• Son máis de 400 os establecementos participantes.
  • Pódese utilizar ata finais de ano en aloxamentos turísticos e axencias de viaxes.

Dende a semana pasada xa se pode utilizar o bono turístico da Xunta. Os bonos pódense cambiar en máis de 400 establecementos galegos (axencias de viaxes, hoteis, apartamentos turísticos, vivendas turísticas, campamentos turísticos, establecementos de turismo rural e albergues consistentes nunha estancia mínima dunha noite) e poderán gozar de ata 300 euros de desconto.

 

Xosé Merelles, director de Turismo de Galicia, e Ana Méndez, directora xerente de Galicia Calidade, visitaron o hotel O Semáforo (establecemento adscrito ao programa e dirixido por Jesús Picallo, vicepresidente do Clúster de Turismo de Galicia) para animar a todos os usuarios a canxear os seus vales para gozar de Galicia fóra da tempada alta.

 

Un ano máis, e xa van 4, a campaña resultou ser un éxito. Descargáronse 16.666 vales, esgotándose en só quince días. Unha das novidades deste ano foi que cada usuario puido descargar ata dous bonos.

 

Merelles lembrou que esta iniciativa consegue inxectar liquidez ás empresas do sector turístico galego e contribúe a dinamizar a actividade na temporada media e baixa. “Nestes catro anos puxemos en circulación máis de 47.000 bonos e mobilizamos máis de 14 millóns de euros”, sinalou.

 

As empresas interesadas poden adherirse á iniciativa ata o 24 de decembro a través da páxina bonoturismo.gal

17 de Setembro de 2024

Xa está dispoñible o bono turístico da Xunta

Son máis de 400 os establecementos participantes. Pódese utilizar ata finais de ano en aloxamentos turísticos e axencias de viaxes. Dende a semana pasada xa se […]
17 de Setembro de 2024

Nova edición do Outono Gastronómico en Turismo Rural 2024

A proposta da Xunta de Galicia para potenciar o turismo rural fóra de temporada desenvolverase entre o 13 de setembro e o 15 de decembro. Conta […]
17 de Setembro de 2024

O Clúster prepara a súa misión comercial para a feira internacional TTG Incontri Rímini (2024)

Os días 9, 10 e 11 de outubro celebrarase a vindeira edición da feira internacional TTG Incontri Rímini. Hai 7 prazas dispoñibles e os interesados ​​poden […]
10 de Setembro de 2024

Termatalia volve a Ourense: epicentro europeo do turismo termal

A Feira Internacional do Turismo Termal, Saúde e Benestar celebrará a súa 22ª edición cun ambicioso programa de actividades. O 26 e 27 de setembro, a […]
Página anterior
123456789101112131415161718192021222324252627282930313233343536373839404142434445464748495051525354555657585960616263646566676869707172737475767778798081828384858687888990919293949596979899100101102103104105106107108109110111112113114115116117118119120121122123124125126127128129130131132133134135136137138139140141142143144145146147148149150151152153154155156157158159160161162163164165166167168169170171172173174175176177178179180181182183184185186187188189190191192193194195196197198199200201202203204205206207208209210211212213214215216217218219220221222223224225226227228229230231232233234235236237238239240241242243244245246247248249250251252253254255256257258259260261262263264265266267268269270271272273274275276277278279280281282283284285286287288289290291292293294295296297298299300301302303304305306307308309310311312313314315316317318319320321322323324325326327328329330331332333334335336337338339340341342343344345346347348349350351352353354355356357358359360361362363364365366367368369370371372373374375376377378379380381382383384385386387388389390391392393394395396397398399400401402403404405406407408409410411412413414415416417418419420421422423424425426427428429430431432433434435436437438439440441442443444445446447448449450451452453454455456457458459460461462463464465466467468469470471472473474475476477478479480481482483484485486487488489490491492493494495496497498499500501502503504505506507508509510511512513514515516517518519520521522523524525526527528529530531532533534535536537538539540541542543544545546547548549550551552553554555556557558559560561562563564565566567568569570571572573574575576577578579580581582583584585586587588589590591592593594595596597598599600601602603604605606607608609610611612613614615
Página siguiente