A Xunta acaba de aprobar a firma de senllos convenios de colaboración coas cinco rutas, que recibirán un total de 390.000 euros para financiar unha actividade que este ano chegará á súa undécima edición.

 

As exitosas Xornadas de Portas Abertas das Rutas do Viño de Galicia terán continuidade polo menos durante catro anos máis. Así quedou confirmado no último Consello de la Xunta, no que foi autorizada a firma de cinco convenios de colaboración coas cinco asociacións que promoven estes itinerarios nos territorios cada unha das súas respectivas denominacións de orixe.

 

Os acordos coas entidades que impulsan as Rutas do Viño de Monterrei, das Rías Baixas, do Ribeiro, da Ribeira Sacrae de Valdeorras terán vixencia ata o 2025 e permitiralles recibir a cada unha destas asociacións 78.000 euros, o que supón unha cifra total de 390.000 euros. Isto constitúe un aumento de case un 70 % na achega que fará a Xunta á iniciativa con respecto ao anterior convenio, establecido para o período comprendido entre os anos 2018 e 2021 e cun importe total de 230.000 euros.

 

As Xornadas de Portas Abertas das Rutas do Viño de Galicia permitiron difundir o enoturismo e o resto da oferta turística vinculada a el con propostas que se desenvolven durante cinco fins de semana consecutivas. A última edición celebrada ata a data, a do 2021, tivo lugar durante o pasado mes de outubro.

 

O servizo de transporte en autobús (o bus do viño) ata as adegas e lugares de interese da contorna, así como a realización de catas e degustacións son algunhas das accións que poderán ser financiadas grazas a estes convenios que se enmarcan na estratexia xeral de promoción do enoturismo como instrumento para favorecer a desestacionalización do turismo e da que forma parte tamén o Clúster Turismo de Galicia a través de marca Enoturismo en Galicia.

27 de Marzo de 2022

As Xornadas de Portas Abertas das Rutas do Viño de Galicia aseguran a súa continuidade ata o 2025

A Xunta acaba de aprobar a firma de senllos convenios de colaboración coas cinco rutas, que recibirán un total de 390.000 euros para financiar unha actividade […]
24 de Marzo de 2022

Nova convocatoria para que os autónomos e as empresas do rural accedan a Internet con banda larga ultrarrápida

Aqueles profesionais ou negocios que teñan unha velocidade inferior a 30 megas poderán beneficiarse de axudas de ata 20.000 euros para dotarse dese servizo.   Os […]
23 de Marzo de 2022

Máis dun centenar de proxectos turísticos optan a participar na segunda edición de Turislab

A aceleradora de startups da Xunta rexistrou un 40 % máis de candidaturas que o ano pasado.   A segunda edición da aceleradora de startups turísticas […]
22 de Marzo de 2022

Galicia promociona en París experiencias vinculadas ao Camiño de Santiago

O Clúster Turismo de Galicia xunto cunha decena de empresarios especializados neste ámbito participan no workshop organizado pola Axencia de Turismo para presentar o Xacobeo 21-22. […]
Página anterior
123456789101112131415161718192021222324252627282930313233343536373839404142434445464748495051525354555657585960616263646566676869707172737475767778798081828384858687888990919293949596979899100101102103104105106107108109110111112113114115116117118119120121122123124125126127128129130131132133134135136137138139140141142143144145146147148149150151152153154155156157158159160161162163164165166167168169170171172173174175176177178179180181182183184185186187188189190191192193194195196197198199200201202203204205206207208209210211212213214215216217218219220221222223224225226227228229230231232233234235236237238239240241242243244245246247248249250251252253254255256257258259260261262263264265266267268269270271272273274275276277278279280281282283284285286287288289290291292293294295296297298299300301302303304305306307308309310311312313314315316317318319320321322323324325326327328329330331332333334335336337338339340341342343344345346347348349350351352353354355356357358359360361362363364365366367368369370371372373374375376377378379380381382383384385386387388389390391392393394395396397398399400401402403404405406407408409410411412413414415416417418419420421422423424425426427428429430431432433434435436437438439440441442443444445446447448449450451452453454455456457458459460461462463464465466467468469470471472473474475476477478479480481482483484485486487488489490491492493494495496497498499500501502503504505506507508509510511512513514515516517518519520521522523524525526527528529530531532533534535536537538539540541542543544545546
Página siguiente