O Club de Produto Galicia Destino Sostible centrou o labor de difusión realizada na feira coruñesa desde o stand do Clúster.

 

O vicepresidente da entidade, Jesús Picallo, destacou durante a súa intervención no acto inaugural a responsabilidade e o compromiso do sector turístico.

 

O Clúster Turismo de Galicia tivo un papel destacado na cuarta edición de BioCultura, a feira celebrada na Coruña desde o venres 3 ao domingo 5 para promocionar os produtos ecolóxicos e o ecoturismo. O vicepresidente da entidade, Jesús Picallo, foi o encargado de dar voz ao sector turístico no acto inaugural cunha intervención na que puxo de relevo o compromiso das empresas do ramo coa sustentabilidade e un desfrute do territorio marcado polo respecto e o coidado dos seus recursos.

 

“O turismo sostible é o único posible e é a nosa responsabilidade como sector asumir ese reto”, explicou Jesús Picallo para apuntar que “desde o Clúster Turismo de Galicia apostamos polo desenvolvemento de produtos turísticos aliñados cos principios da sustentabilidade, porque somos conscientes de que os nosos recursos turísticos son únicos e o noso deber é preservalos para as xeracións futuras”. Ademais, detallou que, “nesta liña desde o Clúster, en colaboración coa Administración Pública Autonómica, puxemos en marcha a plataforma Galicia Destino Sostible, unha iniciativa coa que buscamos integrar a totalidade da oferta turística sostible da nosa comunidade, poñela en valor e incrementar as súas posibilidades de difusión e comercialización”.

 

Precisamente, ademais, o Club de Produto Galicia Destino Sostible foi o gran protagonista do stand do Clúster en BioCultura, un espazo que durante tres días serviu para dar a coñecer a ampla oferta de empresas e propostas que integran xa esta iniciativa: “Desde o seu arranque, en xullo pasado, conta xa con 70 empresas adheridas e 150 produtos, dispoñibles no portal galiciadestinosostible.com. Coa súa adhesión estas empresas súmanse tamén ao compromiso con Galicia no seu sentido máis amplo: compromiso coa natureza, a aposta por enerxías renovables, a economía circular, a dixitalización; e o apoio ao desenvolvemento social e cultural local. Este é o turismo que queremos para Galicia, o que suma e o que xera beneficio para outros sectores, o que encaixa no modelo de economía sostible, que é a única posible para seguir avanzando e afrontar os desafíos que como sociedade temos por diante. Con este obxectivo traballamos, sumando esforzos e vontades para conseguilo”, apuntou tamén Jesús Picallo na inauguración da feira coruñesa.

 

04 de Marzo de 2023

O Clúster avogou desde BioCultura polo turismo sostible

O Club de Produto Galicia Destino Sostible centrou o labor de difusión realizada na feira coruñesa desde o stand do Clúster.   O vicepresidente da entidade, […]
03 de Marzo de 2023

Ourense albergará a nova Área de Turismo Termal da Xunta

O departamento, dependente de Turismo de Galicia, encargarase da proxección da comunidade no exterior como potencia en termalismo.   A Xunta de Galicia vai crear un […]
01 de Marzo de 2023

Brillo de Soles Repsol para os restaurantes galegos

Omakase (A Coruña) e Terra (Fisterra) estrean o seu primeiro sol, e O Camiño do Inglés (Ferrol) e O Pazo (Padrón) suman xa dúas distincións.   […]
25 de Febreiro de 2023

O turismo sostible volverá ter premio en Lugo

O Consello Provincial de Turismo lucense aprobou a continuidade do galardón entregado por primeira vez o ano pasado.   Por segundo ano consecutivo, o turismo sostible […]
Página anterior
123456789101112131415161718192021222324252627282930313233343536373839404142434445464748495051525354555657585960616263646566676869707172737475767778798081828384858687888990919293949596979899100101102103104105106107108109110111112113114115116117118119120121122123124125126127128129130131132133134135136137138139140141142143144145146147148149150151152153154155156157158159160161162163164165166167168169170171172173174175176177178179180181182183184185186187188189190191192193194195196197198199200201202203204205206207208209210211212213214215216217218219220221222223224225226227228229230231232233234235236237238239240241242243244245246247248249250251252253254255256257258259260261262263264265266267268269270271272273274275276277278279280281282283284285286287288289290291292293294295296297298299300301302303304305306307308309310311312313314315316317318319320321322323324325326327328329330331332333334335336337338339340341342343344345346347348349350351352353354355356357358359360361362363364365366367368369370371372373374375376377378379380381382383384385386387388389390391392393394395396397398399400401402403404405406407408409410411412413414415416417418419420421422423424425426427428429430431432433434435436437438439440441442443444445446447448449450451452453454455456457458459460461462463464465466467468469470471472473474475476477478479480481482483484485486487488489490491492493494495496497498499500501502503504505506507508509510511512513514515516517518519520521522523524525526527528529530531532533534535536537538539540541542543544545546547548549550551552553554555556557558559560561562563564565566567568569570571572573574575576577578579580581582583584585586587588589590591592593594595596597598599600601602603604605606
Página siguiente