O sector turístico poderá optar nas próximas semanas a novas subvencións por importe de case 16 millóns de euros

 

A elaboración de novos produtos sustentables para reforzar a imaxe de Galicia como destino turístico seguro é o obxectivo do convenio entre a Xunta e o Clúster Turismo de Galicia aprobado polo Goberno galego na súa última reunión. O acordo, dotado cunha achega autonómica de 700.000 euros, permitirá deseñar produtos turísticos enfocados ás novas demandas dos consumidores, que teñan en conta a sustentabilidade ambiental e enerxética, e que incorporen elementos de consumo de proximidade.

 

Estes novos produtos darán apoio ao sector receptivo e ás axencias de viaxes a través de paquetes especializados e atenderán tamén a cuestións relacionadas coa dixitalización e a mellora do proceso de comercialización, tanto en canto á canle como no relativo ao cliente final. Para iso contactarase con empresas do sector turístico representativas de distintos ámbitos así como con diferentes sectores sociais a través de accións online e offline. Tamén está prevista a creación dun club de produto sostible, a elaboración de materiais promocionais para as axencias e o cliente final, e a realización de accións de mercadotecnia para dar a coñecer os novos produtos deseñados.

 

O convenio entre a Xunta e o Clúster estará vixente ata decembro do próximo ano cun investimento de 200.000 euros para o presente exercicio e de 500.000 para o 2022.

 

Ademais, a Xunta ten previsto convocar ao longo deste mes distintas liñas de apoio ao sector turístico por un importe total de case 16 millóns de euros que beneficiarán tanto a axencias de viaxes como a establecementos hostaleiros e municipios de menos de 10.000 habitantes. Ás axencias de viaxes está dirixida unha convocatoria de axudas de ata 350.000 euros para o mantemento dos establecementos, mentres que os negocios hostaleiros poderán repartirse ata 6 millóns de euros en subvencións para equipamentos  postcovid (domótica, automatización, rotulación, sistemas de desinfección…) e outra cantidade similar para a dixitalización e mercadotecnia dixital (aplicacións informáticas, captación de clientes, desenvolvemento web…).

10 de Setembro de 2021

A Xunta e o Clúster colaborarán para promocionar Galicia como destino seguro a través de novos produtos sustentables

O sector turístico poderá optar nas próximas semanas a novas subvencións por importe de case 16 millóns de euros   A elaboración de novos produtos sustentables […]
08 de Setembro de 2021

O Clúster debulla a súa estratexia e os retos do sector turístico nun foro promovido por Ineo

César Ballesteros, secretario da entidade, participou nun encontro virtual sobre a dixitalización do sector   O Clúster Turismo de Galicia estivo presente no obradoiro para a […]
13 de Agosto de 2021

Prego de condicións que rixen a contratación do servizo para o “DESPRAZAMENTO E ALOXAMENTO DA MISIÓN COMERCIAL Á FEIRA INTERNACIONAL WTM LONDON 2021”, coa colaboración da Xunta de Galicia-Axencia de Turismo de Galicia

Prazo aberto para a presentación de propostas ate o 30 de agosto de 2021 Descarga os pregos
10 de Agosto de 2021

Adxudicación do servizo de “Desenvolvemento e consolidación da marca Galicia Emotion para a promoción de produto turístico” coa colaboración da Xunta de Galicia-Axencia Turismo de Galicia

Adxudicatario: Pqliar Consulting, S.L. Importe de adxudicación: 24.995,00 euros
Página anterior
123456789101112131415161718192021222324252627282930313233343536373839404142434445464748495051525354555657585960616263646566676869707172737475767778798081828384858687888990919293949596979899100101102103104105106107108109110111112113114115116117118119120121122123124125126127128129130131132133134135136137138139140141142143144145146147148149150151152153154155156157158159160161162163164165166167168169170171172173174175176177178179180181182183184185186187188189190191192193194195196197198199200201202203204205206207208209210211212213214215216217218219220221222223224225226227228229230231232233234235236237238239240241242243244245246247248249250251252253254255256257258259260261262263264265266267268269270271272273274275276277278279280281282283284285286287288289290291292293294295296297298299300301302303304305306307308309310311312313314315316317318319320321322323324325326327328329330331332333334335336337338339340341342343344345346347348349350351352353354355356357358359360361362363364365366367368369370371372373374375376377378379380381382383384385386387388389390391392393394395396397398399400401402403404405406407408409410411412413414415416417418419420421422423424425426427428429430431432433434435436437438439440441442443444445446447448449450451452453454455456457458459460461462463464465466467468469470471472473474475476477478479480481482483484485486487488489490491492493494495496497498499500501502503504505506507508509510511512513514515516517518519520521522523524525526527528529530531532533534535536537538539540541542543544545546547548549550551552553554
Página siguiente