[:gl]Novas[:es]Noticias[:en]News[:]

  • A Secretaría de Estado de Turismo e a Federación Española de Municipios e Provincias seleccionaron a seis institucións supramunicipais para este galardón.

 

A Xunta de Galicia, coa Axencia Turismo de Galicia, é unha das seis candidatas a converterse na mellor administración supramunicipal española na implantación de sistemas de calidade turística no seu territorio. Cada ano, a Secretaría de Estado de Turismo, xunto coa Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP) recoñecen publicamente o labor realizado por profesionais, institucións, servizos turísticos e destinos pola mellora da calidade na xestión.

 

A organización valora o traballo levado a cabo por Turismo de Galicia na promoción, difusión e apoio na implantación de sistemas de calidade tanto en empresas como en destinos galegos. Máis concretamente, pon en valor o traballo no desenvolvemento do Sistema Integral da Calidade Turística Española en Destinos (SICTED), o proxecto que mellora a calidade dos destinos turísticos en España. Galicia participa no grupo de Calidade Turística Española, no seguimento, desenvolvemento e mellora do modelo SICTED desde o 2002. Agora, a Comunidade conta con 19 destinos SICTED, e máis de 1.300 servizos turísticos adheridos e recoñecidos co selo de calidade turística.

 

A candidatura galega tamén ten en conta a participación dos técnicos de calidade dos destinos e a análise de resultados da actividade turística levada a cabo pola Área de Estudos Turísticos e Investigación. O gañador darase a coñecer o vindeiro mes de xaneiro, durante a feira de turismo Fitur 2024.

05 de Decembro de 2023

A Axencia Turismo de Galicia, candidata a mellor administración pública na implantación da calidade turística no seu territorio

A Secretaría de Estado de Turismo e a Federación Española de Municipios e Provincias seleccionaron a seis institucións supramunicipais para este galardón.   A Xunta de […]
28 de Novembro de 2023

Cesáreo Pardal “A Intelixencia Artificial abre un amplo abano de posibilidades para incrementar a competitividade e a sostibilidade do sector turístico”

O presidente do Clúster Turismo de Galicia interveu na inauguración da xornada “rIAs baixas: O camiño dos algoritmos”, organizada en colaboración coa Deputación de Pontevedra e […]
28 de Novembro de 2023

O bono Xacobeo Xove, ampliado ata 2024

A Xunta de Galicia anunciou a ampliación deste bono turístico, do que agora tamén se poderán beneficiar os mozos de entre 12 e 30 anos que […]
28 de Novembro de 2023

Clúster de Turismo e Turismo de Galicia afrontan a fase final do proceso participativo de diagnóstico do sector

O proceso participativo co que se está a elaborar a diagnose do sector turístico galego entra esta semana na súa fase final   Clúster de Turismo […]
Página anterior
123456789101112131415161718192021222324252627282930313233343536373839404142434445464748495051525354555657585960616263646566676869707172737475767778798081828384858687888990919293949596979899100101102103104105106107108109110111112113114115116117118119120121122123124125126127128129130131132133134135136137138139140141142143144145146147148149150151152153154155156157158159160161162163164165166167168169170171172173174175176177178179180181182183184185186187188189190191192193194195196197198199200201202203204205206207208209210211212213214215216217218219220221222223224225226227228229230231232233234235236237238239240241242243244245246247248249250251252253254255256257258259260261262263264265266267268269270271272273274275276277278279280281282283284285286287288289290291292293294295296297298299300301302303304305306307308309310311312313314315316317318319320321322323324325326327328329330331332333334335336337338339340341342343344345346347348349350351352353354355356357358359360361362363364365366367368369370371372373374375376377378379380381382383384385386387388389390391392393394395396397398399400401402403404405406407408409410411412413414415416417418419420421422423424425426427428429430431432433434435436437438439440441442443444445446447448449450451452453454455456457458459460461462463464465466467468469470471472473474475476477478479480481482483484485486487488489490491492493494495496497498499500501502503504505506507508509510511512513514515516517518519520521522523524525526527528529530531532533534535536537538539540541542543544545546547548549550551552553554555556557558559560561562563564565566567568569570571572573574575576577578579580581582583584585586587588589590591592593594595596597598599600601602603604605606607608609610611612613614615616617618619
Página siguiente