[:gl]Novas[:es]Noticias[:en]News[:]

  • O prazo de presentación está aberto ata o 13 de marzo de 2024.
  • O Ministerio de Turismo destina 104 M€ a esta convocatoria.

 

As empresas do sector turístico xa poden solicitar as axudas lanzadas polo Ministerio de Industria, Comercio e Turismo para o desenvolvemento de proxectos innovadores de base tecnolóxica. O prazo de presentación está aberto ata o 13 de marzo de 2024, incluído.

 

Son beneficiarias as agrupacións constituídas por empresas do sector turístico; empresas cuxa actividade lles permita constituírse en socios tecnolóxicos e con experiencia demostrable no ámbito turístico, e as asociacións profesionais e empresariais que teñan relación directa co sector turístico. Están destinadas a pemes, grandes empresas, empresas de nova creación, e asociacións profesionais e empresariais do sector turístico.

 

O obxectivo é mobilizar aqueles proxectos singulares e transformadores que cubran procesos e produtos facilmente escalables e replicables cunha clara orientación ao usuario final, e que conteñan, entre outros, melloras na dixitalización e intelixencia aplicados á xestión, promoción, posta en valor e difusión para destinos e sector turístico.

 

O programa consta de tres convocatorias, cun importe total de 104 millóns de euros, divididas do seguinte xeito:

 

A primeira liña diríxese a aqueles proxectos de desenvolvemento de risco tecnolóxico medio/baixo, con 30 M€ de presuposto. Os proxectos presentados deberán ser proxectos de desenvolvemento con carácter aplicado, moi próximos ao mercado (nivel de madurez da tecnoloxía TRL 6-8). Céntrase en tecnoloxías emerxentes ou de novo desenvolvemento no ámbito do Internet das Cousas, 5G, big data, ciberseguridade ou aplicacións móbiles, sen carácter limitativo. O presuposto mínimo é de 300.000 €, e o máximo de 3 M€.

 

A segunda liña céntrase nos proxectos de implantación e adopción de novas tecnoloxías con risco tecnolóxico baixo, con 24 M€ de presuposto. Os proxectos deberán ser demostradores de coñecementos e/ou tecnoloxías testadas previamente en mercado (nivel de madurez da tecnoloxía TRL 8-9). Céntrase en tecnoloxías emerxentes ou de novo desenvolvemento no ámbito do Internet das Cousas, 5G, big data, ciberseguridade ou aplicacións móbiles, sen carácter limitativo. O presuposto mínimo é de 200.000 €, e o máximo de 750.000 €.

 

E por último, a terceira liña diríxese a proxectos de implantación e adopción por parte de empresas pemes de tecnoloxías testadas previamente no mercado con risco tecnolóxico baixo ou en xeral de procesos de dixitalización das súas actividades. Contan tecnoloxías vinculadas á sensorización, á seguridade dos visitantes, relacionadas á demanda turística, vinculadas á sostibilidade, racionalización e optimización de recursos, e vinculadas á xestión. O presuposto mínimo é de 20.000 €, e o máximo de 300.000 €.

 

14 de Febreiro de 2024

O Ministerio de Turismo convoca as axudas para proxectos de dixitalización de ‘Última Milla’ en empresas do sector turístico

O prazo de presentación está aberto ata o 13 de marzo de 2024. O Ministerio de Turismo destina 104 M€ a esta convocatoria.   As empresas […]
14 de Febreiro de 2024

Turislab selecciona aos 12 primeiros proxectos da súa terceira edición

Seleccionáronse propostas que promoven o turismo como dinamizador rural, iniciativas que propoñen solucións de intelixencia artificial a empresas turísticas, ou empresas que fomentan o turismo sostible […]
14 de Febreiro de 2024

Os traballadores ocupados do sector turístico galego aumentan un 16,1% no cuarto trimestre do 2023

Segundo os datos de Turespaña, os traballadores ocupados do sector chegaron aos 128.371.   Os traballadores ocupados do sector turístico en Galicia aumentaron durante o cuarto […]
06 de Febreiro de 2024

O Clúster mantén a súa aposta pola internacionalización do destino reuníndose con persoal directivo das OETs dos mercados prioritarios

Durante a celebración da feira internacional de turismo, Fitur 2024, o Clúster reuniuse coas persoas responsables de diversas Oficinas Españolas de Turismo.   As presentacións son […]
Página anterior
123456789101112131415161718192021222324252627282930313233343536373839404142434445464748495051525354555657585960616263646566676869707172737475767778798081828384858687888990919293949596979899100101102103104105106107108109110111112113114115116117118119120121122123124125126127128129130131132133134135136137138139140141142143144145146147148149150151152153154155156157158159160161162163164165166167168169170171172173174175176177178179180181182183184185186187188189190191192193194195196197198199200201202203204205206207208209210211212213214215216217218219220221222223224225226227228229230231232233234235236237238239240241242243244245246247248249250251252253254255256257258259260261262263264265266267268269270271272273274275276277278279280281282283284285286287288289290291292293294295296297298299300301302303304305306307308309310311312313314315316317318319320321322323324325326327328329330331332333334335336337338339340341342343344345346347348349350351352353354355356357358359360361362363364365366367368369370371372373374375376377378379380381382383384385386387388389390391392393394395396397398399400401402403404405406407408409410411412413414415416417418419420421422423424425426427428429430431432433434435436437438439440441442443444445446447448449450451452453454455456457458459460461462463464465466467468469470471472473474475476477478479480481482483484485486487488489490491492493494495496497498499500501502503504505506507508509510511512513514515516517518519520521522523524525526527528529530531532533534535536537538539540541542543544545546547548549550551552553554555556557558559560561562563564565566567568569570571572573574575576577578579580581582583584585586587588589590591592593594595596597598599600601602603604605606607608609610611612613614615616617618619
Página siguiente