[:gl]Novas[:es]Noticias[:en]News[:]

Galicia dá un paso máis na súa estratexia de turismo sostible coa posta en marcha do novo hotel no faro de Cabo Silleiro, en Baiona. Trátase dun proxecto pioneiro na provincia de Pontevedra que combina a preservación patrimonial, o aproveitamento de infraestruturas públicas e un modelo turístico diferenciado, plenamente respectuoso coa contorna e co marco legal da Lei de Costas.

A concesión, promovida pola administración estatal e xestionada pola empresa Lighthouse Baiona, permite manter a función orixinal de sinalización marítima do faro, ao tempo que se integra unha oferta de aloxamento e restauración de calidade, pensada para un viaxeiro que busca experiencias singulares e auténticas.

O acto de inauguración contou coa presenza de diversas autoridades, entre elas o presidente do Clúster de Turismo de Galicia, Cesáreo Pardal, e o vicepresidente, Jesús Picallo. Ambos destacaron a relevancia deste tipo de iniciativas como exemplos de aproveitamento intelixente do espazo público e de aposta por un turismo que suma valor sen restar ao territorio.

“O novo uso do faro de Cabo Silleiro é unha mostra clara de como se pode facer turismo con respecto, xerando riqueza e diferenciación sen comprometer os recursos naturais nin o noso patrimonio cultural”, sinalou Cesáreo Pardal.

Pola súa banda, Jesús Picallo subliñou que “apostar por recuperar espazos emblemáticos con usos turísticos sostibles é unha forma de conectar o noso pasado coas novas demandas do viaxeiro actual, máis consciente e esixente”.

O novo hotel conta con 17 habitacións e diferentes espazos comúns distribuídos nunha concesión de máis de 2.800 m², ademais dunha parcela de preto de 1.900 m². Todo o complexo foi remodelado mantendo a esencia arquitectónica e a funcionalidade orixinal do faro, que continúa operativo.

Cabo Silleiro súmase así a outros proxectos de referencia como os faros de Punta Insua (Carnota) e Illa Pancha (Ribadeo), consolidando unha liña de actuación que promove a desestacionalización e a posta en valor do patrimonio litoral galego desde unha perspectiva sostible e innovadora.

23 de Abril de 2025

O faro de Cabo Silleiro convértese nun hotel sostible que aposta pola diferenciación e o aproveitamento responsable do patrimonio

Galicia dá un paso máis na súa estratexia de turismo sostible coa posta en marcha do novo hotel no faro de Cabo Silleiro, en Baiona. Trátase […]
23 de Abril de 2025

O Clúster de Turismo de Galicia reforza a súa colaboración coa Deputación de Ourense para impulsar o desenvolvemento turístico da provincia

O presidente do Clúster de Turismo de Galicia, Cesáreo González Pardal, mantivo un encontro institucional co presidente da Deputación de Ourense, Luis Menor, no Pazo Provincial, […]
23 de Abril de 2025

Galicia pecha a Semana Santa cunha ocupación media dun 58% con picos de ata o 78% nas xornadas da ponte

Supéranse as previsións iniciais con estancias medias de 4 noites e unha afluencia de turistas internacionais de máis do 21% Son datos do Sistema de Monitorizacion […]
14 de Abril de 2025

Galicia celebra unha Semana Santa chea tradición e atractivo turístico

A comunidade conta con 2 Festas de Interese Turístico Internacional e 7 Festas de Galicia de Interese Turístico.   A Semana Santa en Galicia volve consolidarse […]
Página anterior
123456789101112131415161718192021222324252627282930313233343536373839404142434445464748495051525354555657585960616263646566676869707172737475767778798081828384858687888990919293949596979899100101102103104105106107108109110111112113114115116117118119120121122123124125126127128129130131132133134135136137138139140141142143144145146147148149150151152153154155156157158159160161162163164165166167168169170171172173174175176177178179180181182183184185186187188189190191192193194195196197198199200201202203204205206207208209210211212213214215216217218219220221222223224225226227228229230231232233234235236237238239240241242243244245246247248249250251252253254255256257258259260261262263264265266267268269270271272273274275276277278279280281282283284285286287288289290291292293294295296297298299300301302303304305306307308309310311312313314315316317318319320321322323324325326327328329330331332333334335336337338339340341342343344345346347348349350351352353354355356357358359360361362363364365366367368369370371372373374375376377378379380381382383384385386387388389390391392393394395396397398399400401402403404405406407408409410411412413414415416417418419420421422423424425426427428429430431432433434435436437438439440441442443444445446447448449450451452453454455456457458459460461462463464465466467468469470471472473474475476477478479480481482483484485486487488489490491492493494495496497498499500501502503504505506507508509510511512513514515516517518519520521522523524525526527528529530531532533534535536537538539540541542543544545546547548549550551552553554555556557558559560561562563564565566567568569570571572573574575576577578579580581582583584585586587588589590591592593594595596597598599600601602603604605606607608609610611612613614615616617618619620621622623
Página siguiente