Os recursos e produtos vencellados ao turismo de golf e a oferta turística xeral de Galicia sera protagonista no V Circuito Golf Sénior Turismo de Galicia, que este ano se celebra a partir do 12 de maio en seis comunidades autónomas.
O torneo, promovido por Turismo de Galicia, comezará no campo de golf Ulzama, en Navarra, sendo o resto dos campos escollidos: Real Club de Golf de San Sebastián, o 28 de maio; Retamares Casino Club de Golf de Madrid, o 3 de xuño; Club de Golf de Pedreña de Cantabria, o 9 de xullo; e Real Club La Barganiza, o 16 de xullo. A fase final terá lugar no campo de golf Oca Augas Santas Balneario Golf Resort, en Ferreira de Pantón os días 6, 7, 8 e 9 de outubro.
A competición, na que participarán homes de máis de 55 anos e mulleres de máis de 50,ten prvesito contar coa participación duns 500 golfistas sénior, desenvoléndose pola modalidade de stableford scratch e handicap individual e os xogadores que queiran participar deberán ter o cartón federativo en vigor na data da celebración da competición cun límite de hándicap de xogo de 26,4, para homes, e 36,4 para mulleres.
Madrid Golf Experience
Por outra parte, Turismo de Galicia promociou a oferta galega para a práctica do golf na feira Madrid Golf Experience que se celebrou na capital de España. Trátase do maior evento para xogadores, afeccionados e profesionais do mundo do golf no noso país no que Galicia participa cun recinto de deseño de 50 metros cadrados, no que se destinan dous mostradores de atención ao público, unha zona de profesionais e un espazo no que pódese practicar putting. Alí,
Turismo de Galicia difundirá así os recursos e os produtos relacionados co turismo de golf na nosa comunidade, así como a oferta turística xeral e o Camiño de Santiago. Ademais, no recinto galego estará tamén representada a asociación Galicia Destino Golf e se manterán unha axenda de encontros cos principais operadores turísticos especializados en golf do mercado español co obxectivo de esteblecer relacións comerciais coas principais canles de distribución e comercialización do Turismo de golf, así como a presentación da oferta de campos e programas turísticos do golf galego para a atracción de operadores turísticos internacionais.