[:gl]Novas[:es]Noticias[:en]News[:]

  • Esta cita anual inclúe preto de 70 actividades. En total, participan 62 adegas, 21 aloxamentos e 9 restaurantes.

 

Xa está dispoñible o programa completo da Primavera de Portas Abertas das Rutas dos Viños de Galicia 2025, unha iniciativa impulsada por Turismo de Galicia en colaboración coas cinco rutas vitivinícolas da comunidade. As persoas interesadas poden consultar a programación e inscribirse a través da web oficial de Turismo de Galicia.

 

Esta cita anual, que terá lugar durante as fins de semana do mes de maio, busca achegar ao público a riqueza do enoturismo galego, a través dunha oferta diversa que abarca visitas gratuítas a adegas, experiencias gastronómicas, actividades culturais e roteiros polo patrimonio natural e artístico.

 

As Rutas do Viño de Monterrei, O Ribeiro, Rías Baixas, Ribeira Sacra e Valdeorras serán o escenario deste encontro entre viño, territorio e cultura. En total, 62 adegas, 21 aloxamentos e 9 restaurantes sumáronse a esta edición, que tamén contará cos xa tradicionais Buses do Viño, facilitando o acceso desde cidades galegas e desde Ponferrada.

 

Ademais das visitas guiadas, o programa inclúe preto de 70 actividades diferentes que permiten descubrir a identidade de cada territorio desde múltiples perspectivas: catas comentadas, paseos por viñedos, concertos, talleres, e propostas pensadas para todos os públicos.

 

A guía completa con todas as actividades, horarios, localizacións e mapas pode descargarse directamente desde a web oficial. Unha oportunidade perfecta para explorar a paisaxe vitivinícola galega, conectar coas súas raíces e gozar dunha experiencia enoturística única.

08 de Abril de 2025

Aberto o prazo para participar na Primavera de Portas Abertas dos Rutas dos Viños de Galicia 2025

Esta cita anual inclúe preto de 70 actividades. En total, participan 62 adegas, 21 aloxamentos e 9 restaurantes.   Xa está dispoñible o programa completo da […]
08 de Abril de 2025

Galicia comeza 2025 cun crecemento do 3,6% en viaxeiros aloxados respecto ao ano anterior

Destaca o indicador da modalidade extrahoteleira, experimentando un incremento do 14,3% en número de viaxeiros.   Os primeiros meses de 2025 deixaron cifras positivas para o […]
08 de Abril de 2025

O programa ‘Anfitriones’ abre a súa XXVI edición impulsando o talento turístico

Inclúe formacións en sostibilidade, innovación, calidade, competencias dixitais e outras áreas de coñecemento.   A Secretaría de Estado de Turismo anunciou a posta en marcha da […]
31 de Marzo de 2025

Aberto o prazo para inscribirse nos workshops de Valencia e Oporto organizados polo Clúster Turismo de Galicia

Un máximo de 26 empresas poderá participar nas actividades que se desenvolverán os días 20 e 21 de maio. As inscricións están dispoñibles ata o 10 […]
Página anterior
123456789101112131415161718192021222324252627282930313233343536373839404142434445464748495051525354555657585960616263646566676869707172737475767778798081828384858687888990919293949596979899100101102103104105106107108109110111112113114115116117118119120121122123124125126127128129130131132133134135136137138139140141142143144145146147148149150151152153154155156157158159160161162163164165166167168169170171172173174175176177178179180181182183184185186187188189190191192193194195196197198199200201202203204205206207208209210211212213214215216217218219220221222223224225226227228229230231232233234235236237238239240241242243244245246247248249250251252253254255256257258259260261262263264265266267268269270271272273274275276277278279280281282283284285286287288289290291292293294295296297298299300301302303304305306307308309310311312313314315316317318319320321322323324325326327328329330331332333334335336337338339340341342343344345346347348349350351352353354355356357358359360361362363364365366367368369370371372373374375376377378379380381382383384385386387388389390391392393394395396397398399400401402403404405406407408409410411412413414415416417418419420421422423424425426427428429430431432433434435436437438439440441442443444445446447448449450451452453454455456457458459460461462463464465466467468469470471472473474475476477478479480481482483484485486487488489490491492493494495496497498499500501502503504505506507508509510511512513514515516517518519520521522523524525526527528529530531532533534535536537538539540541542543544545546547548549550551552553554555556557558559560561562563564565566567568569570571572573574575576577578579580581582583584585586587588589590591592593594595596597598599600601602603604605606607608609610611612613614615616617618619620621622623
Página siguiente