[:gl]Novas[:es]Noticias[:en]News[:]

  • O comité de avaliación aprobou o pasado venres, 11 de xullo, a incorporación de Casa Acuña, Hotel Spa Atlántico San Vicente do Mar e Hotel San Luis.
  • 15 novas experiencias súmanse á oferta da marca turística, que acumula xa máis de 170 escapadas sostibles.

 

A marca turística ‘Galicia Destino Sostible’ reforza o seu compromiso co turismo responsable ao incorporar recentemente tres novas empresas galegas: Casa Acuña, Hotel Spa Atlántico San Vicente do Mar e Hotel San Luis. Ademais disto, tamén se aprobou a incorporación de quince novas experiencias centradas na sostibilidade e o respecto pola contorna, que se suman ao catálogo xa existente do club.

 

Con estas novas altas, o club de produto continúa a consolidarse coma un espazo de referencia para o turismo sostible en Galicia, tanto polo número de empresas adheridas (máis de 140 na actualidade) como pola variedade e calidade das máis de 170 experiencias turísticas que ofrece, todas elas vinculadas ao respecto pola natureza, a identidade local e o benestar da comunidade.

 

  • Como podo adherirme a ‘Galicia Destino Sostible’?

 

As empresas interesadas en formar parte de ‘Galicia Destino Sostible’ poden iniciar o proceso de adhesión a través da web oficial, cumprindo cun dos requisitos habilitantes ou a totalidade dos obrigatorios e un terzo dos valorables. Unha vez aceptadas, poden xestionar as súas experiencias no portal e beneficiarse das vantaxes do club de forma totalmente gratuíta.

 

Desde a súa creación en 2022 por iniciativa do Clúster Turismo de Galicia co apoio da Xunta, o club promove unha rede de empresas que apostan pola sostibilidade como valor diferencial, visibilizando unha oferta turística responsable, diversa e en continuo crecemento.

14 de Xullo de 2025

O club de produto ‘Galicia Destino Sostible’ continúa a medrar con tres novas incorporacións e quince novas experiencias sostibles

O comité de avaliación aprobou o pasado venres, 11 de xullo, a incorporación de Casa Acuña, Hotel Spa Atlántico San Vicente do Mar e Hotel San Luis. 15 novas […]
14 de Xullo de 2025

Os Entroidos de Vilariño de Conso, Viana do Bolo e Manzaneda logran o recoñecemento nacional

O recoñecemento supón un paso importante para a súa promoción a nivel nacional e internacional.   Tres dos entroidos máis emblemáticos do oriente ourensán foron recoñecidos […]
14 de Xullo de 2025

Galicia revalida o seu éxito en Londres cun novo premio do público ao mellor xardín no Hampton Court Palace Garden Festival

Rosalía de Castro, Emilia Pardo Barán e Concepción Arenal, as protagonistas da proposta galega.   Galicia volveu a brillar no escenario internacional da xardinería ao recibir, […]
09 de Xullo de 2025

A Rapa das Bestas de Sabucedo, declarada Ben de Interese Cultural

Convértese nunha das festividades galegas con dobre distinción: Festa de Interese Turístico Internacional desde 2007 e, agora, Ben de Interese Cultural.   A Xunta de Galicia […]
Página anterior
123456789101112131415161718192021222324252627282930313233343536373839404142434445464748495051525354555657585960616263646566676869707172737475767778798081828384858687888990919293949596979899100101102103104105106107108109110111112113114115116117118119120121122123124125126127128129130131132133134135136137138139140141142143144145146147148149150151152153154155156157158159160161162163164165166167168169170171172173174175176177178179180181182183184185186187188189190191192193194195196197198199200201202203204205206207208209210211212213214215216217218219220221222223224225226227228229230231232233234235236237238239240241242243244245246247248249250251252253254255256257258259260261262263264265266267268269270271272273274275276277278279280281282283284285286287288289290291292293294295296297298299300301302303304305306307308309310311312313314315316317318319320321322323324325326327328329330331332333334335336337338339340341342343344345346347348349350351352353354355356357358359360361362363364365366367368369370371372373374375376377378379380381382383384385386387388389390391392393394395396397398399400401402403404405406407408409410411412413414415416417418419420421422423424425426427428429430431432433434435436437438439440441442443444445446447448449450451452453454455456457458459460461462463464465466467468469470471472473474475476477478479480481482483484485486487488489490491492493494495496497498499500501502503504505506507508509510511512513514515516517518519520521522523524525526527528529530531532533534535536537538539540541542543544545546547548549550551552553554555556557558559560561562563564565566567568569570571572573574575576577578579580581582583584585586587588589590591592593594595596597598599600601602603604605606607608609610611612613614615616617618619
Página siguiente