A comisión executiva da Rede DTI acordou na súa última reunión a incorporación dunha trintena de municipios galegos.

 

A entidade tamén decidiu paralizar temporalmente o proceso de adhesión para consolidar a integración dos membros xa aceptados.

 

Galicia segue gañando peso na Rede de Destinos Turísticos Intelixentes posta en marcha polo Ministerio de Industria, Comercio e Turismo. Na última reunión da súa comisión executiva, celebrada o 30 de setembro e presidida polo Secretario de Estado de Turismo, Fernando Valdés, foi aprobada a adhesión dun total de 67 novos destinos de toda España, dos que case a metade son municipios galegos: A Bola, A Merca, A Pobra do Caramiñal, A Rúa, A Veiga, Bande, Betanzos, Cartelle, Celanova, Entrimo, Gomesende, Larouco, Lobeira, Lobios, Miño, Muíños, Noia, O Barco de Valdeorras, O Bolo, O Carballiño, Padrenda, Petín, Pontedeume, Quintela de Leirado, Ramirás, Rubiá, Valga, Verea, Vilamartín de Valdeorras e Vilanova de Arousa.

 

Coa incorporación destes concellos, Galicia suma xa 78 membros na Rede DTI, o que a converte na segunda comunidade autónoma con maior presencia sendo superada unicamente por Andalucía, con 98. Por detrás quedan xa Castela e León (44), as Illas Canarias (32), Asturias (26), Cataluña e a Comunidade Valenciana (ambas as con 24) ou Murcia (19),

 

Desde a Rede DTI detallan que na actualidade está formada por 610 membros, dos que 437 son destinos membros titulares, 79 son institucións, 91 son empresas colaboradoras e 3 son observadores. Ademais, destacan que os municipios adheridos representan ao 44 % da poboación española e que 42 das 52 capitais de provincia forman parte da rede.

 

Aínda así, para asegurar a boa calidade no acompañamento dos destinos adheridos, a comisión executiva decidiu paralizar temporalmente o procedemento de adhesión de novos membros á espera de que proceda a consolidar a incorporación, categorización e a diagnose dos destinos que xa forman parte da rede.

05 de Outubro de 2022

Galicia sitúase como a segunda comunidade con máis Destinos Turísticos Intelixentes

A comisión executiva da Rede DTI acordou na súa última reunión a incorporación dunha trintena de municipios galegos.   A entidade tamén decidiu paralizar temporalmente o […]
03 de Outubro de 2022

Proveitosa participación do Clúster nas Xornadas Directas de Turespaña en América do Sur

A entidade levou aos workshops celebrados en Sao Paulo e Bos Aires un catálogo de 20 axencias de receptivo, que compartiu con máis dun centenar de […]
02 de Outubro de 2022

O Clúster desenvolveu unha intensa actividade en Termatalia

Jesús Picallo mantivo varios encontros con autoridades turísticas de Latinoamérica e César Sánchez Ballesteros participou nunha presentación das xornadas técnicas.   O Clúster tamén deu a […]
30 de Setembro de 2022

Ampliado o prazo para adherirse ao programa de patrocinios do Club de Produto Galicia Destino Sostible, que medra de novo con outras 11 empresas

A data límite inicial era o 30 de setembro, pero foi prorrogada ata o 21 de outubro.   Os beneficiarios repartiranse 300.000 euros en axudas, que […]
Página anterior
123456789101112131415161718192021222324252627282930313233343536373839404142434445464748495051525354555657585960616263646566676869707172737475767778798081828384858687888990919293949596979899100101102103104105106107108109110111112113114115116117118119120121122123124125126127128129130131132133134135136137138139140141142143144145146147148149150151152153154155156157158159160161162163164165166167168169170171172173174175176177178179180181182183184185186187188189190191192193194195196197198199200201202203204205206207208209210211212213214215216217218219220221222223224225226227228229230231232233234235236237238239240241242243244245246247248249250251252253254255256257258259260261262263264265266267268269270271272273274275276277278279280281282283284285286287288289290291292293294295296297298299300301302303304305306307308309310311312313314315316317318319320321322323324325326327328329330331332333334335336337338339340341342343344345346347348349350351352353354355356357358359360361362363364365366367368369370371372373374375376377378379380381382383384385386387388389390391392393394395396397398399400401402403404405406407408409410411412413414415416417418419420421422423424425426427428429430431432433434435436437438439440441442443444445446447448449450451452453454455456457458459460461462463464465466467468469470471472473474475476477478479480481482483484485486487488489490491492493494495496497498499500501502503504505506507508509510511512513514515516517518519520521522523524525526527528529530531532533534535536537538539540541542543544545546547548549550551552553554555556557558559560561562563
Página siguiente