• A Organización Mundial do Turismo (OMT) convida a unirse á celebración do 27 de setembro investindo nas persoas, no planeta e na prosperidade.

 

Comeza a conta atrás para celebrar o Día Mundial do Turismo, que se conmemora cada 27 de setembro desde o ano 1980. O seu propósito é concienciar á comunidade internacional acerca do valor social, cultural, político e económico do turismo.

 

Este ano os actos promovidos pola Organización Mundial do Turismo (OMT) desenvolveranse baixo o lema “Turismo e investimentos verdes” co obxectivo de prestar un mellor apoio ao cumprimento con éxito da Axenda 2030 e os Obxectivos de Desenvolvemento Sostible.

 

A OMT considera a interrupción global que supuxo a COVID-19 no sector turístico unha oportunidade para redefinir e calibrar a dirección e o discurso adoptado nos investimentos turísticos. Deste xeito, os investimentos convértense nunha das prioridades clave para a recuperación do turismo e o crecemento e desenvolvemento futuros.

 

A Organización Mundial do Turismo destaca que é preciso contar con máis inversións e mellor orientadas para que o turismo poida levar á práctica as súas posibilidades de ofrecer oportunidades ás persoas, crear resiliencia, acelerar as medidas climáticas, unha maior sustentabilidade para o planeta e achegar unha prosperidade inclusiva en torno aos piares da innovación e emprendemento.

 

A celebración do día internacional do turismo poñerá en valor a necesidade de investir en proxectos que funcionen para as persoas (investindo en educación e aptitudes), o planeta (investindo nas infraestruturas sostibles e acelerando a transformación verde), e a prosperidade (investindo en innovación, tecnoloxía e emprendemento).

08 de Agosto de 2023

“Turismo e investimentos verdes”, lema do Día Mundial do Turismo 2023

A Organización Mundial do Turismo (OMT) convida a unirse á celebración do 27 de setembro investindo nas persoas, no planeta e na prosperidade.   Comeza a […]
08 de Agosto de 2023

Aberta a convocatoria de axudas do programa ‘Experiencias Turismo España’

O programa busca impulsar proxectos de redes de actores que desenvolvan experiencias turísticas sostibles, dixitais, integradoras e competitivas. O prazo de solicitudes está aberto ata o […]
08 de Agosto de 2023

Galicia aposta pola promoción turística conxunta coa marca España Verde

A semana pasada tivo lugar a comisión de seguimento desta marca turística, da que forman parte Galicia, Asturias, Cantabria, País Vasco, e Turespaña.   O encontro […]
01 de Agosto de 2023

Cinco novas empresas súmanse ao Club de Produto Galicia Destino Sostible

Hostal Bela Muxía, Galping Pedalsurf, Hotel Ría Mar, Nordes Kayak e Attica 21 Coruña son as cinco novas empresas que xa forman parte do club Galicia […]
Página anterior
123456789101112131415161718192021222324252627282930313233343536373839404142434445464748495051525354555657585960616263646566676869707172737475767778798081828384858687888990919293949596979899100101102103104105106107108109110111112113114115116117118119120121122123124125126127128129130131132133134135136137138139140141142143144145146147148149150151152153154155156157158159160161162163164165166167168169170171172173174175176177178179180181182183184185186187188189190191192193194195196197198199200201202203204205206207208209210211212213214215216217218219220221222223224225226227228229230231232233234235236237238239240241242243244245246247248249250251252253254255256257258259260261262263264265266267268269270271272273274275276277278279280281282283284285286287288289290291292293294295296297298299300301302303304305306307308309310311312313314315316317318319320321322323324325326327328329330331332333334335336337338339340341342343344345346347348349350351352353354355356357358359360361362363364365366367368369370371372373374375376377378379380381382383384385386387388389390391392393394395396397398399400401402403404405406407408409410411412413414415416417418419420421422423424425426427428429430431432433434435436437438439440441442443444445446447448449450451452453454455456457458459460461462463464465466467468469470471472473474475476477478479480481482483484485486487488489490491492493494495496497498499500501502503504505506507508509510511512513514515516517518519520521522523524525526527528529530531532533534535536537538539540541542543544545546547548549550551552553554555556557558559560561562563564565566567568569570571572573574575576577578579580581582583584585586587588589590591592593594595596597598599600601602
Página siguiente