[:gl]Novas[:es]Noticias[:en]News[:]

Medio centenar de expertos constataron o enorme potencial de Galicia para o desenvolvemento deste tipo de turismo

Profesionalización e estruturación do sector e a da súa comercialización, principais retos para o turismo activo galego

A constatación de que aínda non existe unha marca de turismo activo nin un sector profesionalizado nin organizado en Galicia xunto co enorme potencial do noso territorio cunha imaxe fortemente vinculado á paisaxe e a natureza foron algunhas das conclusións que se extraeron na Xornada Novo Turismo Activo en Galicia, impulsada polo Clúster Turismo de Galicia en colaboración con Turismo de Galicia e Galicia Destino Activo, que se celebrou esta mañá no Balneario Caldaria-Laias, en Cenlle.

“Hai bastantes empresas de turismo activo que están a facer as cousas moi ben en Galicia pero fáltanos moita información sobre a situación real deste sector en Galicia, temos que estruturalo, profesionalizarnos e situarnos como marca, primeiro a nivel interno e nacional”, explicou Agustín Rico, representante da Asociación de Empresas de Turismo Activo e de Natureza, AGETAN, que afirmou que o “potencial galego é enorme, coa gran vantaxe de que os recursos están distribuídos por todo o territorio”. “Ben estruturado e cunha boa comercialización, o impacto do turismo activo en Galicia é enorme, tanto como oferta complementaria ou como motivador principal da chegada de viaxeiros que buscan este tipo de experiencias”.

Medio centenar de profesionais e tres mesas de traballo
Na xornada, na que se deron cita medio centenar de profesionais, dividiuse en dous partes, unha primeira de análise de situación e de presentación dun caso de éxito de organización dun destino turístico activo como é o de Prepyr365, nos Pireneos aragoneses, que puxeron en marcha un destino paraugas para superar a atomización da oferta de microdestino, traballando conxuntamente para situar a marca e incrementar o fluxo de visitantes. “Os empresarios debemos ser os propios embaixadores do noso produto, os que máis creamos no noso produto e apostar polo posicionamento dunha marca potente”, asegurou Javier García, presidente da Asociación Prepyr365.

Precisamente a cooperación público-privada e a posta en valor destes recursos foi un dos aspectos que destacou o secretario do Clúster Turismo de Galicia, Cesáreo Pardal, que interveu na inauguración da xornada, na que tamén tomou parte o director de Competitividade de Turismo de Galicia, José Luís Mestre e o alcalde de Cenlle, Javier Alén, que destacou tamén a necesidade de superar localismos e traballar conxuntamente na explotación sustentable dos recursos turísticos galegos. Neste sentido, Mestre tamén incidiu na necesidade de traballar nunha etiqueta verde específica vinculada ao turismo activo e sustentable. Ademais, defendeu na súa intervención a necesidade de diferenciar a libre práctica deste tipo de turismo e a súa comercialización, un tema que xerou moitos comentarios na mesa de debate coa que se pechou a xornada, na que participaron o profesor e responsable do Master de Turismo de Ourense, José Antonio Fraiz, e o responsable da oficina técnica de Prepyr365, Adrián Tejero.

Ademais, e desarollándose en Ourense e nun balneario, a xornada tamén prestou atención á creación de sinerxías entre o turismo activo e o turismo termal, elemento diferenciador desta provincia, que foi unha das temáticas das mesas de traballo que se desenvolveron de forma paralela á mesa de debate. Xunto a esta mesa de traballo desenvolvéronse outras dúas, vinculadas á competitividade e á promoción e comercialización deste tipo de turismo co obxectivo de implicar a toda a cadea de valor do turismo, creando sinerxías entre os diferentes axentes e establecendo unha comunicación a longo prazo que mellore a implementación do turismo activo en Galicia.

29 de Xuño de 2017

Situar a marca Galicia Turismo Activo, un dos obxectivos fixados tras a xornada turismo activo celebrada en Ourense

Medio centenar de expertos constataron o enorme potencial de Galicia para o desenvolvemento deste tipo de turismo Profesionalización e estruturación do sector e a da súa […]
28 de Xuño de 2017

Análise de Galicia Turismo Rural para construír un sector de futuro

FEGATUR recolle na súa web o estudo desenvolvido pola marca Galicia Turismo Rural para coñecer mellor as características deste sector, a súa distribución xeográfica e as […]
26 de Xuño de 2017

Combarro, capital das embarcacións tradicionais

A localidade pontevedresa acolle o XIII Encontro de Embarcacións Tradicionais de Galicia, que se celebra do 29 de xuño ao 2 de xullo Co obxectivo de […]
26 de Xuño de 2017

Maio augura boas cifras de ocupación e mellora da rendibilidade dos establecementos galegos en verán

Nos cinco primeiros meses do ano Galicia recibiu 1,3 millóns de turistas Cunha suba de 2,5% na porcentaxe de viaxeiros e do 5,6% no de pasas […]
Página anterior
123456789101112131415161718192021222324252627282930313233343536373839404142434445464748495051525354555657585960616263646566676869707172737475767778798081828384858687888990919293949596979899100101102103104105106107108109110111112113114115116117118119120121122123124125126127128129130131132133134135136137138139140141142143144145146147148149150151152153154155156157158159160161162163164165166167168169170171172173174175176177178179180181182183184185186187188189190191192193194195196197198199200201202203204205206207208209210211212213214215216217218219220221222223224225226227228229230231232233234235236237238239240241242243244245246247248249250251252253254255256257258259260261262263264265266267268269270271272273274275276277278279280281282283284285286287288289290291292293294295296297298299300301302303304305306307308309310311312313314315316317318319320321322323324325326327328329330331332333334335336337338339340341342343344345346347348349350351352353354355356357358359360361362363364365366367368369370371372373374375376377378379380381382383384385386387388389390391392393394395396397398399400401402403404405406407408409410411412413414415416417418419420421422423424425426427428429430431432433434435436437438439440441442443444445446447448449450451452453454455456457458459460461462463464465466467468469470471472473474475476477478479480481482483484485486487488489490491492493494495496497498499500501502503504505506507508509510511512513514515516517518519520521522523524525526527528529530531532533534535536537538539540541542543544545546547548549550551552553554555556557558559560561562563564565566567568569570571572573574575576577578579580581582583584585586587588589590591592593594595596597598599600601602603604605606607608609610611612613614615616617618619620621622623624625626627628629630631
Página siguiente