Turismo de Galicia puxo en marcha unha nova batería de cursos dentro do seu Plan de Formación 2026, co obxectivo de mellorar as competencias de quen traballa no sector turístico galego, reforzando habilidades lingüísticas, a atención inclusiva ao visitante e a adaptación a un mercado cada vez máis global.

 

  • Curso de Inglés para o Sector Turístico

 

Unha das accións destacadas é o Curso de Inglés, unha formación de 50 horas en liña que ofrece 12 niveis desde iniciación ata perfeccionamento (de A1 a C1+). Deseñado para mellorar a comunicación con clientes internacionais, o curso combina autoavaliacións e recursos adicionais co obxectivo de fortalecer a destreza oral, lectora e escrita do alumnado, e está aberto a profesionais en activo ou en situación de desemprego no sector. Inscricións dispoñibles ata o 2 de febreiro.

 

  • Curso de Achegamento á Lingua de Signos e ás Persoas Xordas

 

Outra proposta é o Curso de Achegamento á Lingua de Signos e ás Persoas Xordas (Nivel I), con 20 horas de formación teórico-práctica orientada a ampliar os coñecementos e as capacidades comunicativas do persoal turístico fronte a persoas xordas e xordocegas. Esta acción formativa promove unha atención máis inclusiva e sensible á diversidade, combinando contidos lingüísticos con aspectos sociais e culturais da comunidade xorda. Inscricións dispoñibles ata o 2 de febreiro.

 

  • Videocurso “O poder da IA para transformar o turismo en Galicia”

 

Completando esta oferta, Turismo de Galicia tamén inclúe o Videocurso “O poder da IA para transformar o turismo en Galicia”, unha formación de 150 horas financiada con fondos NextGeneration-UE. Este curso aborda a aplicación da intelixencia artificial en ámbitos como márketing dixital, xestión de datos, ferramentas colaborativas e creación de solucións prácticas para empresas turísticas. Está dirixido a empregados do sector e combina técnicas teóricas e prácticas para favorecer a innovación e a competitividade nun contexto tecnolóxico en constante evolución. Dispoñible ata finalizar o mes de abril.

27 de Xaneiro de 2026

Turismo de Galicia impulsa a cualificación profesional con tres novas accións formativas

Turismo de Galicia puxo en marcha unha nova batería de cursos dentro do seu Plan de Formación 2026, co obxectivo de mellorar as competencias de quen […]
27 de Xaneiro de 2026

Galicia proxecta a súa oferta turística para 2026 en FITUR coa eclipse, o Camiño e a enogastronomía como protagonistas

Galicia presentou en FITUR as principais liñas da súa proposta turística para 2026. A programación do stand galego arrincou coa presentación da eclipse solar total de […]
27 de Xaneiro de 2026

‘Galicia Calidade’ e a excelencia turística, protagonistas na presentación da Xunta en FITUR 2026

A presentación da Xunta de Galicia – Axencia Turismo de Galicia virou ao redor de marca país ‘Galicia Calidade’, centrándose na excelencia turística   Galicia volveu […]
23 de Xaneiro de 2026

Más de 1.400 profesionais do sector utilizaron o espazo de negocios do Clúster en FITUR 2026

A zona de networking acolleu preto de 500 reunións de traballo ao longo das tres xornadas da feira Axencias de viaxe, hoteis e subsector enolóxico concentraron […]
Página anterior
123456789101112131415161718192021222324252627282930313233343536373839404142434445464748495051525354555657585960616263646566676869707172737475767778798081828384858687888990919293949596979899100101102103104105106107108109110111112113114115116117118119120121122123124125126127128129130131132133134135136137138139140141142143144145146147148149150151152153154155156157158159160161162163164165166167168169170171172173174175176177178179180181182183184185186187188189190191192193194195196197198199200201202203204205206207208209210211212213214215216217218219220221222223224225226227228229230231232233234235236237238239240241242243244245246247248249250251252253254255256257258259260261262263264265266267268269270271272273274275276277278279280281282283284285286287288289290291292293294295296297298299300301302303304305306307308309310311312313314315316317318319320321322323324325326327328329330331332333334335336337338339340341342343344345346347348349350351352353354355356357358359360361362363364365366367368369370371372373374375376377378379380381382383384385386387388389390391392393394395396397398399400401402403404405406407408409410411412413414415416417418419420421422423424425426427428429430431432433434435436437438439440441442443444445446447448449450451452453454455456457458459460461462463464465466467468469470471472473474475476477478479480481482483484485486487488489490491492493494495496497498499500501502503504505506507508509510511512513514515516517518519520521522523524525526527528529530531532533534535536537538539540541542543544545546547548549550551552553554555556557558559560561562563564565566567568569570571572573574575576577578579580581582583584585586587588589590591592593594595596597598599600601602603604605606607608609610611612613614615616617618619620621622
Página siguiente