Máis de 320 establecementos de aloxamento e axencias de viaxe adheríronse a este programa, que se prolongará até o 13 de decembro

Algo máis de 10.300 profesionais do colectivo sociosanitario galego solicitaron xa o Bono Turístico #QuedamosenGalicia impulsado pola Xunta e o Clúster Turismo de Galicia, o que supón que en 15 días cubríronse algo máis do 50% das prazas previstas para este programa, pensado para inxectar 5 millóns de euros nas empresas da industria turística, colaborando así na reactivación e fomento do turismo interno e favorecendo a recuperación económica e a creación de emprego tras a crise da covid-19.

De esgotarse este orzamento establecido, uns 20.000 empregados dos sectores sanitario e sociosanitario recibirán un cartón prepago de Abanca con 250 euros de carácter nominativo, que poden empregar até o 13 de decembro nas máis de 320 empresas e produtos adheridos.

Entre as opcións que ofertan aos beneficiarios destacan produtos turísticos ou experiencias que ofrecen un desconto mínimo do 15% sobre o prezo común do servizo, sumando así unha bonificación por parte do propio sector, e compren coas medidas hixiénico-sanitarias adecuadas para garantir a seguridade de traballadores e usuarios. Neste momento son xa 315 os paquetes turísticos incluídos e preto de 200 ofertas rexistradas.

17 de Agosto de 2020

Máis de 10.000 persoas solicitaron xa o bono turístico, cubrindo máis do 50% das prazas ofertadas

Máis de 320 establecementos de aloxamento e axencias de viaxe adheríronse a este programa, que se prolongará até o 13 de decembro Algo máis de 10.300 […]
15 de Agosto de 2020

O peche do lecer nocturno será efectivo na madrugada do luns

A medida é froito do acordo do Consello Interterritorial de Saúde e aplicarase no conxunto do territorio nacional Os establecementos de hostalaría deberán pechar á unha […]
13 de Agosto de 2020

Adxudicación do servizo de “Creación e consolidación de produto turístico orientado a turismo familiar no marco do selo Galicia Destino Familiar”, coa colaboración da Xunta de Galicia – Axencia Turismo de Galicia.

Adxudicatario: Ménsula Iniciativas Turísticas e Culturais S.L. Importe adxudicación 22.100,00 euros
13 de Agosto de 2020

Adxudicación do servizo de “Creación e desenvolvemento da marca Galicia Experience para a consolidación de produto turístico”, coa colaboración da Xunta de Galicia – Axencia Turismo de Galicia.

Adxudicatario: Pqliar Consulting S.L. Importe adxudicación 25.999,27 euros
Página anterior
123456789101112131415161718192021222324252627282930313233343536373839404142434445464748495051525354555657585960616263646566676869707172737475767778798081828384858687888990919293949596979899100101102103104105106107108109110111112113114115116117118119120121122123124125126127128129130131132133134135136137138139140141142143144145146147148149150151152153154155156157158159160161162163164165166167168169170171172173174175176177178179180181182183184185186187188189190191192193194195196197198199200201202203204205206207208209210211212213214215216217218219220221222223224225226227228229230231232233234235236237238239240241242243244245246247248249250251252253254255256257258259260261262263264265266267268269270271272273274275276277278279280281282283284285286287288289290291292293294295296297298299300301302303304305306307308309310311312313314315316317318319320321322323324325326327328329330331332333334335336337338339340341342343344345346347348349350351352353354355356357358359360361362363364365366367368369370371372373374375376377378379380381382383384385386387388389390391392393394395396397398399400401402403404405406407408409410411412413414415416417418419420421422423424425426427428429430431432433434435436437438439440441442443444445446447448449450451452453454455456457458459460461462463464465466467468469470471472473474475476477478479480481482483484485486487488489490491492493494495496497498499500501502503504505506507508509510511512513514515516517518519520521522523524525526527528529530531532533534535536537538539540541542543544545546547548549550551552553554555556557558559560561562563
Página siguiente