Os hoteis galegos aumentan a súa rendibilidade un 8,5% en agosto e medran por riba da media española

Os hoteis galegos aumentan a súa rendibilidade un 8,5% en agosto e medran por riba da media española

  • O sector hoteleiro obtivo uns ingresos totais nominais próximos aos 300 millóns de euros durante os oito primeiros meses de 2024
  • O turismo internacional acumula catro anos consecutivos de crecemento da demanda hoteleira en agosto, acadando un máximo histórico

 

Segundo os datos publicados polo Instituto Nacional de Estatística, os hoteis galegos acadaron o pasado agosto máximos históricos de ingresos hoteleiros, chegando aos 81,6 millóns de euros, unha cifra un 6% superior á do ano pasado.

 

O segmento hoteleiro rexistrou preto de 768.000 viaxeiros aloxados e 1,7 millóns de noites, sendo en ambos os casos máximos na serie histórica e superando os valores do mesmo mes do ano pasado nun 6,6% e un 3,5% respectivamente.

 

Durante ese mes, dúas de cada tres noites nos hoteis e pensións galegos corresponderon a españois procedentes de fóra da comunidade, sendo a porcentaxe mais alta dos últimos meses. O turismo internacional tamén creceu durante agosto, concretamente un 6% e alcanzou un máximo na serie histórica con 355.000 noites.

 

De forma acumulada durante os oito primeiros meses do ano prodúcese un avance cualitativo no sector hotleleiro. Estímase que os ingresos nominais totais foron de 297 millóns de euros, un 7% mais que o ano pasado, sendo a cifra mais alta da serie histórica.

 

Datos que confirman que os hoteis e pensións en Galicia creceron por riba da media española.