Abriu xa o prazo para que os asociados poidan reservar o uso das mesas habilitadas para a realización de reunións con operadores turísticos.

 

A 43 edición da feira turística internacional arrincará o próximo 18 de xaneiro coas tres xornadas dedicadas en exclusiva aos profesionais e prolongarase ata o 22 con dous días abertos ao público xeral.

 

Xa comezou a conta atrás para a 43 edición de FITUR, a Feira Internacional de Turismo que congrega cada ano en Madrid a operadores de todo o mundo, e con especial atención a Iberoamérica. O recinto do Ifema albergará de novo este punto de encontro que, do mesmo xeito que en pasadas edicións, arrincará con tres xornadas dedicadas en exclusiva aos profesionais do sector (as comprendidas entre os días 18 e 20) e prolongarase durante outros dous días (21 e 22) máis abrindo as súas portas ao público en xeral.

 

E unha vez máis, Galicia dispoñerá dun espazo destacado no que o Clúster Turismo de Galicia xogará un importante papel. Súa será a responsabilidade de xestionar o espazo de negocios habilitado no posto da Xunta de Galicia e Turismo de Galicia. Concretamente, o Clúster poñerá ao dispor dos profesionais do sector turístico galego un total de 13 mesas para que poidan manter reunións con outros operadores turísticos.

 

Para facilitar o uso deste servizo por parte dos asociados habilitouse a conta de correo electrónico fitur@clusterturismogalicia.com a través da cal se pode solicitar reservas de data e hora indicando tanto a empresa como o operadores co que se van a reunir, así como o número de persoas participantes.

08 de Xaneiro de 2023

O Clúster xestionará o espazo de negocios do espazo de Galicia en FITUR

Abriu xa o prazo para que os asociados poidan reservar o uso das mesas habilitadas para a realización de reunións con operadores turísticos.   A 43 […]
06 de Xaneiro de 2023

Os establecementos de turismo rural de Galicia, os máis valorados de España

Cun 4,7 sobre 5, encabezan xunto cos do País Vasco o ranking elaborado polo portal clubrural.com.   O Barómetro do Turismo Rural do 2022 reflicte tamén […]
05 de Xaneiro de 2023

O Clúster Turismo de Galicia facilitou o contacto dun cento de empresas cunha decena de mercados internacionais no 2022

Participou nunha quincena de eventos entre feiras, worshops e presentacións, que sumaron unhas 1.000 xuntanzas de traballo.   Santiago de Compostela, 5 de xaneiro de 2023. […]
05 de Xaneiro de 2023

Case un milleiro de empresas do sector participaron na pasada edición dos bonos #QuedamosEnGalicia22

Os hoteis, con 323 establecementos adheridos, e as axencias de viaxes, con 171, foron os negocios máis implicados na campaña da Xunta.   O sector turístico […]
Página anterior
123456789101112131415161718192021222324252627282930313233343536373839404142434445464748495051525354555657585960616263646566676869707172737475767778798081828384858687888990919293949596979899100101102103104105106107108109110111112113114115116117118119120121122123124125126127128129130131132133134135136137138139140141142143144145146147148149150151152153154155156157158159160161162163164165166167168169170171172173174175176177178179180181182183184185186187188189190191192193194195196197198199200201202203204205206207208209210211212213214215216217218219220221222223224225226227228229230231232233234235236237238239240241242243244245246247248249250251252253254255256257258259260261262263264265266267268269270271272273274275276277278279280281282283284285286287288289290291292293294295296297298299300301302303304305306307308309310311312313314315316317318319320321322323324325326327328329330331332333334335336337338339340341342343344345346347348349350351352353354355356357358359360361362363364365366367368369370371372373374375376377378379380381382383384385386387388389390391392393394395396397398399400401402403404405406407408409410411412413414415416417418419420421422423424425426427428429430431432433434435436437438439440441442443444445446447448449450451452453454455456457458459460461462463464465466467468469470471472473474475476477478479480481482483484485486487488489490491492493494495496497498499500501502503504505506507508509510511512513514515516517518519520521522523524525526527528529530531532533534535536537538539540541542543544545546547548549550551552553554555556557558559560561562563
Página siguiente