A localidade lucense foi galardoada pola asociación que agrupa a un máis de centenar de localidades de todo o país.

 

A recta final do 2022 tróuxonos unha boa noticia para o sector turístico do municipio lucense de Portomarín. A localidade foi premiada pola iniciativa Vilas Máxicas de España cun dos seus galardóns anuais. Concretamente, co que recoñece á vila máis destacada no ámbito do turismo rural. “Portomarín é unha vila exemplar para o Turismo Rural, ligada ao Camiño de Santiago, pero tamén grazas á excelencia dos seus aloxamentos rurais en casas, pequenos hoteis con encanto e unha “Pousada” que, en tempos, foi Parador Nacional”, destacan os responsables das Vilas Máxicas de España, unha iniciativa impulsada polo Instituto de Desenvolvemento Local e Estudos Sociais da que xa forman parte máis de 120 localidades de todo o país.

 

O galardón concedido a Portomarín destaca tamén o esforzo realizado décadas atrás polos veciños da zona para trasladar pedra a pedra os principais monumentos cando se construíu o encoro de Belesar, así como a súa posición estratéxica no Camiño de Santiago e punto de visita obrigada para miles de peregrinos. Así mesmo, á hora de conceder o premio, os seus promotores tiveron en conta a riqueza gastronómica local, coa súa augardente ou os tradicionais guisos de anguía á cabeza, e o enxeño local que levou aos seus habitantes para “inventar o Turismo de Seca, cando o estío fai baixar as augas do Miño do encoro de Belesar e son visitables as ruínas do pobo vello e outras aldeas”.

 

Cambados, Combarro, Ribadavia, A Veiga, O Irixo, Larouco, A Pobra de Trives e O Vicedo son os outros representantes galegos no colectivo das Vilas Máxicas de España, que nos seus premios deste ano decidiron galardoar tamén a Icod de los Vinos (Santa Cruz de Tenerife) e Madrigal de las Altas Torres (Ávila).

02 de Xaneiro de 2023

As Vilas Máxicas de España premian a Portomarín polo seu turismo rural

A localidade lucense foi galardoada pola asociación que agrupa a un máis de centenar de localidades de todo o país.   A recta final do 2022 […]
01 de Xaneiro de 2023

Galicia Destino Sostible pechou o 2022 con máis dun centenar e medio de produtos lanzados

O Club de Produto posto en marcha polo Clúster coa colaboración da Xunta suma xa 70 empresas adheridas.   Só medio ano de vida bastou para […]
29 de Decembro de 2022

Galicia reafirmou durante o 2022 a súa aposta pola calidade turística

Unha trintena de establecementos estrearon o selo Q de Calidade, o que sitúa en 325 as distincións totais.   Só Andalucía supera o número de certificacións, […]
28 de Decembro de 2022

Un centenar de municipios galegos beneficiaranse dos Plans de Sustentabilidade Turística en Destino 2022

Cesáreo Pardal participou no acto de presentación das iniciativas organizado en Compostela pola Delegación do Goberno en Galicia.   O Clúster Turismo de Galicia foi unha […]
Página anterior
123456789101112131415161718192021222324252627282930313233343536373839404142434445464748495051525354555657585960616263646566676869707172737475767778798081828384858687888990919293949596979899100101102103104105106107108109110111112113114115116117118119120121122123124125126127128129130131132133134135136137138139140141142143144145146147148149150151152153154155156157158159160161162163164165166167168169170171172173174175176177178179180181182183184185186187188189190191192193194195196197198199200201202203204205206207208209210211212213214215216217218219220221222223224225226227228229230231232233234235236237238239240241242243244245246247248249250251252253254255256257258259260261262263264265266267268269270271272273274275276277278279280281282283284285286287288289290291292293294295296297298299300301302303304305306307308309310311312313314315316317318319320321322323324325326327328329330331332333334335336337338339340341342343344345346347348349350351352353354355356357358359360361362363364365366367368369370371372373374375376377378379380381382383384385386387388389390391392393394395396397398399400401402403404405406407408409410411412413414415416417418419420421422423424425426427428429430431432433434435436437438439440441442443444445446447448449450451452453454455456457458459460461462463464465466467468469470471472473474475476477478479480481482483484485486487488489490491492493494495496497498499500501502503504505506507508509510511512513514515516517518519520521522523524525526527528529530531532533534535536537538539540541542543544545546547548549550551552553554555556557558559560561562563
Página siguiente