[:gl]Novas[:es]Noticias[:en]News[:]

  • Grazas ao acordo entre as entidades, os establecementos de aloxamento poderán vender o seu mobiliario excedente e adquirir pezas a outros hoteis, promovendo a economía circular no sector.
  • Con esta firma, ECO-ONE e o Clúster Turismo de Galicia fomentan as compras locais, reforzando o compromiso cun turismo máis sostible.

 

Reducir o impacto ambiental e fomentar a economía circular son os grandes obxectivos do acordo asinado entre o Clúster Turismo de Galicia e a start up ECO-ONE, que pon ao dispor dos hoteis galegos a súa plataforma de compravenda de mobiliario de segunda man. Desta forma, ofrécese aos establecementos de aloxamento que necesitan renovar o seu mobiliario unha solución práctica e ecolóxica, facilitando a compra e venda de pezas excedentes.

 

A firma deste acordo enmárcase na aposta do Clúster pola sostibilidade no sector turístico galego. A plataforma de ECO-ONE permitirá aos hoteis interesados reducir desperdicio, evitando que o material excedente acabe en vertedoiros ou almacéns. Ademais, esta opción non só xera ingresos adicionais para os hoteis, senón que tamén ofrece a outros establecementos a oportunidade de adquirir mobiliario de alta calidade a prezos competitivos, contribuíndo así á sostibilidade ambiental.

 

A plataforma de ECO-ONE está presente noutras comunidades e, desde o seu lanzamento, xestionou con éxito a venda de máis de 1.000 pezas de mobiliario. A plataforma atraeu a hoteis de todas as categorías, desde hoteis recoñecidos nacionalmente ata pequenos hoteis boutique e agroturismos do norte de España.

 

En Galicia, con preto de 1.000 establecementos hostaleiros rexistrados que contan con 58.417 prazas, a fórmula de ECO-ONE pode ser unha alternativa moi interesante para o sector, moi concienciado coas medidas que favorezan a sostibilidade.

 

O presidente do Clúster Turismo de Galicia, Cesáreo Pardal lembra que “a aposta pola sostibilidade é un elemento transversal das estratexias de turismo en Galicia desde fai xa moito tempo e que solucións como esta contribúen a consolidar un sector cada vez máis concienciado, non só con reducir o impacto ambiental, senón tamén con fomentar a economía circular, que beneficia directamente ás comunidades locais”.

 

Carlos Fluixá, CEO de ECO-ONE, comenta: “Estamos emocionados por levar a nosa plataforma a Galicia. Cun turismo caracterizado pola súa forte relación coa natureza, cremos que esta iniciativa permitirá aos hoteis galegos adoptar prácticas máis sostibles e avanzar cara a un modelo máis responsable. Desde ECO-ONE estamos comprometidos en apoiarlles neste camiño coa nosa ferramenta”.

 

Sobre o Clúster Turismo de Galicia (CTG)

 

O Clúster está integrado por 60 entidades, entre federacións, consorcios e asociacións provinciais e galegas que representan o 95% do sector turístico de Galicia, agrupando a máis de 7.000 empresas. Constituído no ano 2013, o CTG consolidouse como a voz de turismo na Comunidade e centra os seus esforzos en impulsar iniciativas para fortalecer o sector e o destino Galicia como un destino de referencia e diferenciado.

 

Sobre ECO-ONE

 

ECO-ONE é o departamento externo de sostibilidade dos hoteis a custo cero. A través de produtos -coa única Central de Compras 100% sostible- e servizos especializados, o seu equipo de enxeñeiros e expertos, ofrecen diagnóstico, análise e xestión de solucións en materia de eficiencia enerxética, economía circular, formación e interiorismo sostible. Un total de 2.000 hoteis en España e Francia xa están rexistrados na plataforma de ECO-ONE para implementar accións de sostibilidade.

 

Nace en 2021 da man do emprendedor Carlos Fluixá e a interiorista Zdenka Lara, comprometidos coa sostibilidade e con gran coñecemento o sector hostaleiro, co único obxectivo de axudar aos hoteis para ser máis sostibles da maneira máis rendible posible, baixo un único interlocutor e 360º.

 

04 de Febreiro de 2025

O Clúster Turismo de Galicia e ECO-ONE colaboran para facilitar aos hoteis galegos a compravenda de mobiliario

Grazas ao acordo entre as entidades, os establecementos de aloxamento poderán vender o seu mobiliario excedente e adquirir pezas a outros hoteis, promovendo a economía circular […]
04 de Febreiro de 2025

O Clúster prepara unha nova misión comercial á feira internacional de turismo ITB Berlín 2025

A nova edición da feira turística da capital alemá celébrase do 4 ao 6 de marzo. O prazo para sumarse á comitiva que organiza o Clúster […]
04 de Febreiro de 2025

Galicia supera os 8 millóns de turistas en 2024 e reforza a súa internacionalización

O turismo internacional representa xa o 30% do total, cun notable aumento de visitantes de EE.UU. e Italia.   Galicia pechou 2024 con cifras récord no […]
04 de Febreiro de 2025

Cantabria recolle o testemuño de Galicia como coordinadora do destino “España Verde”

O destino, integrado por Galicia, Cantabria, Asturias e Euskadi, pechou 2024 con 19,8 millóns de visitantes, un 16% máis que o ano anterior.   Galicia cedeu […]
Página anterior
123456789101112131415161718192021222324252627282930313233343536373839404142434445464748495051525354555657585960616263646566676869707172737475767778798081828384858687888990919293949596979899100101102103104105106107108109110111112113114115116117118119120121122123124125126127128129130131132133134135136137138139140141142143144145146147148149150151152153154155156157158159160161162163164165166167168169170171172173174175176177178179180181182183184185186187188189190191192193194195196197198199200201202203204205206207208209210211212213214215216217218219220221222223224225226227228229230231232233234235236237238239240241242243244245246247248249250251252253254255256257258259260261262263264265266267268269270271272273274275276277278279280281282283284285286287288289290291292293294295296297298299300301302303304305306307308309310311312313314315316317318319320321322323324325326327328329330331332333334335336337338339340341342343344345346347348349350351352353354355356357358359360361362363364365366367368369370371372373374375376377378379380381382383384385386387388389390391392393394395396397398399400401402403404405406407408409410411412413414415416417418419420421422423424425426427428429430431432433434435436437438439440441442443444445446447448449450451452453454455456457458459460461462463464465466467468469470471472473474475476477478479480481482483484485486487488489490491492493494495496497498499500501502503504505506507508509510511512513514515516517518519520521522523524525526527528529530531532533534535536537538539540541542543544545546547548549550551552553554555556557558559560561562563564565566567568569570571572573574575576577578579580581582583584585586587588589590591592593594595596597598599600601602603604605606607608609610611612613614615616617618619
Página siguiente