• Galicia consolida un crecemento sostible e unha tendencia cara á desestacionalización

 

Os datos publicados a semana pasada polo Instituto Nacional de Estatística (INE) confirman a solidez do turismo en Galicia durante o primeiro semestre de 2025. En total, 2.967.407 persoas visitaron a comunidade entre xaneiro e xuño, o que supón un incremento do 4,5% respecto ao mesmo período do ano anterior. As pernoitas tamén medraron un 3,8%, alcanzando un total de 4.961.113 noites en establecementos turísticos. Estes datos tradúcense en 165 M€ de ingresos no sector.

 

Outro indicador destacado é o crecemento do turismo internacional, que representa xa o 39,6% do total e aumenta un 5,5% respecto a 2024. Os principais mercados seguen a ser o nacional (que supón o 57,6% entre turismo interno e do resto do Estado) e países europeos clave como Reino Unido, Alemaña e Francia.

 

Neste sentido, o comportamento dos meses tradicionalmente menos concorridos reflicte un cambio estrutural: cada vez máis persoas escollen Galicia fóra do verán, grazas á autenticidade do destino, a súa natureza, e a súa oferta cultural e gastronómica.

 

  • O Gran Talaso Hotel Sanxenxo recibe o distintivo Galicia Calidade

 

Estes datos foron presentados polo director de Turismo de Galicia, Xosé Manuel Merelles, durante o acto de entrega do distintivo Galicia Calidade ao Gran Talaso Hotel Sanxenxo. O establecemento converteuse no único talaso galego que ostenta este selo, sumándose á rede de balnearios Caldaria que xa contan coa certificación.

 

No evento participaron o presidente do Clúster Turismo de Galicia, Cesáreo Pardal, e a xerente de Galicia Calidade, Ana Méndez, os que puxeron en valor o compromiso do hotel coa excelencia e a calidade.

 

Ata o momento, Galicia Calidade certifica a máis de 170 empresas e máis de 880 produtos e servizos, entre eles 52 vinculados ao turismo, con representación no sector hoteleiro, a restauración, o turismo rural e o lecer náutico.

 

 

04 de Agosto de 2025

Xa se poden consultar os datos turísticos do primeiro semestre de 2025

Galicia consolida un crecemento sostible e unha tendencia cara á desestacionalización   Os datos publicados a semana pasada polo Instituto Nacional de Estatística (INE) confirman a […]
04 de Agosto de 2025

Os Concertos do Xacobeo 2025 posicionan a Galicia como destino musical de referencia

Este ano celébranse máis de 150 concertos con artistas de alto nivel de estándar internacional, nacional e autonómico   Galicia vibra este 2025 ao ritmo da […]
04 de Agosto de 2025

Galicia reforza a súa aposta polo turismo de natureza coa revisión de 151 roteiros de sendeirismo homologadas

A Xunta de Galicia e a Federación Galega de Montañismo son as encargadas da revisión   O sendeirismo volve ser protagonista na estratexia turística de Galicia. […]
29 de Xullo de 2025

O Carné +65 continúa a medrar e xa conta con preto de 900 establecementos hoteleiros adheridos en Galicia

O Semáforo de Fisterra acolleu a semana pasada un acto de presentación no que participaron a conselleira de Política Social e Igualdade, Fabiola García, e o […]
Página anterior
123456789101112131415161718192021222324252627282930313233343536373839404142434445464748495051525354555657585960616263646566676869707172737475767778798081828384858687888990919293949596979899100101102103104105106107108109110111112113114115116117118119120121122123124125126127128129130131132133134135136137138139140141142143144145146147148149150151152153154155156157158159160161162163164165166167168169170171172173174175176177178179180181182183184185186187188189190191192193194195196197198199200201202203204205206207208209210211212213214215216217218219220221222223224225226227228229230231232233234235236237238239240241242243244245246247248249250251252253254255256257258259260261262263264265266267268269270271272273274275276277278279280281282283284285286287288289290291292293294295296297298299300301302303304305306307308309310311312313314315316317318319320321322323324325326327328329330331332333334335336337338339340341342343344345346347348349350351352353354355356357358359360361362363364365366367368369370371372373374375376377378379380381382383384385386387388389390391392393394395396397398399400401402403404405406407408409410411412413414415416417418419420421422423424425426427428429430431432433434435436437438439440441442443444445446447448449450451452453454455456457458459460461462463464465466467468469470471472473474475476477478479480481482483484485486487488489490491492493494495496497498499500501502503504505506507508509510511512513514515516517518519520521522523524525526527528529530531532533534535536537538539540541542543544545546547548549550551552553554555556557558559560561562563564565566567568569570571572573574575576577578579580581582583584585586587588589590591592593594595596597598599600601602603604605606
Página siguiente