Eloy Cancela e Kike Piñeiro, da Horta d’Obradoiro, poñerán a nota de sabor nas Palmas e Tenerife, e Iván Domínguez, de Nado, fará o propio na cidade portuguesa.

 

A gastronomía é unha das grandes bazas de Galicia á hora de atraer turistas. As delicias da nosa cociña son citadas de forma habitual polos visitantes entre as razóns principais para percorrer esta terra. Por iso, nas presentacións programadas polo Clúster Turismo de Galicia coa colaboración da Xunta de Galicia a través da Axencia Turismo de Galicia para o mes de maio nas Illas Canarias e en Portugal o apartado culinario tamén estará moi presente e farao ademais da man de reputados e premiados representantes do sector da restauración galega.

 

Kike Piñeiro e Eloy Cancela, os responsables do restaurante compostelán A Horta d’Obradoiro, serán os encargados de conquistar coas súas viandas aos representantes das axencias de viaxes de Las Palmas de Gran Canaria e Santa Cruz de Tenerife e aos empresarios galegos que ata alí desprácense co Clúster para participar nas presentacións e os workshops previstos para o martes 10 e o mércores 11. “Unha cociña sinxela e de sabores auténticos, de profundo respecto ao produto é o que atopamos detrás da Horta d’Obradoiro, un soño feito realidade no que está o traballo de dous cociñeiros e amigos”, así definen a súa proposta gastronómica os responsables deste establecemento recomendado polas guías Michelin e Repsol.

 

Unha semana máis tarde, o xoves 19, O Porto acollerá unha nova presentación de Galicia e un workshop que reunirá a empresarios turísticos galegos con axencias locais. E de novo, a gastronomía deste lado do río Miño volverá estar moi ben representada por un destacado cociñeiro: Iván Domínguez. Despois de defender con éxito a estrela  Michelin do restaurante coruñés Alborada ata o seu peche no ano 2018, Domínguez afronta agora desde Nado un ambicioso proxecto propio dacabalo entre A Coruña e Madrid que ten como razón de ser “as texturas, sabores e cores do océano que baña Galicia”.

02 de Maio de 2022

Representantes da mellor gastronomía galega acompañarán o Clúster nas presentacións programadas nas Illas Canarias e no Porto

Eloy Cancela e Kike Piñeiro, da Horta d’Obradoiro, poñerán a nota de sabor nas Palmas e Tenerife, e Iván Domínguez, de Nado, fará o propio na […]
30 de Abril de 2022

Os hoteis galegos rozaron durante marzo as cifras prepandemia de visitantes e noites pasadas

Os datos do INE reflicten un incremento de máis do 100 % con respecto ao mesmo mes do ano pasado.   O sector turístico galego segue […]
29 de Abril de 2022

As vilas que conxugan turismo e preservación volverán ter recoñecemento por parte da Organización Mundial do Turismo

A OMT acaba de poñer en marcha a segunda edición da iniciativa  Best  Turism  Villages.   Baixo a premisa de converter o turismo nun motor para […]
28 de Abril de 2022

O Clúster Turismo de Galicia mostra o seu total rexeitamento ao decreto de rexistro en aloxamentos e reclama unha inmediata moratoria da súa entrada en vigor e unha revisión en profundidade

O Real Decreto, que entrou en vigor onte, triplica a información que as persoas físicas ou xurídicas que exercen actividades de hospedaxe e alugueiro de vehículos […]
Página anterior
123456789101112131415161718192021222324252627282930313233343536373839404142434445464748495051525354555657585960616263646566676869707172737475767778798081828384858687888990919293949596979899100101102103104105106107108109110111112113114115116117118119120121122123124125126127128129130131132133134135136137138139140141142143144145146147148149150151152153154155156157158159160161162163164165166167168169170171172173174175176177178179180181182183184185186187188189190191192193194195196197198199200201202203204205206207208209210211212213214215216217218219220221222223224225226227228229230231232233234235236237238239240241242243244245246247248249250251252253254255256257258259260261262263264265266267268269270271272273274275276277278279280281282283284285286287288289290291292293294295296297298299300301302303304305306307308309310311312313314315316317318319320321322323324325326327328329330331332333334335336337338339340341342343344345346347348349350351352353354355356357358359360361362363364365366367368369370371372373374375376377378379380381382383384385386387388389390391392393394395396397398399400401402403404405406407408409410411412413414415416417418419420421422423424425426427428429430431432433434435436437438439440441442443444445446447448449450451452453454455456457458459460461462463464465466467468469470471472473474475476477478479480481482483484485486487488489490491492493494495496497498499500501502503504505506507508509510511512513514515516517518519520521522523524525526527528529530531532533534535536537538539540541542543544545546547548549550551552553554555556557558559560561562563564565566567568569570571572573574575576577578579580581582583584585586587588589590591592593594595596597598599600601602603604605606
Página siguiente