[:gl]Novas[:es]Noticias[:en]News[:]

  • Galicia é unha das comunidades de referencia no mercado.

O turismo mariñeiro e o pescaturismo están a experimentar un auxe en Galicia, consolidándose como unha das ofertas turísticas diferenciais da rexión. Estas actividades, que permiten aos visitantes coñecer o día a día dos pescadores e mariscadores locais, están a florecer nas costas galegas, impulsadas polo aumento xeral do turismo en España e a crecente demanda tanto nacional como internacional.

 

Segundo Pepe Martínez, director da plataforma de reservas Pescaturismo, Galicia rexistrou este verán un notable incremento no número de excursións de turismo mariñeiro e pescaturismo. Actividades como a cría de mexillóns, a pesca do polbo, e as xornadas con mariscadoras en lugares emblemáticos como Baiona, Cambados, Carril e Redondela, están a ser especialmente populares entre os turistas. Estas experiencias ofrecen unha inmersión profunda na vida mariña, permitindo aos visitantes coñecer de primeira man as tradicións pesqueiras galegas.

 

O crecemento do sector non só beneficiou ás actividades directamente relacionadas coa pesca, senón que tamén impulsou a remodelación e habilitación de lonxas e portos para organizar visitas guiadas. En Burela, un porto de referencia na pesca do bonito, os turistas poden asistir a poxas de peixe que combinan a tradición da poxa oral coa automatización.

 

O perfil dos turistas que se suman a estas experiencias é diverso, cunha notable presenza de visitantes do Reino Unido, Alemaña, Francia, e países escandinavos, destacando o interese crecente por parte dos viaxeiros procedentes de Estados Unidos. Este aumento na demanda estranxeira subliña o atractivo internacional que gañou o turismo mariñeiro galego.

 

Esta tendencia contribuíu a que o turismo mariñeiro e o pescaturismo se consolide como unha oferta chave na diversificación do turismo en Galicia, destacando a conexión entre a tradición e o desenvolvemento económico local.

20 de Agosto de 2024

O turismo mariñeiro e pescaturismo, un sector en auxe

Galicia é unha das comunidades de referencia no mercado. O turismo mariñeiro e o pescaturismo están a experimentar un auxe en Galicia, consolidándose como unha das […]
20 de Agosto de 2024

Volven os cursos de formación gratuítos impartidos pola Secretaria de Estado de Turismo

As formacións gratuítas acollen diversas temáticas vinculadas ao sector que comezarán o vindeiro cinco de setembro. O “proxecto Anfitrións do Turismo”, promovido pola Secretaría de Estado […]
12 de Agosto de 2024

‘Tan sostible como’, a nova campaña do Clúster para promocionar a marca turística ‘Galicia Destino Sostible’

A campaña estenderase ata o 30 de novembro de 2024. Unha landing web, unha campaña de Social e Google Ads, unha peza audiovisual, sorteos semanais e […]
12 de Agosto de 2024

‘La Vuelta’ deixará un impacto positivo este verán en Galicia

A comunidade galega acollerá 4 probas da competición ciclista. O percorrido arrincará o 27 de agosto en Ponteareas-Baiona. O pasado mércores, 7 de agosto, tivo lugar […]
Página anterior
123456789101112131415161718192021222324252627282930313233343536373839404142434445464748495051525354555657585960616263646566676869707172737475767778798081828384858687888990919293949596979899100101102103104105106107108109110111112113114115116117118119120121122123124125126127128129130131132133134135136137138139140141142143144145146147148149150151152153154155156157158159160161162163164165166167168169170171172173174175176177178179180181182183184185186187188189190191192193194195196197198199200201202203204205206207208209210211212213214215216217218219220221222223224225226227228229230231232233234235236237238239240241242243244245246247248249250251252253254255256257258259260261262263264265266267268269270271272273274275276277278279280281282283284285286287288289290291292293294295296297298299300301302303304305306307308309310311312313314315316317318319320321322323324325326327328329330331332333334335336337338339340341342343344345346347348349350351352353354355356357358359360361362363364365366367368369370371372373374375376377378379380381382383384385386387388389390391392393394395396397398399400401402403404405406407408409410411412413414415416417418419420421422423424425426427428429430431432433434435436437438439440441442443444445446447448449450451452453454455456457458459460461462463464465466467468469470471472473474475476477478479480481482483484485486487488489490491492493494495496497498499500501502503504505506507508509510511512513514515516517518519520521522523524525526527528529530531532533534535536537538539540541542543544545546547548549550551552553554555556557558559560561562563564565566567568569570571572573574575576577578579580581582583584585586587588589590591592593594595596597598599600601602603604605606607608609610611612613614615616617618619
Página siguiente