Relatorios en streaming e congresos e reunións a distancia ou mixtas a través da tecnoloxía habilitada no novo centro Galicia MICE, que xa celebrou os seus primeiros congresos virtuais co obxectivo de dar unha resposta ás novas necesidades do turismo de negocio debidas ás restricións impostas pola Covid-19. O centro situado na Cidade da Cultura de Galica, en Santiago, conta cun estudo con estudios de diferentes aforamento que sitúa a capital galega no negocio dos congresos, reunións e eventos virtuais. Nado ao amparo do acordo alcanzado o pasado xullo entre a Consellería de Cultura e Turismo e a Asociación de Organizacións Profesionais de Congreso de Galicia e por tanto o único de toda España creado mediante a colaboración público-privada cos profesionais do sector está dirixido a crear unha estrutura técnica que lle permitirá a Galicia, e máis concretamente a Santiago, poder captar a organización de feiras, congresos e reunións cumprindo as medidas de seguridade e de distancia sociais derivadas da pandemia de coronavirus.
O centro é pois unha resposta para desenvolver todo tipo de eventos, como congresos, presentacións ou reunións corporativas tal e como impón a nova normalidade derivada da situación xerada polo coronavirus, ofrecendo un espazo alternativo ás salas, auditorios ou recintos tradicionais para albergar reunións, podendo celebrar eventos MICE totalmente online, mixtos ou presenciais.
Dotación e espazo técnico
O estudo conta con dous postos ou sets que simulan estudos de televisión, dotados con cámaras HD, pantallas led e todo tipo de material profesional para poder celebrar eventos virtuais ou híbridos, pero tamén os estritamente presenciais, pois os estudios contan tamén cunha ampla zona para acomodar ao público que asista. A diferenza entre os dous estudios de que dispón en Galicia MICE radica, basicamente, no tamaño e os medios virtuais. O set número uno dispón como pano de fondo dunha pantalla led curva de amplas dimensións (9 por 3 metros), así como columnas de iluminación. No segundo set, a pantalla curva é substituída por dous monitores de gran formato que permiten manter fondos animados ou vídeos durante unha presentación. Ambos os postos dispoñen dunha canle de streaming para 1.000 asistentes, e a posibilidade e realizar videoconferencias con capacidade para 500 conexións.