Convocada a II BTT Ruta do Viño Rías Baixas que espera acoller en Condado do Tea a 250 ciclistas

ACTIVIDADES

Convocada a II BTT Ruta do Viño Rías Baixas que espera acoller en Condado do Tea a 250 ciclistas

As inscricións para á proba, que se realizará o 22 de outubro, xa están abertas a través da web www.bttrutavinoriasbaixas.com

A segunda edición da BTT Ruta do Viño Rías Baixas celebrarase o próximo 22 de outubro en Arbo, coa previsión de que participen ao redor de 250 ciclistas. A proba, impulsada pola Ruta do Viño Rías Baixas coa colaboración da Federación Galega de Ciclismo e do Corte Inglés, persegue consolidar unha iniciativa que axunta deporte con enoturismo, fomentando o conociminento das diferentes subzonas que conforman a ruta do viño.

Tras o éxito rexistrado na primeira edición, que se desenvolveu na subzona do Ulla, este ano a BTT trasládase ao Condado do Tea, en concreto a Arbo, por onde discorrerá cun percorrido de 45 quilómetros e dificultade media que lles permitirá percorrer as adegas socias As Laxas, Pazo Pondal e Marqués de Vizhoja e viñedos. Ao finalizar a carreira, entregaranse enopacks aos ciclistas de maior e menor idade, así como ao club con maior número de participantes e ao deportista que procede de máis lonxe. Estes agasallos consistirán, principalmente, en visitas a adegas asociadas á Ruta do Viño Rías Baixas.

Para os acompañantes, tal e como se fixo xa o ano pasado, organizouse unha ruta de sendeirismo que trascurrirá tamén polo municipio de Arbo, que colabora no evento, e que lles permitirá visitar o Centro de Interpretación do Viño e a Lamprea ARABO.

As inscricións para tomar parte na proba xa están abertas e pódense formalizar a través da web www.bttrutavinoriasbaixas.com. O prezo por dorsal é de 10 euros e inclúe todos os seguros, así como dous obsequios de recordo para os participantes: unha camiseta técnica e unha botella de viño de adegas asociadas á Ruta do Viño Rías Baixas.