O convenio de colaboración entre a Asociación Galega de Axencias de Turismo (AGAVI) e a Axencia de Turismo de Galicia tamén permitiu a creación de 200 novos produtos turísticos adaptados á situación actual

Un total de 871 viaxes con destino fóra de Galicia e que tiveron que ser cancelados por mor da pandemia foron redirixidos a destinos desta comunidade autónoma grazas ao convenio de colaboración asinado pola Asociación Galega de Axencias de Viaxes e a Axencia de Turismo de Galicia.

Cunha dotación de 300.000 euros creouse o acordo con tres obxectivos principais: por unha banda, redirixir a Galicia viaxes que tiñan outros destinos; por outra banda, crear novos produtos turísticos adaptados á nova situación e, en terceiro lugar, a creación dun equipo legal ao que calquera axencia de viaxes de Galicia poida plantexar as súas dúbidas de xeito gratuíto.

As axencias que solicitaron a axuda incluída no acordo crearon ata o momento 400 novos produtos, que agora poden ser contratados. Trátase de paquetes moi relacionados cos signos de identidade de Galicia, como os Camiños de Santiago, os balnearios ou o turismo rural, adaptados ás novas demandas.

O presidente de AGAVI, Juan Rivadulla, valorou positivamente os resultados do acordo e explicou que, neste momento, o traballo das axencias está practicamente paralizado. Neste sentido, esixiu que “haxa unha acción decidida e coordinada por parte de todas as Administracións para garantir que, durante este período de inactividade, sexa posible manter vivo o negocio”.

Rivadulla lembrou que “a crise da pandemia comezou para as axencias de viaxes incluso antes de que aparecese o virus ou houbese que tomar medidas” posto que “había miles de persoas que xa tiñan contratado e pagado viaxes que finalmente tiveron que ser suspendidas”.

24 de Novembro de 2020

As axencias de viaxes galegas redirixen a Galicia 900 viaxes que tiñan outros destinos e foran canceladas

O convenio de colaboración entre a Asociación Galega de Axencias de Turismo (AGAVI) e a Axencia de Turismo de Galicia tamén permitiu a creación de 200 […]
24 de Novembro de 2020

O presidente do Clúster Turismo de Galicia e a presidenta da Deputación de Pontevedra presentan a xornada “Reinventando o presente”

Expertos e profesionais falarán os días 17 e 18 de decembro en Pontevedra sobre o uso das novas tecnoloxías e os retos do turismo post-Covid A […]
23 de Novembro de 2020

O Clúster de Turismo de Galicia convoca un seminario web para explicar as axudas da Xunta ao sector debido á crise do Covid-19

Está dirixido a traballadores, autónomos e microempresas, así como aos afectados polos peches da hostalería O Clúster de Turismo de Galicia celebrará o vindeiro xoves 26 […]
21 de Novembro de 2020

A Xunta e o Clúster amplían a duración do bono “Quedamos en Galicia” e anuncian que a iniciativa renovarase o próximo ano

As medidas para deter a pandemia impediron que unhas 2.000 persoas puidesen usar o bono O vicepresidente primeiro da Xunta e coinselleiro de Turismo, Alfonso Rueda, […]
Página anterior
123456789101112131415161718192021222324252627282930313233343536373839404142434445464748495051525354555657585960616263646566676869707172737475767778798081828384858687888990919293949596979899100101102103104105106107108109110111112113114115116117118119120121122123124125126127128129130131132133134135136137138139140141142143144145146147148149150151152153154155156157158159160161162163164165166167168169170171172173174175176177178179180181182183184185186187188189190191192193194195196197198199200201202203204205206207208209210211212213214215216217218219220221222223224225226227228229230231232233234235236237238239240241242243244245246247248249250251252253254255256257258259260261262263264265266267268269270271272273274275276277278279280281282283284285286287288289290291292293294295296297298299300301302303304305306307308309310311312313314315316317318319320321322323324325326327328329330331332333334335336337338339340341342343344345346347348349350351352353354355356357358359360361362363364365366367368369370371372373374375376377378379380381382383384385386387388389390391392393394395396397398399400401402403404405406407408409410411412413414415416417418419420421422423424425426427428429430431432433434435436437438439440441442443444445446447448449450451452453454455456457458459460461462463464465466467468469470471472473474475476477478479480481482483484485486487488489490491492493494495496497498499500501502503504505506507508509510511512513514515516517518519520521522523524525526527528529530531532533534535536537538539540541542543544545546547548549550551552553554555556557558559560561562563564565566567568569570571572573574575576577578579580581582583584585586587588589590591592593594595596597598599600601602
Página siguiente