•  A iniciativa, froito da colaboración entre o Clúster de Turismo e a Xunta para aglutinar nunha mesma plataforma a oferta de turismo sostible da Comunidade, está a piques de cumprir tres anos de andaina 
  • Representantes das empresas adheridas á plataforma participaron hoxe, nas Bodegas Martín Codax, nun evento no que se abordaron os retos do turismo sostible 

 

O Clúster Turismo de Galicia reuniu hoxe aos integrantes do Club de Produto ‘Galicia Destino Sostible’ (GDS) nun evento, que baixo o lema “O valor de avanzar en común”, quixo poñer en valor o compromiso coa sustentabilidade en todas as súas vertentes das máis 130 empresas adheridas á iniciativa, que está a piques de cumprir tres anos.  

 

Na apertura do encontro interviñeron o presidente do Clúster Turismo de Galicia, Cesáreo Pardal; o director de Turismo de Galicia, Xosé Manuel Merelles, a deputada de Turismo da Deputación de Pontevedra, Nava Castro; e o alcalde de Cambados, Samuel Lago. O máximo responsable do Clúster sinalou que “Galicia Destino Sostible é moito máis que un proxecto, é unha filosofía compartida, un investimento de futuro para  o sector e para o noso territorio” e reafirmou o compromiso do Clúster de “traballar na súa evolución e mellora para convertelo nunha marca vinculada á excelencia”. Cesáreo Pardal adiantou que “queremos incrementar o seu alcance e o seu coñecemento, fóra e dentro de Galicia e por iso, un dos obxectivos deste año é o lanzamento dunha campaña de difusión para que os galegos e galegas coñezan de primeira man a oferta desta plataforma.”

 

A xornada, que se celebrou nas instalacións das Bodegas Martín Codax, puxo o foco nos retos do turismo sostible e na posta en común de boas prácticas, que os asistentes compartiron nunhas mesas participativas, nas que puideron intercambiar experiencias. O encontro rematou cunha cata, maridaxe, espazo de networking libre e a entrega dun kit de comunicación ás empresas adheridas. 

 

 

Plans de Acción 2024 e 2025

 

Na xornada expuxéronse, tamén, as actividades realizadas no marco do Plan de Acción do Club, como a campaña  dirixida ao mercado estadounidense; as campañas de difusión en redes sociais, a renovación do portal de GDS; a participación en viaxes de familiarización e prescrición con medios nacionais e internacionais; ou as actividades de formación e apoio á certificación da S de sustentabilidade. Ademais, avanzáronse as actuacións previstas para este ano, como a participación en diferentes feiras e workshops; a posta en marcha dunha nova campaña de difusión, as actividades de formación e asesoramento na certificación, así como actualización dos criterios de adhesión, para  adaptar ao Club á realidade actual e seguir mellorando o seu funcionamento.

 

 

14 de Maio de 2025

O Club de Produto Galicia Destino Sostible consolídase con máis de 130 empresas adheridas e 150 produtos

 A iniciativa, froito da colaboración entre o Clúster de Turismo e a Xunta para aglutinar nunha mesma plataforma a oferta de turismo sostible da Comunidade, está […]
12 de Maio de 2025

O Clúster Turismo de Galicia reafirma o seu compromiso coa formación profesional na súa visita ao CIFP Carlos Oroza

A comitiva estivo encabezada polo presidente da Agrupación industrial, Cesáreo Pardal.   O Consello Executivo do Clúster Turismo de Galicia, encabezado polo seu presidente Cesáreo Pardal […]
12 de Maio de 2025

Galicia impulsará o turismo termal con 7,8 millóns para novos hoteis balneario e talaso

O investimento canalizarase a través de dúas convocatorias diferentes, a primeira das cales xa saíu no DOG.   A Xunta de Galicia aprobou un investimento de […]
12 de Maio de 2025

Galicia reafirma o seu compromiso coa calidade ambiental: 191 distintivos azuis en 2025

108 bandeiras azuis para as praias galegas este ano.   Galicia contará este ano con 191 distintivos azuis, unha cifra que a consolida como a terceira […]
Página anterior
123456789101112131415161718192021222324252627282930313233343536373839404142434445464748495051525354555657585960616263646566676869707172737475767778798081828384858687888990919293949596979899100101102103104105106107108109110111112113114115116117118119120121122123124125126127128129130131132133134135136137138139140141142143144145146147148149150151152153154155156157158159160161162163164165166167168169170171172173174175176177178179180181182183184185186187188189190191192193194195196197198199200201202203204205206207208209210211212213214215216217218219220221222223224225226227228229230231232233234235236237238239240241242243244245246247248249250251252253254255256257258259260261262263264265266267268269270271272273274275276277278279280281282283284285286287288289290291292293294295296297298299300301302303304305306307308309310311312313314315316317318319320321322323324325326327328329330331332333334335336337338339340341342343344345346347348349350351352353354355356357358359360361362363364365366367368369370371372373374375376377378379380381382383384385386387388389390391392393394395396397398399400401402403404405406407408409410411412413414415416417418419420421422423424425426427428429430431432433434435436437438439440441442443444445446447448449450451452453454455456457458459460461462463464465466467468469470471472473474475476477478479480481482483484485486487488489490491492493494495496497498499500501502503504505506507508509510511512513514515516517518519520521522523524525526527528529530531532533534535536537538539540541542543544545546547548549550551552553554555556557558559560561562563564565566567568569570571572573574575576577578579580581582583584585586587588589590591592593594595596597598599600601602603604605606
Página siguiente