[:gl]Novas[:es]Noticias[:en]News[:]

  • Gran Hotel os Abetos e Hotel Ria Mar son as dúas novas incorporacións que forman parte de Galicia Destino Familiar.
  • Este proxecto conta, actualmente, con máis de 50 empresas adheridas, e segue aberta a recibir novos membros.

A iniciativa, impulsada polo Clúster Turismo de Galicia, ten como obxectivo establecer estratexias que promovan a posición de Galicia como un destino de referencia para o turismo en familia. Isto lógrase mediante unha colaboración conxunta dos establecementos especializados no segmento familiar, de maneira que o público obxectivo poida identificar facilmente hoteis, restaurantes, casas de turismo rural, entre outros, que ofrezan instalacións, actividades e servizos adaptados especialmente para as familias. Os seus obxectivos específicos son: consolidar a imaxe de Galicia como o destino preferido para o turismo en familia, desenvolver un proxecto que involucre a todos os compoñentes da cadea de valor turística, fomentar a lealdade dos turistas que viaxan en familia, impulsar iniciativas para reducir a estacionalidade no sector turístico e facilitar a colaboración entre organizacións que cumpran as necesidades específicas deste segmento.

 

Formar parte desta rede ofréceche multitude de vantaxes: recoñecemento de calidade familiar, unha maior visibilidade, maior promoción, participación na mellora do sector, e unha maior presenza. Unha vez formes parte de Galicia Destino Familiar, posicionaraste como establecemento familiar diferencial fronte a outros. Desta maneira os teus clientes potenciais poderante localizar con maior facilidade.

 

Como formar parte da rede de establecementos adheridos a Galicia Familiar?

 

Se tes un establecemento ou desenvolves unha actividade de calidade apta para familias e queres adherirte a Galicia Destino Familiar, deberás solicitar unirte ao programa, enviar cubertas a solicitude e a declaración de autoavaliación que previamente se remitirá e, se cumpres os requisitos, entrarás a formar parte deste selo. Unha vez adherido, recibirás o documento acreditativo e o manual de uso da marca nas túas comunicacións. A túa actividade incorporarase ás plataformas Web e App, e demais accións de difusión da rede.

13 de Setembro de 2023

Dúas novas empresas súmanse ao proxecto Galicia Destino Familiar

Gran Hotel os Abetos e Hotel Ria Mar son as dúas novas incorporacións que forman parte de Galicia Destino Familiar. Este proxecto conta, actualmente, con máis […]
13 de Setembro de 2023

Outono gastronómico

As casas de Turismo Rural de Galicia celebran, desde o 15 de setembro ata o 17 de decembro de 2023, a decimoséptima edición do Outono Gastronómico, […]
13 de Setembro de 2023

O Clúster amplía o prazo de inscrición para a TTG Incontri Rímini

A próxima edición da feira internacional TTG Incontri Rímini celebrarase os días 11, 12 e 13 de outubro. Os interesados poderán anotarse ata o 19 de […]
05 de Setembro de 2023

O sector turístico galego pecha o verán cunha ocupación que acadou picos do 80% en xullo e do 90% en agosto

A sondaxe realizada polo Clúster Turismo de Galicia destaca o incremento de turistas internacionais, especialmente americanos, franceses e italianos. O sector apunta un aumento do emprego […]
Página anterior
123456789101112131415161718192021222324252627282930313233343536373839404142434445464748495051525354555657585960616263646566676869707172737475767778798081828384858687888990919293949596979899100101102103104105106107108109110111112113114115116117118119120121122123124125126127128129130131132133134135136137138139140141142143144145146147148149150151152153154155156157158159160161162163164165166167168169170171172173174175176177178179180181182183184185186187188189190191192193194195196197198199200201202203204205206207208209210211212213214215216217218219220221222223224225226227228229230231232233234235236237238239240241242243244245246247248249250251252253254255256257258259260261262263264265266267268269270271272273274275276277278279280281282283284285286287288289290291292293294295296297298299300301302303304305306307308309310311312313314315316317318319320321322323324325326327328329330331332333334335336337338339340341342343344345346347348349350351352353354355356357358359360361362363364365366367368369370371372373374375376377378379380381382383384385386387388389390391392393394395396397398399400401402403404405406407408409410411412413414415416417418419420421422423424425426427428429430431432433434435436437438439440441442443444445446447448449450451452453454455456457458459460461462463464465466467468469470471472473474475476477478479480481482483484485486487488489490491492493494495496497498499500501502503504505506507508509510511512513514515516517518519520521522523524525526527528529530531532533534535536537538539540541542543544545546547548549550551552553554555556557558559560561562563564565566567568569570571572573574575576577578579580581582583584585586587588589590591592593594595596597598599600601602603604605606607608609610611612613614615616617618619
Página siguiente