Trátase dunha produto para promocionar Galicia como destino sostible desde o punto de vista social, económico y medioambiental.
En 2019, un 87% declararon que queren viaxar de forma ecolóxica e case 4 de cada 10 confirmaron que a miúdo ou sempre logran facelo.
O Cluster de Turismo de Galicia, en colaboración coa Xunta, presentará a iniciativa “Galicia Destino Sostible”, encadrada dentro das liñas estratéxicas Galicia Destino Seguro 21-23. Trátase dunha produto para promocionar Galicia como destino sostible desde o punto de vista social, económico y medioambiental.
Planteado como un hub que integre toda a oferta turística sostible de Galicia e conecte a turistas con empresas, facilitando o acceso a cualquera tipo de actividade turística que contribúa ao cumprimiento dos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible marcados na Axenda 2030.
A preocupación dos viaxeiros por coidar o medio ambiente aumentou nos últimos anos dunha maneira considerable. Así en 2019, un 87% declararon que queren viaxar de forma ecolóxica e case 4 de cada 10 confirmaron que a miúdo ou sempre logran facelo. Neste senso, Galicia pode aportar moito grazas aos seus espazos naturais e ás iniciativas empresariais que xorden ou se encamiñan nesta liña de negocio.
Así Galicia Destino Sostible é unha estratexia turística máis que necesaria na nosa comunidade autónoma.
A presentación tera lugar no Restaurante Culler de Pau, e será retransmitido en streaming para todo o mundo.