para a rega e empregan auga de km 0 (auga de proximidade para evitar transportes). Este aloxamento con conciencia ecolóxica a pé de praia, desenvolve políticas de compensación de emisións de CO2, ademais do uso de placas fotovoltaicas e xardíns de vexetación autóctona.

14 de Marzo de 2022

Aloxamentos galegos amantes do coidado e a protección do mar

Faros reutilizados, excursións educativas pola ría e deseños abertos ao mar son as suxestións sostibles destes hoteis costeiros.   O mar en Galicia representa o 50% […]
13 de Marzo de 2022

O Clúster recolle nun libro as espectaculares imaxes do “Mar de ardora”

A obra, que será presentada o venres 18 en Cabana de Bergantiños, recompila as fotografías deste sorprendente fenómeno mariño tomadas por Ana Garcia.   As augas […]
11 de Marzo de 2022

Galicia, Asturias, Cantabria e o País Vasco queren converterse no maior corredor de ecoturismo de Europa

As catro comunidades que integran a iniciativa España Verde presentan un proxecto conxunto para ofrecer experiencias turísticas sostibles nos seus espazos naturais protexidos.   Galicia e […]
10 de Marzo de 2022

Adxudicación do servizo de “Desenvolvemento de dous workshops con actividades de promoción en destinos nacionais”

Adxudicatario: El Corte Inglés, S.A. Importe de adxudicación: 68.850,00 €
Página anterior
123456789101112131415161718192021222324252627282930313233343536373839404142434445464748495051525354555657585960616263646566676869707172737475767778798081828384858687888990919293949596979899100101102103104105106107108109110111112113114115116117118119120121122123124125126127128129130131132133134135136137138139140141142143144145146147148149150151152153154155156157158159160161162163164165166167168169170171172173174175176177178179180181182183184185186187188189190191192193194195196197198199200201202203204205206207208209210211212213214215216217218219220221222223224225226227228229230231232233234235236237238239240241242243244245246247248249250251252253254255256257258259260261262263264265266267268269270271272273274275276277278279280281282283284285286287288289290291292293294295296297298299300301302303304305306307308309310311312313314315316317318319320321322323324325326327328329330331332333334335336337338339340341342343344345346347348349350351352353354355356357358359360361362363364365366367368369370371372373374375376377378379380381382383384385386387388389390391392393394395396397398399400401402403404405406407408409410411412413414415416417418419420421422423424425426427428429430431432433434435436437438439440441442443444445446447448449450451452453454455456457458459460461462463464465466467468469470471472473474475476477478479480481482483484485486487488489490491492493494495496497498499500501502503504505506507508509510511512513514515516517518519520521522523524525526527528529530531532533534535536537538539540541542543544545546547548549550551552553554555556557558559560561562563
Página siguiente