Estas cifras sitúan á Comunidade a uns niveis similares aos do ano 2019.

O perfil maioritario do turista que se achegou a Galicia foi de orixe nacional aínda que nalgúns destinos, como Santiago ou A Coruña, a proporción do turista internacional foi superior á media.

O Camiño de Santiago e o turismo rural foron as opcións máis demandadas esta semana Santa.

 

A ocupación do sector turístico de Galicia durante esta semana Santa estivo entre o 75% e o 85%, cifras similares ás rexistradas en 2019. As boas condicións meteorolóxicas favoreceron as reservas de última hora conseguindo un incremento nas porcentaxes de ocupación durante os días festivos.

O perfil maioritario do turista que se achegou a Galicia foi de orixe nacional, aínda que, nalgúns destinos, como Santiago ou A Coruña, a proporción do turista internacional foi superior á media.

O Camiño de Santiago e o turismo rural, especialmente en zonas como a Ribeira Sacra, a Costa da Morte e O Courel, rexistraron bos índices de ocupación e unha notable afluencia de peregrinos beneficiou aos aloxamentos rurais do Roteiro Xacobeo.

 

Análise por territorios:

A análise por zonas mostra que tanto a provincia de Pontevedra como a cidade de Pontevedra tiveron unha ocupación media semanal en torno ao 75%, achegándose ao 80% o xoves, venres e sábado.

 

Cifras similares recóllense na área de Vigo, rexistrando unha ocupación media do 70% durante toda a semana e do 80%/85% entre xoves e sábado.

 

O grao de ocupación de Sanxenxo alcanza o 77,98%, cifra que aumenta aínda máis se se consideran os hoteis de 4 e 3 estrelas (86,29% e 80,25% respectivamente).

 

As previsións de ocupación para a cidade da Coruña cumpríronse alcanzando o porcentaxe do 80%. A maioría dos visitantes da cidade herculina durante a Semana Santa foron de orixe nacional, e empezou a verse algún turista estranxeiro.

 

A Costa da Morte acolleu celebracións espectaculares, como a Semana Santa de Fisterra, de interese turístico nacional, e o famoso espectáculo de carreiras de Camariñas, que xa cumpre 32 anos.

 

En Santiago de Compostela, o grao de ocupación en toda a cidade foi do 75% de xoves a domingo. Esta cifra aumenta ao considerar as instalacións situadas en conxuntos históricos.

 

En Ferrol, onde a Semana Santa foi declarada de Interese Turístico Internacional, moitos establecementos (tanto na cidade como nos pobos próximos) tamén alcanzaron valores moi positivos, especialmente de xoves a domingo.

 

A provincia de Lugo pecha a Semana Santa por encima do previsto para estes días. O grao de ocupación na cidade de Lugo alcanza o 84% e aumenta ata o 89% na zona da Mariña.

 

A Ribeira Sacra tamén superou as expectativas, un 6% por encima do récord recollido a véspera de Semana Santa, e superando o 90% de ocupación no festivo.

 

Finalmente, en Ourense alcanzouse o 80% de ocupación durante estes días grazas, en parte, ás reservas de última hora condicionadas pola boa climatoloxía da semana.

11 de Abril de 2023
Semana Santa 2023 en Galicia

O SECTOR TURÍSTICO GALEGO PECHA A SEMANA SANTA CUNHA OCUPACIÓN DE ENTRE O 75% E O 85%.

Estas cifras sitúan á Comunidade a uns niveis similares aos do ano 2019. O perfil maioritario do turista que se achegou a Galicia foi de orixe […]
02 de Abril de 2023

Turespaña busca cidade para a súa cuarta Convención

O prazo de presentación de candidaturas estará aberto ata o 30 de xuño.   A cita celebrarase a comezos do cuarto trimestre do próximo ano.   […]
01 de Abril de 2023

Aberto o prazo para participar nas presentacións programadas polo Clúster en Málaga e Madrid

Un máximo de 26 empresas poderán tomar parte nas actividades que se desenvolverán os días 9 e 10 de maio.   Ambas xornadas comezarán cun workshop […]
31 de Marzo de 2023

O sector turístico galego prevé unha ocupación de entre o 65 % e o 80 % para esta Semana Santa

Unha sondaxe realizada polo Clúster Turismo de Galicia apunta unhas boas previsións, que o sector espera incrementar coas reservas de última hora.   As maiores cifras […]
Página anterior
123456789101112131415161718192021222324252627282930313233343536373839404142434445464748495051525354555657585960616263646566676869707172737475767778798081828384858687888990919293949596979899100101102103104105106107108109110111112113114115116117118119120121122123124125126127128129130131132133134135136137138139140141142143144145146147148149150151152153154155156157158159160161162163164165166167168169170171172173174175176177178179180181182183184185186187188189190191192193194195196197198199200201202203204205206207208209210211212213214215216217218219220221222223224225226227228229230231232233234235236237238239240241242243244245246247248249250251252253254255256257258259260261262263264265266267268269270271272273274275276277278279280281282283284285286287288289290291292293294295296297298299300301302303304305306307308309310311312313314315316317318319320321322323324325326327328329330331332333334335336337338339340341342343344345346347348349350351352353354355356357358359360361362363364365366367368369370371372373374375376377378379380381382383384385386387388389390391392393394395396397398399400401402403404405406407408409410411412413414415416417418419420421422423424425426427428429430431432433434435436437438439440441442443444445446447448449450451452453454455456457458459460461462463464465466467468469470471472473474475476477478479480481482483484485486487488489490491492493494495496497498499500501502503504505506507508509510511512513514515516517518519520521522523524525526527528529530531532533534535536537538539540541542543544545546547548549550551552553554555556557558559560561562563564565566567568569
Página siguiente