O parque nacional galego acaba de renovar a Carta Europea de Turismo Sostible en Áreas Protexidas.

 

Ademais, incorporouse á Asociación de Ecoturismo de España.

 

O Parque Nacional das Illas Atlánticas de Galicia reafirmou en días pasados a súa aposta pola compatibilidade entre a protección ambiental e un aproveitamento turístico sostible. E fíxoo, ademais, por partida dobre e tanto no ámbito estatal como europeo.

 

No primeiro caso, esta aposta materializouse coa incorporación das lllas Atlánticas á Asociación de Ecoturismo de España, unha entidade sen ánimo de lucro creada no ano 2010 para fomentar o turismo sostible nos espazos protexidos. A AEE está composta principalmente por asociacións de empresarios de turismo situadas en espazos naturais, entidades xestoras destes espazos, administracións públicas implicadas na xestión turística, entidades de innovación (universidades, fundacións), empresas de innovación turística e tecnolóxica, e empresas turísticas comprometidas coa conservación e o desenvolvemento local.

 

A adhesión á AEE do gran emblema dos espazos protexidos de Galicia foi aprobada na asemblea xeral celebrada a finais de novembro e converteu ás Illas Atlánticas no primeiro parque nacional que forma parte desta entidade de ámbito estatal.

 

Xa no ámbito europeo, o pasado 2 de decembro, celebrouse no Parlamento Europeo o acto de entrega das acreditacións da Carta Europea de Turismo Sostible en Áreas Protexidas e dos Premios Estrela que concede a Federación EUROPARC. A sesión non só serviu para dar entrada ás seis entidades que estreaban a Carta, senón para recoñecer o traballo e o esforzo dos nove parques nacionais, naturais e rexionais de toda Europa que lograron renovar a súa acreditación e entre os que se se atopa o Parque Nacional dAs Illas Atlánticas de Galicia, o único representante español nesta listaxe. Esta revalidación da Carta Europea de Turismo Sostible supón un recoñecemento tanto para o parque como para as empresas turísticas que en operan alí.

08 de Decembro de 2022

As Illas Atlánticas reafirman a súa aposta pola sustentabilidade

O parque nacional galego acaba de renovar a Carta Europea de Turismo Sostible en Áreas Protexidas.   Ademais, incorporouse á Asociación de Ecoturismo de España.   […]
07 de Decembro de 2022

Galicia e o Norte Portugal avanzan nos plans para crear un Clúster Transfronteirizo de Turismo

Cesáreo Pardal participou na nova reunión celebrada no Porto para abordar a posibilidade de presentar unha candidatura ao POCTEP.   O proxecto está contemplado no Plan […]
06 de Decembro de 2022

Dobre reforzo para o sector turístico na Guarda

O servizo Xacobeo Transfer suma unha nova embarcación para unir a localidade con Caminha.   Alda Hotels inaugura de forma oficial o seu novo establecemento no […]
03 de Decembro de 2022

A hostalería de Vigo súmase á plataforma #PorElClima

A Federación Provincial de Empresarios de Hostalería de Pontevedra impulsa a iniciativa desenvolvida por Ecoedes, Coca Cola e Hostalería de España.   Máis de 60 establecementos […]
Página anterior
123456789101112131415161718192021222324252627282930313233343536373839404142434445464748495051525354555657585960616263646566676869707172737475767778798081828384858687888990919293949596979899100101102103104105106107108109110111112113114115116117118119120121122123124125126127128129130131132133134135136137138139140141142143144145146147148149150151152153154155156157158159160161162163164165166167168169170171172173174175176177178179180181182183184185186187188189190191192193194195196197198199200201202203204205206207208209210211212213214215216217218219220221222223224225226227228229230231232233234235236237238239240241242243244245246247248249250251252253254255256257258259260261262263264265266267268269270271272273274275276277278279280281282283284285286287288289290291292293294295296297298299300301302303304305306307308309310311312313314315316317318319320321322323324325326327328329330331332333334335336337338339340341342343344345346347348349350351352353354355356357358359360361362363364365366367368369370371372373374375376377378379380381382383384385386387388389390391392393394395396397398399400401402403404405406407408409410411412413414415416417418419420421422423424425426427428429430431432433434435436437438439440441442443444445446447448449450451452453454455456457458459460461462463464465466467468469470471472473474475476477478479480481482483484485486487488489490491492493494495496497498499500501502503504505506507508509510511512513514515516517518519520521522523524525526527528529530531532533534535536537538539540541542543544545546547548549550551552553554555556557558559560561562563564565566567568569570571572573574575576577578579580581582583584585586587588589590591592593594595596597598599600601602603604605606607608609610611612613614615
Página siguiente