[:gl]Novas[:es]Noticias[:en]News[:]

 

O Clúster Turismo de Galicia, no marco dos convenios de colaboración formalizados pola Axencia Turismo de Galicia-Xunta de Galicia, pon a disposición das empresas turísticas un servizo de consultoría gratuíto para a obtención ou mantemento da Q de Calidade e da S de Sustentabilidade. O obxectivo deste servizo é simplificar o proceso ás entidades interesadas. As axudas publicadas pola Axencia Turismo de Galicia o pasado mes de xuño financian unha parte dos custos de uso da marca e da auditoría.

 

Q de Calidade e S de Sustentabilidade

 

A garantía Q de Calidade Turística é unha marca española, recoñecida mundialmente, dirixida á certificación voluntaria da calidade dos servizos turísticos. Esta certifica a calidade da xestión, servizos e infraestruturas das organizacións turísticas.  A marca obtense cando a organización turística evidencia o cumprimento dos requisitos técnicos que a súa norma correspondente pronuncia. A organización debe poñer en funcionamento un sistema de xestión orientado ao servizo do cliente e en mellora continua.

 

A marca S de Sustentabilidade Turística é un recoñecemento ás boas prácticas sustentables, posta en marcha polo Instituto para a Calidade Turística Española (ICTE) para axudar aos establecementos, empresas e destinos de España na integración dos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible do Milenio. Esta marca obtense cando a organización turística cumpre, polo menos, coa Especificación Técnica de Cumprimento de Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS) en organizacións turísticas, ou coa Norma UNE-ISO 21401:2019 Sistema de Xestión de Sustentabilidade para aloxamentos.

 

Servizo de Consultoría

 

Para a Q de Calidade realízanse os servizos de consultoría e asistencia técnica para a xestión, tramitación da subvención nos procesos de certificación/mantemento do distintivo durante o ano 2023.

 

Para a S de Sustentabilidade é preciso implantar os requisitos de, polo menos, un dos documentos fronte aos que se obtén a marca Sustentabilidade Turística. Ademais disto, tamén é preciso acordar cunha das empresas homologadas a auditoría externa; evidenciar o cumprimento dos requisitos técnicos; poñer en funcionamento e evidenciar as oportunidades de mellora detectadas; obter o certificado e poñelo en valor, dentro e fora da organización; e superar unha auditoría externa anualmente.

 

Se estás interesado no servizo de consultoría, podes recibir máis información consultando coa secretaría técnica do Clúster de Turismo a través do correo electrónico: secretariatecnica@clusterturismogalicia.com ou do teléfono 881 24 74 36.

01 de Agosto de 2023

O Clúster mantén activo o seu servizo de consultoría gratuíto para a obtención ou mantemento da Q de Calidade e da S de Sustentabilidade das organizacións turísticas

As empresas interesadas no servizo poden recibir máis información a través do correo electrónico secretariatecnica@clusterturismogalicia.com ou do teléfono 881 24 74 36.   O Clúster Turismo […]
26 de Xullo de 2023

A Xunta convoca as axudas DeseñaPeme e InnovaPeme 2023

Dirixidas para o financiamento das actividades en plans de deseño para a innovación e a sustentabilidade, e en plans de innovación e procesos de organización para […]
26 de Xullo de 2023

Mar de Amicos, unha iniciativa de turismo inclusivo en torno ao patrimonio marítimo do Barbanza

Grazas a esta iniciativa, sete persoas con diversidade funcional exercerán de guías turísticos este verán. O proxecto nace froito da colaboración da asociación Amicos e da […]
26 de Xullo de 2023

A Xunta ofrece 350 rutas guiadas para visitar o Parque Nacional das Illas Atlánticas entre xullo e setembro

A inscrición pódese facer previamente na web da central de reservas ou de xeito presencial nas casetas de información de Cíes e Ons o propio día […]
Página anterior
123456789101112131415161718192021222324252627282930313233343536373839404142434445464748495051525354555657585960616263646566676869707172737475767778798081828384858687888990919293949596979899100101102103104105106107108109110111112113114115116117118119120121122123124125126127128129130131132133134135136137138139140141142143144145146147148149150151152153154155156157158159160161162163164165166167168169170171172173174175176177178179180181182183184185186187188189190191192193194195196197198199200201202203204205206207208209210211212213214215216217218219220221222223224225226227228229230231232233234235236237238239240241242243244245246247248249250251252253254255256257258259260261262263264265266267268269270271272273274275276277278279280281282283284285286287288289290291292293294295296297298299300301302303304305306307308309310311312313314315316317318319320321322323324325326327328329330331332333334335336337338339340341342343344345346347348349350351352353354355356357358359360361362363364365366367368369370371372373374375376377378379380381382383384385386387388389390391392393394395396397398399400401402403404405406407408409410411412413414415416417418419420421422423424425426427428429430431432433434435436437438439440441442443444445446447448449450451452453454455456457458459460461462463464465466467468469470471472473474475476477478479480481482483484485486487488489490491492493494495496497498499500501502503504505506507508509510511512513514515516517518519520521522523524525526527528529530531532533534535536537538539540541542543544545546547548549550551552553554555556557558559560561562563564565566
Página siguiente