• Mostra a súa preocupación pola repercusión que declaracións sen fundamento científico poden ter na reputación da gastronomía ou o turismo galego.
  • Desde o sector lembran os estritos controis aos que están sometidos os produtos alimentarios en Galicia e os estándares autonómicos, nacionais e internacionais que acreditan a calidade dos areais.

 

O Clúster Turismo de Galicia apela á responsabilidade nas manifestacións sen contrastar sobre os efectos do vertido de pellets nos produtos do mar e nos areais galegos. O sector expresa a súa preocupación sobre a repercusión que as declaracións sen fundamento científico poden ter na reputación de sectores clave para Galicia como o pesqueiro ou o turístico e gastronómico. 

 

Por iso, o Clúster agarda a máxima prudencia e rigor nas manifestacións sobre as  repercusións deste incidente para evitar un dano reputacional no consumo dos nosos produtos do mar ou na elección das nosas costas como destino.  

 

Neste sentido, o Clúster lembra os estritos controis aos que están sometidos os produtos alimentarios en Galicia, antes da súa comercialización, e os estándares autonómicos, nacionais e internacionais que acreditan a calidade dos areais. A Comunidade analiza cada ano a calidade das augas a través de controis realizados polo Servizo Galego de Saúde, que na última análise cualificaba de excelentes o 92% das zonas de baño. Galicia  é a quinta Comunidade con máis praias acreditadas co distintivo nacional Q de calidade e conta con 123 areais con bandeira azul, un distintivo de carácter internacional baseado, que atende, entre outros, criterios á sustentabilidade.

 

O sector confía na capacidade das administracións públicas para a resolución deste incidente e apela á colaboración e á responsabilidade para defender os valores de Galicia como destino turístico sostible, seguro e en contacto coa natureza. Desde o Clúster agárdase que as declaracións que se fagan en torno ao incidente se cingan á defensa dos intereses de Galicia e que se evite un uso político do mesmo.

11 de Xaneiro de 2024

O Clúster Turismo de Galicia apela á responsabilidade nas manifestacións sobre as consecuencias dos pellets nos produtos do mar e nos areais

Mostra a súa preocupación pola repercusión que declaracións sen fundamento científico poden ter na reputación da gastronomía ou o turismo galego. Desde o sector lembran os […]
09 de Xaneiro de 2024

Turespaña convoca xornadas de apoio ao turismo en Xapón, Corea e Taiwán

Esta convocatoria está dirixida a empresas e entidades de promoción turística españolas que ofrecen servizos e produtos turísticos en España.   As sesións terán lugar os […]
09 de Xaneiro de 2024

Valdeorras, destino turístico sostible

A Xunta e a asociación GDR Valdeorras asinan un convenio para atraer turismo sostible aos nove concellos da comarca.   Este acordo permitirá a posta en […]
09 de Xaneiro de 2024

1,8M€ para revalorizar o potencial turístico dos portos deportivos de Galicia

Grazas a un convenio de colaboración entre Turismo de Galicia e a Asociación de Clubs Náuticos de Galicia (ASNAUGA). Esta acción enmárcase no Plan Territorial de […]
Página anterior
123456789101112131415161718192021222324252627282930313233343536373839404142434445464748495051525354555657585960616263646566676869707172737475767778798081828384858687888990919293949596979899100101102103104105106107108109110111112113114115116117118119120121122123124125126127128129130131132133134135136137138139140141142143144145146147148149150151152153154155156157158159160161162163164165166167168169170171172173174175176177178179180181182183184185186187188189190191192193194195196197198199200201202203204205206207208209210211212213214215216217218219220221222223224225226227228229230231232233234235236237238239240241242243244245246247248249250251252253254255256257258259260261262263264265266267268269270271272273274275276277278279280281282283284285286287288289290291292293294295296297298299300301302303304305306307308309310311312313314315316317318319320321322323324325326327328329330331332333334335336337338339340341342343344345346347348349350351352353354355356357358359360361362363364365366367368369370371372373374375376377378379380381382383384385386387388389390391392393394395396397398399400401402403404405406407408409410411412413414415416417418419420421422423424425426427428429430431432433434435436437438439440441442443444445446447448449450451452453454455456457458459460461462463464465466467468469470471472473474475476477478479480481482483484485486487488489490491492493494495496497498499500501502503504505506507508509510511512513514515516517518519520521522523524525526527528529530531532533534535536537538539540541542543544545546547548549550551552553554555556557558559560561562563
Página siguiente