A oferta turística galega estivo presente nun total de 31 feiras sectoriais, catro máis que en 2014, o que permitiu dar a coñecer os produtos, servizos e oferta galega en 21 certames internacionais e 10 nacionais, a través da acción de Turismo de Galicia e a súa promoción nos diferentes mercados mundiais, moitos deles en colaboración co Clúster do Turismo de Galicia. Este foi o caso de FITUR, da World Travel Market de Londres ou a Internationale Turismus Börse (ITB), de Berlín.
Para a promoción xenérica no eido internacional, o departamento de Turismo da Xunta participou nas seguintes feiras, ademais da ITB e a WTM: Vakantiebeurs, de Utrecht-Holanda, en xaneiro; Matka, de Helsinki-Finlandia, tamén en xaneiro; Holyday World, de Dublín-Irlanda, en xaneiro; Salon des vacances, de Bruxelas-Bélxica, en fefreiro, Free, de Munich-Alemaña, en febreiro; MITT, de Moscú-Rusia, en marzo; Tur, de Goteburgo-Suecia, en marzo; Mundo Abreu, de Lisboa-Portugal, en abril; Jata, de Toquio, Xapón, en setembro; ABAV, de Río de Xaneiro-Brasil, en setembro; Tourism & Travel Show, de Montreal-Canadá, en outubro; e Festuris, de Gramado-Brasil, en novembro.
Ademais, no ámbito nacional, o turismo galego estivo representado en todos os certames turísticos organizados nos principais mercados emisores para Galicia. Deste xeito, ademais de FITUR, Turismo de Galicia participou nas feiras de carácter xeneralista Navartur, en Pamplona, en febreiro; Sevatur, en San Sebastián, no mes de marzo; Turexpo, en Silleda, tamén en marzo; B Travel de Barcelona, en abril; e o Salón de Turismo INTUR, en Valladolid, no mes novembro, onde tamén o Clúster do Turismo de Galicia estivo presente a través de Agarimo.
Produtos senlleiros
Este ano, para a promoción específica dos produtos turísticos galegos máis senlleiros, Turismo de Galicia participou en 12 certames especializados ao obxecto de difundir e apoiar a súa comercialización. Deste xeito, en relación ao Camiño de Santiago e ao fenómeno xacobeo, o departamento de Turismo da Xunta de Galicia, ademais de promover a ruta en todos os certames turísticos, participou nas feiras específicas Koinè, de Vicenza-Italia, en abril; International Christian Resources Exhibition, de Londres, o pasado mes de maio, e Sacroexpo, celebrada en Kielce-Polonia, en xuño.
No eido dos produtos turísticos, o turismo de saúde púidose promover nos certames Thermalies, de París, celebrado en xanerio, e Termatalia, celebrado en Ourense o pasado mes de setembro. Polo que respecta ao turismo náutico da Comunidade galega, Turismo de Galicia instalou recintos de promoción no Grand Pavois, de La Rochelle, Francia, o mes de setembro, e o Salón náutico de París, celebrado os primeiros días de decembro e no que tamén estiveron presentes representantes de ASNAUGA e Marinas de Galicia, que colabaron na difusión da oferta náutica galega.
Canto ao golf, este produto promoveuse de xeito específico no certame Madrid golf, celebrado en marzo na capital de España. Ademais, a ornitoloxía, un dos produtos turísticos emerxentes na Comunidade galega, contou tamén cunha promoción específica na feira FIO, celebrada Monfragüe, Extremadura, entre os meses de febreiro e marzo. Por último, canto, ao cicloturismo, o sendeirismo e á bicicleta de montaña, Turismo de Galicia participou nos certames Fiets en Wandelbeurs, celebrado en Ambres-Bélxica, entre os meses de febreiro e marzo; e Unibike, que tivo lugar en Madrid o pasado mes de setembro.