• O prazo de inscrición estará aberto ata o martes, 30 de setembro.

 

O Clúster Turismo de Galicia abriu o prazo de inscrición para participar na misión comercial á feira internacional de turismo WTM London 2025, que se celebrará do 4 ao 6 de novembro na capital británica. Esta cita é un dos encontros profesionais máis relevantes do sector turístico a nivel mundial e representa unha oportunidade clave para a proxección internacional das empresas galegas.

 

A expedición comezará o luns 3 de novembro, con saída desde o aeroporto de Santiago de Compostela cara a Londres-Heathrow. A viaxe inclúe maleta facturada, traslados en autocar entre aeroporto e hotel, e aloxamento no Blakemore Hyde Park en réxime de aloxamento e almorzo. O regreso está previsto para o xoves 6 de novembro pola noite. Como novidade, o programa tamén contempla a organización dunha cea networking para favorecer a xeración de contactos profesionais.

 

  • As prazas son limitadas a 18 participantes.

 

O custo de participación é de 800 euros por persoa, en concepto de “Servizos de Internacionalización en WTM London 2025” na conta ES56 0081 0499 6000 0167 4368. Para formalizar a inscrición, as empresas interesadas deberán enviar un correo a secretariatecnica@clusterturismogalicia.com, incluíndo os datos persoais, de contacto e de facturación, xunto co xustificante do ingreso na conta habilitada. O prazo finaliza o 30 de setembro e as prazas son limitadas a 18 participantes.

 

En caso de recibir máis solicitudes que prazas, aplicarase un criterio de prioridade segundo a tipoloxía de empresa:

 

  • Grupo 1: Comercialización e distribución (grosistas, axencias receptivas). Máximo 2 prazas por entidade.
  • Grupo 2: Aloxamento e oferta complementaria (hoteis, turismo rural, cámpings, turismo activo, náutico, MICE, etc.). Máximo 1 praza por entidade.
  • Grupo 3: Outras entidades. Máximo 1 praza por entidade.

 

Cabe lembrar que toda persoa que confirme a súa asistencia e non acuda á viaxe deberá abonar 1.660 euros, salvo que a ausencia estea cuberta polo seguro de cancelación.

 

A participación en WTM London permitirá ao tecido turístico galego reforzar a súa visibilidade no mercado internacional e consolidar lazos comerciais nun escenario de máxima relevancia para a industria.

16 de Setembro de 2025

O Clúster prepara unha nova misión comercial á WTM London 2025

O prazo de inscrición estará aberto ata o martes, 30 de setembro.   O Clúster Turismo de Galicia abriu o prazo de inscrición para participar na […]
16 de Setembro de 2025

O Outono Gastronómico celebra a súa 19ª edición cun chamamento para apoiar ao turismo rural nas zonas afectadas polos incendios

O programa estará dispoñible entre o 19 de setembro e o 21 de decembro en 78 casas rurais de toda Galicia   O Outono Gastronómico en […]
16 de Setembro de 2025

Os entroidos de Manzaneda, Vilariño e Viana do Bolo reciben a distinción de Festas de Interese Turístico Nacional

Os entroidos tradicionais destes tres municipios ourensáns logran un recoñecemento que pon en valor a súa riqueza cultural e reforza o seu atractivo turístico.   Recoñecemento […]
16 de Setembro de 2025

Os bonos turísticos #DescubreGaliciaEnOutono xa poden utilizarse e o prazo de adhesión para empresas segue aberto

O prazo do goce esténdese ata o 25 de decembro   Os máis de 16.000 bonos turísticos da edición 2025 do programa #DescubreGaliciaEnOutono xa están en […]
Página anterior
123456789101112131415161718192021222324252627282930313233343536373839404142434445464748495051525354555657585960616263646566676869707172737475767778798081828384858687888990919293949596979899100101102103104105106107108109110111112113114115116117118119120121122123124125126127128129130131132133134135136137138139140141142143144145146147148149150151152153154155156157158159160161162163164165166167168169170171172173174175176177178179180181182183184185186187188189190191192193194195196197198199200201202203204205206207208209210211212213214215216217218219220221222223224225226227228229230231232233234235236237238239240241242243244245246247248249250251252253254255256257258259260261262263264265266267268269270271272273274275276277278279280281282283284285286287288289290291292293294295296297298299300301302303304305306307308309310311312313314315316317318319320321322323324325326327328329330331332333334335336337338339340341342343344345346347348349350351352353354355356357358359360361362363364365366367368369370371372373374375376377378379380381382383384385386387388389390391392393394395396397398399400401402403404405406407408409410411412413414415416417418419420421422423424425426427428429430431432433434435436437438439440441442443444445446447448449450451452453454455456457458459460461462463464465466467468469470471472473474475476477478479480481482483484485486487488489490491492493494495496497498499500501502503504505506507508509510511512513514515516517518519520521522523524525526527528529530531532533534535536537538539540541542543544545546547548549550551552553554555556557558559560561562563564565566567568569570571572573574575576577578579580581582583584585586587588589590591592593594595596597598599600601602603604605606607608609610611612613614615616617618
Página siguiente