Nos sete primeiros meses deste ano 2023, Galicia rexistrou un incremento dun 8% no número de turistas e nun 6% do número de noites. Este incremento permite aos establecementos hoteleiros galegos situarse por enriba dos niveis previos á pandemia, acadando un máximo da serie histórica neste período de sete meses.
O incremento do nivel da demanda acontece nun contexto no que o volume da oferta sobe nun 2% de media. As tarifas hoteleiras supéranse nun 4% en comparación co ano pasado, e nun 17% a cifra de 2019, acadando tamén a cifra máis elevada rexistrada ata o momento.
O 72% das noites hoteleiras corresponden ao turismo nacional, segmento no que ten máis peso o receptor, pois os españois que proceden doutras comunidades autonómicas acumulan o 48% do total. O mercado interno, dos cidadáns galegos, absorbe o 24%. O turismo estranxeiro é un dos protagonistas, acadando un máximo da serie histórica, tanto en volume (con preto de 1,4 millóns de noite) como en peso (co 28% do total da demanda).
Os establecementos hoteleiros das provincias da Coruña, Lugo e Ourense conseguen superar os níveos previos á pandemia, acadando as dúas primeiras cifras máis elevadas da serie histórica con máis de 2,2 millóns de noites na Coruña e 611.000 noites en Lugo.
Co 45% das noites hoteleiras, A Coruña lidera o mercado turístico hoteleiro nos primeiros sete meses do ano. Séguena Pontevedra (35%), Lugo (12%) e Ourense (7%). Ademais, neste período mantense a concentración da demanda nas provincias do litoral atlántico, sumando o 80% das noites entre A Coruña e Pontevedra.